Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Curros Enríquez e Pondal: Poesía Cívica e Lírica Galega

Lingua e literatura2,67 KB

Poesía Cívica de Curros Enríquez

A maioría da súa obra constitúe un alegato a favor do progreso e da liberdade.

Na ideoloxía de Curros prevalece a defensa da democracia. Ante a oposición da Igrexa ás institucións democráticas, a actitude poética de Curros vai ter un marcado carácter laicista e anticlericalista. A Igrexa mantiña unha actitude contraria a calquera tipo de reforma que fose en contra dos seus intereses.

Curros foi un home de ideas e conviccións propias. O poeta debe desempeñar un papel docente, práctico e mesmo político. Concibía o poeta como servidor da humanidade.

Defende un tipo de poesía centrada na denuncia dos males da sociedade e concibe a misión do poeta a de abrir os ollos á xente. Toda a súa obra poética...

Seguir lendo "Curros Enríquez e Pondal: Poesía Cívica e Lírica Galega" »

Séculos Escuros: Historia da Lingua Galega (XVI-XVIII)

Lingua e literatura2,5 KB

O período chamado "Séculos Escuros" abrangue dende o século XVI ata o XVIII.

Xa no século XVI, o galego perde protagonismo na lingua escrita e pasa a ser unha lingua rexeitada e desprezada, o que se traduce nun menor uso, en beneficio do portugués, que pasa a ser a lingua empregada como lingua de Estado na gramática.

A chegada do castelán a Galicia (Século XVIII)

No século XVIII, coa chegada dunha clase burguesa foránea, prodúcese tamén a introdución da lingua castelá en Galicia. Unha porcentaxe elevada da poboación galega fala o galego, predominante tamén nos ambientes rurais. A isto hai que engadirlle a escasa escolarización e o alto grao de analfabetismo. Dada esta situación, pode apreciarse unha clara diferenciación en dous...

Seguir lendo "Séculos Escuros: Historia da Lingua Galega (XVI-XVIII)" »

Historia e Evolución do Teatro e da Lingua Galega no Século XX

Lingua e literatura4,55 KB

O Teatro de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Formación de Compañías Profesionais (1978-1983)

Grupos nacidos ao redor das Mostras de Ribadavia: Sarabela Teatro.

Institucionalización

O primeiro fito é a creación do Centro Dramático Galego, primeira compañía pública dependente da Consellería de Cultura.

Desenvolvemento

Multiplícanse as compañías profesionais, e aparecen outras de teatro alternativo ou experimental; e ponse en funcionamento a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O teatro crítico, comprometido coa realidade non vai ser tan directo e combativo como no final do franquismo senón que botará man do humor e a sátira para reflectir diferentes aspectos da nova realidade.

Figuras Destacadas:

  • Manuel Guede Oliva: Tradutor e adaptador
...
Seguir lendo "Historia e Evolución do Teatro e da Lingua Galega no Século XX" »

O galego de 1936 a 1975 e a súa evolución no século XXI

Lingua e literatura4,16 KB

O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais

A partir do ano 1939, finalizada a guerra civil, iníciase en Galicia, unha vez máis un período de interrupción nas actividades culturais e lingüísticas propias. A nova orde imposta caracterízase pola represión de todo aquilo que supoña un feito diferencial tanto a nivel político, como cultural ou lingüístico. Galicia sumérxese nun silencio profundo e o galego convértese nuna lingua clandestina e pouco a pouco vai ir perdendo prestixio social e, por suposto, ámbitos de uso que non sexan os exclusivamente familiares.

Entre 1946 e 1950, anos da máis dura e pechada etapa do franquismo, apenas se publican libros en galego. Sen editoriais, mortos, silenciados ou exiliados...

Seguir lendo "O galego de 1936 a 1975 e a súa evolución no século XXI" »

Lingua Galega: Normalización e Desafíos Actuais

Lingua e literatura4,35 KB

TEMA III: LINGUAS MINORIZADAS E LINGUAS MINORITARIAS. O GALEGO: LINGUA EN VÍAS DE NORMALIZACIÓN

• Moitos galegofalantes utilizan habitualmente o galego, pero non o len con cultura ou non saben ler; moitos menos son capaces de escribilo. Esta situación non se debe ao analfabetismo, pois moitos deses galegos len e escriben en castelán.
Tanto literaria como administrativa.
Tradicionalmente, os sociolingüistas distinguen as linguas minoritarias, as que teñen poucos falantes, das linguas minorizadas, as que non poden exercer as funcións institucionais altas, porque as desenvolven outras linguas máis fortes. Unha lingua minoritaria non ten por que estar minorizada: o islandés ten arredor de 320.000 falantes e é oficial en Islandia, onde
...
Seguir lendo "Lingua Galega: Normalización e Desafíos Actuais" »

Poesía, Lingua Galega e Normalización: Historia e Gramática

Lingua e literatura4,9 KB

A Poesía: Proposta Alternativa V

A marxinalidade necesaria da poesía

A poesía é un fenómeno marxinal, si, pero á súa vez, necesario. ¿E por que se converteu a poesía nun xénero tan minoritario? As razóns xa se deron repetidamente e son certas:

  • É un xénero máis complexo.
  • Require máis atención que a narrativa (a pesar da súa brevidade).
  • Os poetas non saben contactar co público.
  • Os medios de comunicación non lle dan importancia, etcétera.

