Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Normalización do galego en Galicia: historia e desafíos

Lingua e literatura2,29 KB

O recoñecemento oficial produciuse no Estatuto de Autonomía (1981), establece no artigo 5:

1. A lingua propia de Galicia é o galego.

2. Os idiomas galego e castelán son oficiais de Galicia e todos teñen dereito de coñecelos e de usalos.

3. Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso dos dous idiomas e potenciarán o emprego do galego na vida pública.

4. Ningún poderá ser discriminado por causa de lingua.

Este recoñecemento baséase no establecido na Constitución española de 1978, que di no seu artigo 3:

1. O castelán é a lingua oficial do Estado. Todos os españois teñen o deber de coñecela e o dereito de usala.

2. As outras linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas Comunidades Autónomas.

3. A riqueza das distintas...

Seguir lendo "Normalización do galego en Galicia: historia e desafíos" »

Álvaro Cunqueiro: Vida e obra do escritor galego

Lingua e literatura1,3 KB

Nos primeiros anos trinta foi cando comezou o seu labor literario, plasmado en tres importantes libros de poesía: Mar ao norte (1932), Poemas do si e non (1933) e Cantiga nova que se chama riveira (1933)


Os mundos narrativos de Cunqueiro

Nas súas obras atópase unha orixinal mestura de realidade e fantasía. Utiliza técnicas propias da narración realista, cunha presenza importante de recursos da tradición oral popular.


A obra poética e teatral de Cunqueiro

Despois da guerra publicou “Dona do corpo delgado”. O seu mellor libro “Herba aquí ou acolá” aborda temas esenciais como o paso do tempo ou a presenza da morte. Tamén escribiu obras teatrais.


A obra narrativa de Fole

Publicou 4 volumes de contos moi coñecidos. Os da 1ª etapa:...

Seguir lendo "Álvaro Cunqueiro: Vida e obra do escritor galego" »

Normalización da Lingua Galega: Situación Actual

Lingua e literatura4,17 KB

O Galego: Lingua en Vías de Normalización

Naquelas comunidades nas que conviven dúas linguas, estas representan a xerarquía social existente na mesma: haberá unha (dominante) que ocupe progresivamente os ámbitos da outra (dominada ou recesiva), de xeito que esta será substituída e irá perdendo usos. Esta última recibe tamén o nome de lingua minorizada (que non se debe confundir con minoritaria, referente ao número de falantes), e pasa a ser unicamente empregada nos ámbitos socioculturais baixos, sendo desprezada nos altos.

Na práctica totalidade dos Estados europeos (maioritariamente plurilingües), a situación de diglosia está á orde do día, polo que hai un gran número de comunidades que contan con linguas minorizadas. En...

Seguir lendo "Normalización da Lingua Galega: Situación Actual" »

Historia e Normalización do Galego (1978-2004)

Lingua e literatura3,13 KB

O Galego a Finais do Século XX e Comezos do XXI

O Marco Lexislativo e a Cooficialidade

A Constitución de 1978 supón o recoñecemento de Galicia como nacionalidade histórica e o posterior Estatuto de Autonomía (1981) establece o galego como lingua propia e cooficial, xunto co castelán.

A Lei de Normalización Lingüística (1983)

Co fin de potenciar o seu emprego, aprobouse en 1983 a Lei de Normalización Lingüística, que establece como promover o galego nos diferentes ámbitos:

  • Administración e xustiza.
  • Ensino.
  • Medios de comunicación (incluíndo a creación da CRTVG).

Malia isto, foi notoria a falta dun Plan Xeral, que non se elaborou nin aprobou ata 2004.

Avances e Desafíos Sociolingüísticos

Este novo marco lexislativo permitiu progresos...

Seguir lendo "Historia e Normalización do Galego (1978-2004)" »

A poesía galega entre 1936 e 1975

Lingua e literatura4,81 KB

A poesía entre 1936 e 1975

A guerra civil e a ditadura posterior supuxo para Galicia a perda do seu recoñecemento como nacionalidade diferenciada dentro do Estado español. A negación da súa identidade e diferenciación levouse a cabo mediante a imposición dunha cultura e dun idioma uniformador e a persecución de todo síntoma de discrepancia. A vitoria franquista supuxo tamén a represión do esquerdismo, galeguismo e da literatura en galego.

Mentres algún autores seguiron publicando dende o exilio (Seoane / Lorenzo Varela) impulsando a conciencia galeguista e a difusión da cultura galega a través de conferencias, revistas e emisións radiofónicas, en Galicia vivíanse os horrores da posguerra. A pesar da represión, nos 40 sucedéronse...

