Bernardino Graña e Xosé Luís Méndez Ferrín: Dous Pilares da Literatura Galega

Lingua e literatura2,65 KB

Bernardino Graña

Bernardino Graña naceu en Cangas do Morrazo. O seu primeiro libro, Poemas do home que quixo vivir (1959), publicouno durante a súa estadía en Madrid. Licenciouse en Filoloxía Románica e exerceu a docencia dentro e fóra de Galicia. Logo regresou a Cangas, onde vive na actualidade. Tamén escribiu teatro e narrativa, a maioría parte dentro da literatura infantil, pero foi na poesía onde desenvolveu a súa obra principal. Os poemas Profecía do mar e Non vexo Vigo nin Cangas valéronlle o apelativo de "poeta do mar", pois o tema central deles é o mar e a vida mariñeira. Despois publicou Seo noso amor, Os peixes de sar arriba andasen, Himno verde, Luz de novembro... A súa poesía distínguese pola exaltación da vida e da natureza, contemplada desde unha ollada chea de paixón e optimismo. O tema do amor tamén aparece con frecuencia na súa obra.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Xosé Luís Méndez Ferrín é considerado por moitos como o máis importante escritor galego vivo. É unha figura clave para entender a narrativa e a poesía da segunda metade do século XX. Naceu en Vilanova dos Infantes. Estudou en Santiago e Madrid, e na actualidade é catedrático de Lingua e Literatura nun instituto de Vigo, cidade onde reside. A súa vida está fortemente marcada pola militancia política. Foi un dos fundadores da Unión do Pobo Galego, o primeiro partido que se creou despois da Guerra Civil. Por motivos políticos estivo no cárcere e, posteriormente, participou na creación doutros grupos como a AN-PG ou Galicia Ceibe. Publicou o seu primeiro libro de relatos, Percival e outras historias, cando só tiña vinte anos. Tamén se poden encadrar dentro da Nova Narrativa O crepúsculo e as formigas e a novela Arrabaldo do norte. Na década do setenta publicaría un relato de contos, Elipsis e outras sombras, e a novela Antón e os inocentes. A partir de 1980 publicou algunhas das súas mellores obras: Arnoia, Arnoia; Bretaña, Esmeraldina e No ventre do silencio. Na súa obra, escrita nunha prosa onde se combinan de xeito maxistral a dureza e o lirismo, podemos atopar temas moi diversos, desde relatos realistas ata outros de misterio ou de terror. En paralelo coa narrativa, desenvolveu unha obra poética de temática comprometida e de gran riqueza formal, que influíu moito nos novos poetas. Os títulos máis salientables son Poesía enteira de Heriberto Bens, Con pólvora e magnolias, O fin dun conto...

Descargar

PDF Word HTML