Poesía Galega 1936-1976: Xeracións e Tendencias Literarias
Poesía Galega 1936-1976: Xeracións e Tendencias
Debido ao franquismo, paralizouse a produción literaria na inmediata posguerra. A primeira obra con certa identidade será Cómaros verdes de Aquilino Iglesia Alvariño. Isto obrigou ao galego a vivir un exilio editorial en América e provocou a aparición da Xeración do 36 (1910-1920), a Promoción de Enlace (1920-1930) e a Xeración das Festas Minervais (1930-1940).
Tendencias Poéticas
- Neotrobadorismo: Representado por Álvaro Cunqueiro con Cantiga nova que se chama riveira.
- Hilozoísmo: Na liña de Amado Carballo.
- Intimismo existencial: Exemplificado por Aquilino Iglesia con Lanza de soledá.
- Paisaxismo renovador: Destaca Manuel María con Terra Chá.
- Nos anos 60 aparece o socialrealismo, iniciado por Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
Grupos e Autores Destacados
Xeración do 36
- Aquilino Iglesia Alvariño: Poeta neotrobadorista, imaxinista e intimista. A súa obra cume foi Cómaros verdes, aínda que ten outras de certa transcendencia como Corazón ao vento e Lanza de soledá.
- Álvaro Cunqueiro: Máis coñecido pola súa prosa, non obstante, a súa lírica tamén é de moita importancia, con obras como Cantiga nova que se chama riveira (neotrobadorismo) ou Poemas do si e o non (surrealismo).
- Celso Emilio Ferreiro: De ideais galeguistas, foi recrutado forzoso na Guerra Civil polo bando franquista, e despois foi encarcerado, o que o incitou a crear Longa noite de pedra. Nos anos 60 emigrou a Venezuela, e a decepción producida nel polos galegos emigrados impulsouno a escribir as sátiras Viaxe ao país dos ananos e Cantigas de escarnio e maldicir.
Promoción de Enlace
Poetas nados nos anos 20 que non constitúen un grupo homoxéneo. Está constituída por:
- Luz Pozo Garza (Verbas derradeiras)
- Manuel Cuña Novás (Fabulario Novo)
- Antón Tovar (Calados esconxuros)
Xeración das Festas Minervais
Poetas nados entre os anos 30 e 40 que se criaron con maior liberdade que os da xeración anterior. Trátase de:
- Manuel María Fernández Teixeiro: Primeiro poeta novo da posguerra e o máis prolífico. Escribiu Muiñeiro de brétemas, Terra Chá, Morrendo a cada intre, entre outras.
- Uxío Novoneyra: O poeta do Courel, paisaxe ao que dedicará obras como Os eidos ou Elexías do Courel e outros poemas. Tamén ten obras intimistas como Muller pra lonxe.
- Xosé Luís Méndez Ferrín: Unha das figuras máis importantes da literatura galega do século XX, creador do grupo Brais Pinto. Obras súas son Poesía enteira de Heriberto Bens (o seu pseudónimo), Voce na néboa ou Con pólvora e magnolias.