Ademais, entre os motivos polos que a poesía é minoritaria atópase o feito de que sempre foi desprezada polo poder, como a Filosofía: téntana arrinconar para que pareza un obxecto de luxo, cousa que non é. E require algo do que carecemos nestes tempos modernos: tempo e serenidade e, máis aínda,...

Seguir lendo "Poesía, Lingua Galega e Normalización: Historia e Gramática" »

Poesía Galega Contemporánea: Xeracións, Temas e Autores (S. XX-XXI)

Lingua e literatura4,51 KB

A Poesía Galega Contemporánea (Finais do S. XX e S. XXI)

O derradeiro terzo do século XX trouxo consigo profundas renovacións no panorama poético galego. Destacan a eclosión da escrita feminina (e feminista) e a convivencia de varias promocións de autores en plena actividade creadora.

Nesta etapa salientan tres grandes grupos ou tendencias:

  • Os Novísimos (poesía social-realista).
  • A Reacción Anticompromiso (finais dos 70).
  • A Xeración dos 80 e a Xeración dos 90.

Os Novísimos: Compromiso e Loita Antifranquista

Os Novísimos, coa súa lírica social-realista, participaron intensamente na loita antifranquista. Están fortemente influenciados por Celso Emilio Ferreiro e Manuel María.

Caracterízanse polo seu forte compromiso político e por...

Seguir lendo "Poesía Galega Contemporánea: Xeracións, Temas e Autores (S. XX-XXI)" »

A situación do galego no século XXI

Lingua e literatura4,23 KB

Linguas minorizadas e minoritarias

No mundo existen unhas sete mil linguas. Esta gran variedade lingüística correspóndese tamén cunha gran variedade de situacións nas que se poden atopar as linguas dende o punto de vista político: linguas oficiais en máis de un estado: portugués, español, inglés. Estados unilingües: nos que se fala unha soa lingua. Estados plurilingües: nos que se falan varias linguas. As linguas hexemónicas gozan dun prestixo social, determinado pola existencia dun poder político-económico que as potencia.

Consideramos linguas minoritarias aquelas que no territorio de seu teñen un número moi reducido de falantes. E consideramos minorizadas aquelas de pequena extensión pero maioritarias no seu territorio, que...

Seguir lendo "A situación do galego no século XXI" »

Exercicios de Lingua e Literatura Galega

Lingua e literatura2,88 KB

Escolle o incorrecto (1)

  • campesino
  • o epígrafe
  • ladrona

Bota ao intruso (1)

  • oasis
  • cancelo/cancela
  • carto
  • corzo

Escolle o incorrecto (2) (xénero)

  • a ubre
  • a paspallás (o paspallás)
  • a xene (o xene)
  • o pagode

Bota ao intruso (2)

  • caxato/caxata
  • auga
  • prato/prata
  • caldeira

Sinala a opción incorrecta (1)

  • lacazán
  • marrana
  • vana
  • o legume
  • nugallana

Sinala a opción incorrecta (2)

  • papesa
  • a patrona
  • cristaliño
  • a ouriza
  • decá

Sinala a opción incorrecta (3)

  • a costume (o costume)
  • a sinal (o sinal)
  • o color (a cor)
  • o viaxe (a viaxe)
  • a culler (o culler)

Sinala a opción incorrecta (4)

  • a patrona
  • o síndrome
  • o tonelaxe

Escolle o correcto (1)

  • urbana
  • o dote
  • a cal
  • a bile

Monosílabos en -L forman o plural...

engadindo -es mesmo no caso de formaren parte.

Sinala a opción correcta (1)

  • réptiles
  • vales
  • xardíns
  • aerosois
  • flores

O

...
Seguir lendo "Exercicios de Lingua e Literatura Galega" »

Teatro Galego: Xeración dos 50 e Grupo de Ribadavia (1936-1976)

Lingua e literatura5,03 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976:

A Xeración dos 50 e o Grupo de Ribadavia

A Guerra Civil e a posterior ditadura militar supuxeron o traslado da produción teatral ao exilio. Así, en Bos Aires vaise representar Os vellos non deben de namorarse, de Castelao, e vaise desenvolver un programa estable de representacións teatrais da man de Varela Buxán, gran promotor do teatro no exilio, que foi actor, director teatral, creador de compañías e autor das obras O ferreiro de Santán e A taberna do demo, de temática rural, popular e cómica, que pretenden evocar no público a lembranza da súa terra. A partir da posguerra, en Galicia podemos establecer dúas xeracións que conviven cos autores anteriores ao 36: a Xeración dos 50 e a xeración...

Seguir lendo "Teatro Galego: Xeración dos 50 e Grupo de Ribadavia (1936-1976)" »