A Prosa Galega de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Lingua e literatura3,19 KB

A Prosa de Fins do Século XX e Comezos do XXI. Temas e Autores dos 80 e dos 90

1. Prosistas e Tendencias Actuais Máis Relevantes

A narrativa en lingua galega, ó igual que outras manifestacións artísticas, non puido permanecer allea ás moitas mudanzas que se produciron a mediados dos anos 70. Neste período xurdiu unha verdadeira eclosión da narrativa. Características:

  • A constatación da narrativa como a modalidade capaz de retratar a sociedade.
  • Predominio do relato breve.
  • Procura da “profesionalidade” literaria por parte dos autores.
  • Conciencia da existencia dun mercado.
  • Aparición dunha crítica con pretensións de “profesionalidade”.
  • Gran pluralidade de estilos e temáticas.
  • Definitiva incorporación da narrativa galega ás modas universais.

Todo isto vai estar en relación con outros novos acontecementos que teñen especial repercusión nos anos 80: Estatuto de Autonomía, primeiras eleccións ó Parlamento galego... Desta maneira, distínguense tres etapas:

  • De 1975 a 1980: persistencia de modelos anteriores e primeiros síntomas da renovación.
  • Década dos 80: eclosión de todas as características enunciadas antes.
  • Dende os 90 ata a actualidade: definitivo espallamento da nova situación.

2. A Narrativa de 1975-1980

Autores das etapas anteriores aínda publican a fins dos 70. Tamén permanecen activos os integrantes da Nova Narrativa Galega (NNG).

Carlos Casares: Despois da súa incursión na NNG retorna a modelos máis tradicionais: Os escuros soños de Clío ou Ilustrísima.

3. A Narrativa dos 80

Os anos 80 significan a definitiva consagración da narrativa galega:

  • Importante número de títulos cada ano.
  • Aparición de diferentes tendencias, liñas temáticas...
  • Procura do mercado do gran público.
  • Atención ó público xuvenil.
  • Existencia de novas editoriais, premios...

As principais liñas narrativas son:

  • Liña memorialística/intimista (memorias do pasado infantil e xuvenil): Xavier Alcalá con A nosa cinza (memorias dun neno burgués onde utiliza o flash-back) ou Código morse. X. M. Martínez Oca con Un ano e un día.
  • Novela histórica (e de ficción histórica): Víctor F. Freixanes con O triángulo inscrito na circunferencia e Alfredo Conde con Sempre me matan e O difícil que é matar.
  • O relato policial: Carlos R. Reigosa con Crime en Compostela e Suso de Toro con Polaroid.

Mais alén destas tendencias, aparece un autor que marca unha época: Méndez Ferrín. Participa na NNG con Retorno a Tagen Ata. Nos 80 publica Crónica de nós e Arnoia, Arnoia. Os principais elementos e temas que aparecen na súa obra son: denuncia da realidade galega, presenza de territorios mitolóxicos creados polo autor, o poder destrutivo da violencia e da fascinación... A súa última obra é No ventre do silencio.

Descargar

PDF Word HTML