A poesía de Cabanillas e a súa influencia no nacionalismo galego
Na súa obra poética podemos diferenciar dúas grandes liñas:
Poesía lírica
As obras citadas conforman a súa poesía lírica. Pódese dicir que esta poesía maniféstase en tres direccións principais: poesía social ou combativa, de carácter agrarista e anticaciquil (o que lle vale o apelativo de sucesor de Curros); poesía de tipo intimista (que pode lembrar a Rosalía), e a poesía costumista, onde se poden observar as influencias do Modernismo.
Poesía narrativa
Recrea lendas míticas celtas pertencentes á materia de Bretaña que nos falan dun pasado glorioso, (a época dos cabaleiros da táboa redonda e do rei Artur). Esta época histórica foi o marco simbólico en que se baseou o nacionalismo galego; respaldado polas “orixes celtas de Galicia”. Enxalza este pasado histórico cunha clara finalidade didáctica para espertar a conciencia galeguista. Destaca a composición; “Na noite estrelecida”. Obra que contén tres partes, chamadas sagas, todas elas ambientadas en Galicia.
- “A espada Excalibur,” preséntanos ao mago Merlín e ao rei Artur accedendo ao trono despois de que este desenterrara a espada Excalibur. Connotacións de aventuras.
- Cabaleiro Do Santo Graal”, describe a partida dos cabaleiros da táboa redonda na procura deste cáliz (Santo Graal). Connotacións místicas e relixiosas.
- “O Soño Do Rei Artur”, un soño prolongado para espertar nun tempo futuro, para á nova gloria dos pobos célticos. Connotacións nacionalistas. É un canto de esperanza para a Galicia que ha de vir nun futuro.
A obra posúe unha estrutura triangular. Cabanillas introduce no poema unha clara proxección ideolóxica nacionalista; enxalzamento da raza, da paisaxe galega e da patria; entendida como ansia de redención e liberdade para Galicia. Utiliza unha estética modernista que se manifesta no ritmo e musicalidade dos versos; na presenza de adxectivos e epítetos. Todo isto provoca efectos sensoriais e cromáticos. Emprega un galego moi refinado e literario.
Outra obra: “Samos”: é un extenso poema cun carácter máis descritivo. Presenta a historia e a vida comunitaria dos relixiosos (frades), que viven nese mosteiro. No tocante á lingua, Cabanillas utiliza un léxico moi rico e coidado. Nos primeiros libros utiliza o galego dialectal da súa zona pero, pouco a pouco tendendo a un galego común, seleccionando formas enxebres (para diferenciarse o máis posible do castelán) e cultas. Utiliza, por veces, arcaísmos e portuguesismos cun criterio esteticista que fai da súa lingua un galego culto e traballado.
Conclusión
Pódese dicir que Cabanillas, coa súa obra, pretende transmitir a herdanza dos autores do Rexurdimento (inquedanza de Rosalía e o celtismo de Pondal), pero ademais introduce nela elementos estéticos renovadores de clara influenza modernista. Reflexa o compromiso do autor co nacionalismo galego e pensa que o mito ten elementos pedagóxicos que mobilizan a conciencia colectiva para forxar a nación galega.
Outros poetas
A produción poética de Gonzalo López Abente, natural de Muxía, está constituída por seis libros que conteñen lírica amorosa, poemas de loita, con algúns elementos modernistas ao xeito da poesía de Cabanillas, e tamén poemas nos que o motivo principal é o mar e a paisaxe da súa terra. Xerardo Álvarez Limeses, é autor de composicións de gran liberdade métrica, sumido nun lirismo agarimoso e superficial que fai gala dun galego rico e rexo. Posúe tamén unha alegre, viva e moderna visión da paisaxe.