Influencias e orientacións na poesía galega do século XX
Cabanillas: Influencias na poesía galega
A poesía das figuras do Rexurdimento, a corrente modernista de ámbito iberoamericano e os poetas románticos europeos.
Obra
No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada, A rosa de cen follas, Da miña zanfona.
(Intimismo, costumismo, versos de alleas terras e de tempos idos).
(Poesía lírica).
O Benito San Amaro, Na noite estrelecida, Camiños no tempo, Samos.
(Relatos épicos, didácticos, cunha carga de forte lirismo).
(Poesía narrativa).
Poesía lírica: 4 orientacións
A reivindicación cívica: O antecedente da súa poesía é a de Curros, concordan as composicións cívicas ideoloxicamente co agrarismo da época.
O intimismo: Liña herdada de románticos como Bécquer, aflora sensibilidade amorosa, a conmoción ante a natureza ou o sentimento dorido da vida.
O costumismo: Supón unha indagación e reivindicación das raíces da nosa cultura, engade novidades formais e tenrura e amor.
O modernismo: Non dubida en buscar a evasión, neles fai primar a ambientación exótica ou medieval e musicalidade.
Poesía narrativa
A obra mais creativa é A noite estrelecida. Orde na época de Nós do Seminario de Estudos Galegos. Toma a materia de Bretaña para relacionala con Galicia.
Na noite estrelecida, 3 partes:
A espada Escalibor: Conta como Artur é o único en descravar a espada e logo é coroado rei. Son presentados Merlin e os cabaleiros da mesa redonda.
O cabaleiro do Santo Graal: O rei encoméndalles os cabaleiros a procura do Santo Graal, e Galaazé quen o logra atopar en Galicia.
O soño do rei Artur: Galaaz volve xunto o seu rei para comunicar o descubrimento. O rei Artur despidese e parte para unha misteriosa viaxe anunciando a súa volta para os tempos de gloria profetizados polo mago Merlin.
Na noite estrelecida a carga ideolóxica nacionalista é clara, perseguese o noso pasado e os valores culturais. Texto con forte simbolismo e densa adxectivación. Métrica con romances e longas series de alexandrinos.
Vangarda
Xeración escritores 1900. Foron continuadoras das vangardas mundiais grazas a xeración Nós que herdaron actitude universalista.
Condicións: espíritu nacionalista herdado das Irmandades da Fala, relación con Portugal, presenza do sentimentalismo.
Líñas:
Hilozoísmo: Elemento fundamental é a paisaxe. Paisaxe humanizada, elementos da natureza personificados.
Neotrobadorismo: Continuador da tradición medieval. Temas (amoroso), recursos formais (paralelismo, refrán), e ambientes (paisaxes, fontes). Tería continuidade na posguerra ata hoxe.
Creacionismo: O principal representante é Manuel Antonio. Estética creacionista foi notable. Realidade autónoma, xustaposición de imaxes. A súa obra conservouse persoal e orixinal.
Outros ismos: Euxenio Outes, Blanco Amor e Cunqueiro participan na súa vangarda rupturista. Principais movementos europeos: cubismo, futurismo, surrealismo.