Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura
Sociolingüística: Funcións, Conflito e Prexuízos Lingüísticos
Sociolingüística: Funcións Sociais da Lingua, Conflito e Diglosia
A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse (ou non) noutras máis específicas: función de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional. Cando algunha delas é desempeñada por outra lingua falamos de lingua minorizada.
A convivencia lingüística é a situación máis habitual dado que as aproximadamente 5000 linguas coñecidas repártense nuns 200 Estados existentes, mais raramente esta convivencia é pacífica:
- Nuns casos o poder político e económico impón a súa lingua oficial provocando a desaparición da lingua autóctona (o caso do latín en Gallaecia)
O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra: Autores Clave
O Exilio Interior na Literatura Galega de Posguerra
Aquilino Iglesia Alvariño: Poesía e Compromiso
Aquilino Iglesia Alvariño comeza a participar activamente na vida cultural galega, dirixindo a publicación A Nosa Terra e formando parte da Real Academia Galega dende 1949. En 1947 sae do prelo Comarós verdes, o primeiro libro en lingua galega publicado na posguerra en Galicia. Nel combina diferentes liñas poéticas e describe a paisaxe. Os seus libros de poemas seguintes caracterízanse polo ton existencialista predominante. Destacan Lanza de soidade, 43 sonetos nos que contrasta a idea de vida e morte, e Nenias, unha serie de elexías en homenaxe a poetas mortos.
Luis Pimentel: Vangarda e Intimismo
O seu único poemario publicado en vida foi...
Influencias e orientacións na poesía galega do século XX
Cabanillas: Influencias na poesía galega
A poesía das figuras do Rexurdimento, a corrente modernista de ámbito iberoamericano e os poetas románticos europeos.
Obra
No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, A rosa de cen follas, Da miña zanfona.
(Intimismo, costumismo, versos de alleas terras e de tempos idos).
(Poesía lírica).
O Benito San Amaro, Na noite estrelecida, Camiños no tempo, Samos.
(Relatos épicos, didácticos, cunha carga de forte lirismo).
(Poesía narrativa).
Poesía lírica: 4 orientacións
A reivindicación cívica: O antecedente da súa poesía é a de Curros, concordan as composicións cívicas ideoloxicamente co agrarismo da época.
O intimismo: Liña herdada de románticos como Bécquer, aflora sensibilidade amorosa,...
Normalización da lingua galega: avances e desafíos
Morto Franco (1975) e instaurada, despois da transición política, unha democracia parlamentaria (Constitución de 1978), Galicia dótase dun Estatuto de Autonomía (1981) e de institucións propias como a Xunta de Galicia e o Parlamento. A situación do idioma vai estar, a partir de aí, definida polo marco xurídico-legal que emana da Constitución, do Estatuto e das leis do Parlamento de Galicia.
O galego incorpórase ás máis variadas funcións: xornais e revistas (divulgativas, científicas ou culturais), ao ensino, á radio e televisión, ao libro didáctico (filosofía, matemáticas, xeografía…); é empregado na Universidade, na Administración, na Igrexa, na publicidade… Mais a pesar desta presenza semella que aínda se está...
A Prosa Galega de Fins do XX e Comezos do XXI: Autores e Temas
A Prosa de Fins do S. XX e Comezos do XXI: Temas e Autores
A morte de Franco en 1975 trouxo un novo marco constitucional que recoñeceu a realidade plurinacional e plurilingüística de España e supuxo un cambio radical no panorama social e cultural. A oficialidade da nosa lingua e a aprobación da LNL (1983) incrementaron a presenza do galego en ámbitos públicos. En 1980 constitúese a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG).
A narrativa galega entra nunha etapa de forte expansión. Entre os autores: Víctor Freixanes, Domingo Villar, Diego Ameixeiras, Manuel Rivas... é preciso destacar unha importante obra de autores xa consagrados dos que destacan Xosé Luís Méndez Ferrín (Crónica de nós, Arnoia Arnoia...) e Carlos Casares...
Poesía galega na posguerra: poetas e tendencias literarias
Contexto:
O franquismo desprezou a cultura e exerceu a censura e intentou a eliminación sistemática das linguas e das manifestacións culturais que non encaixaban no seu modelo unitarista. O resultado da Guerra Civil española provocou un colapso no sistema literario galego que tivo como consecuencia un silencio praticamente absoluto durante tres lustros (1936-1950).
A partir de finais dos anos 40, produciuse un lento e traballoso proceso de restauración. Xurdiron as revistas poéticas bilingües, promovidas por membros da chamada Promoción de Enlace.
A colección Benito Soto representou a primeira tentativa de recuperación editorial da poesía galega interior.
En 1950 nace a decisiva Editorial Galaxia, impulsada por antigos membros do Partido...
Cultura Galega: Exilio, Nova Narrativa e Estandarización
O Traballo Cultural do Exilio Galego
Entre os exiliados, figuras como Luis Seoane, Eduardo Blanco Amor, Emilio Pita, etcétera, puxeron en marcha diversas iniciativas para manter viva a cultura galega:
- Edición de revistas culturais e literarias.
- Creación de canles para a publicación de libros galegos.
- Consolidación dun teatro galego, coa fundación do Teatro Popular Galego.
- Creación de textos orixinais por parte de autores como Eduardo Blanco Amor e Rafael Dieste.
Realizouse un extenso labor de divulgación da cultura galega entre a colectividade emigrante. En México, houbo outro foco importante de vida cultural no exilio. Alí creáronse revistas como Saudade, Loita e Vieiros, dirixidas por Luis Soto. Tamén en Londres, creouse un programa...
Poesía Galega 1936-1976: Xeracións e Tendencias Literarias
Poesía Galega 1936-1976: Xeracións e Tendencias
Debido ao franquismo, paralizouse a produción literaria na inmediata posguerra. A primeira obra con certa identidade será Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. Isto obrigou ao galego a vivir un exilio editorial en América e provocou a aparición da Xeración do 36 (1910-1920), a Promoción de Enlace (1920-1930) e a Xeración das Festas Minervais (1930-1940).
Tendencias Poéticas
- Neotrobadorismo: Representado por Álvaro Cunqueiro con Cantiga nova que se chama riveira.
- Hilozoísmo: Na liña de Amado Carballo.
- Intimismo existencial: Exemplificado por Aquilino Iglesia con Lanza de soledá.
- Paisaxismo renovador: Destaca Manuel María con Terra Chá.
- Nos anos 60 aparece o socialrealismo, iniciado
A Prosa Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI
A Prosa de Fins do Século XX e Comezos do XXI. Temas e Autores dos 80 e dos 90
1. Prosistas e Tendencias Actuais Máis Relevantes
A narrativa en lingua galega, ó igual que outras manifestacións artísticas, non puido permanecer allea ás moitas mudanzas que se produciron a mediados dos anos 70. Neste período xurdiu unha verdadeira eclosión da narrativa. Características:
- A constatación da narrativa como a modalidade capaz de retratar a sociedade.
- Predominio do relato breve.
- Procura da “profesionalidade” literaria por parte dos autores.
- Conciencia da existencia dun mercado.
- Aparición dunha crítica con pretensións de “profesionalidade”.
- Gran pluralidade de estilos e temáticas.
- Definitiva incorporación da narrativa galega ás modas universais.