Seguir lendo "A poesía galega entre 1936 e 1975" »

O Exilio Galego: Cultura e Literatura na Diáspora

Lingua e literatura2,77 KB

O Exilio Galego: Resistencia Cultural e Política

Moitos persoeiros implicados na actividade política e cultural tiveron que partir ao exilio. Os principais países que acolleron os exiliados foron nacións latinoamericanas, onde xa existía unha importante presenza de emigrados galegos. Os exiliados galegos axiña se organizaron co fin de soster, nos seus países de acollida, unha actividade cultural e política que mantivese vivos os ideais de progreso e cultura, que no seu país de orixe estaban ameazados. Para iso, tomaron contacto cos colectivos de emigrantes xa establecidos.

Iniciativas Culturais e Políticas no Exilio

As principais iniciativas que levaron a cabo os exiliados foron:

  • Edición de xornais e revistas culturais.
  • Creación de editoriais
...
Seguir lendo "O Exilio Galego: Cultura e Literatura na Diáspora" »

Conflito Lingüístico e Normalización do Galego: Análise e Perspectivas

Lingua e literatura3,28 KB

Conflito Lingüístico e Normalización do Galego

A función esencial dunha lingua é a de poder servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse noutras máis específicas: función comunicativa, de identidade, familiar, laboral, local, institucional, cultural e internacional.

A convivencia entre dúas linguas é a situación máis habitual, pero o normal é que estas dúas linguas non convivan pacificamente:

Nuns casos, o poder político e económico impón a súa lingua oficial provocando a desaparición da lingua autóctona. É o que coñecemos como substitución lingüística. Noutros casos, as dúas linguas conviven, aínda que con usos distintos: unha convértese en hexemónica (tamén chamada lingua

...
Seguir lendo "Conflito Lingüístico e Normalización do Galego: Análise e Perspectivas" »

Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX: Irmandades, Grupo Nós e Castelao

Lingua e literatura2,65 KB

A Prosa no Primeiro Terzo do Século XX

A prosa deu un verdadeiro salto con respecto ao século anterior. Nesa época, a prosa era escasa e de baixa calidade, xa que estaba en proceso de renacemento. Neste primeiro terzo do século XX, a prosa será máis abundante e de mellor calidade, polo que o salto foi tanto cualitativo como cuantitativo.

Modernización e Expansión

A nivel cualitativo, modernizouse e superouse o costumismo decimónico. A nivel cuantitativo, institucións como as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, o Partido Galeguista, a revista Nós e a Real Academia Galega permitírono.

O Grupo Nós

A revista Nós dá nome ao Grupo Nós, unha asociación de intelectuais ourensáns de orixe humilde. Tiveron unha evolución...

Seguir lendo "Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX: Irmandades, Grupo Nós e Castelao" »

Poesía galega 1936-1976: Xeración do 36 á das Festas Minervais

Lingua e literatura3,06 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976: Xeración do 36, Promoción de Enlace e Xeración das Festas Minervais

Luís Pimentel

Aínda que pola súa xeración podería ser un poeta da Xeración do 25, Luís Pimentel publicou os seus libros na posguerra: Triscos (1950) e, xa postumamente, Sombra do aire na herba.

A Xeración de 1936

Constituída por autores nados entre 1900 e 1920, formados no marco da II República, continuadores dos escritores anteriores e que xa publicaran algo antes da Guerra. Destacan:

  • O clasicismo de Ricardo Carballo Calero e Aquilino Iglesia Alvariño.
  • O neotrobadorismo de Xosé María Álvarez Blázquez e Álvaro Cunqueiro.
  • O intimismo radical de María Mariño.
  • O paisaxismo, moitas veces social ou existencial, de Aquilino Iglesia
...
Seguir lendo "Poesía galega 1936-1976: Xeración do 36 á das Festas Minervais" »

Galego Moderno: Historia, Lingua e Cultura no Século XX

Lingua e literatura2,78 KB

Contexto Histórico do Galego Moderno

No século XX, a sociedade galega seguía a ser maioritariamente rural e campesiña, como consecuencia da economía atrasada e da escasa industrialización. A poboación seguía a sufrir o drama da emigración e as condicións de vida dos campesiños eran moi precarias; vivían afogados polos impostos do foro. Neste contexto, xurdiu o agrarismo.

En 1926, produciuse a redención dos foros, o que levou á desaparición da fidalguía rendeira, que tiña neles a súa principal fonte de ingresos.

A Situación da Lingua Galega

A lingua galega seguía a ser o idioma de comunicación oral da maioría da poboación, pero rexistrábase unha perda progresiva de falantes. Por outra banda, durante esta etapa medrou a difusión...

Seguir lendo "Galego Moderno: Historia, Lingua e Cultura no Século XX" »