Poesía galega na posguerra: poetas e tendencias literarias

Lingua e literatura3,05 KB

Contexto:

O franquismo desprezou a cultura e exerceu a censura e intentou a eliminación sistemática das linguas e das manifestacións culturais que non encaixaban no seu modelo unitarista. O resultado da Guerra Civil española provocou un colapso no sistema literario galego que tivo como consecuencia un silencio praticamente absoluto durante tres lustros (1936-1950).

A partir de finais dos anos 40, produciuse un lento e traballoso proceso de restauración. Xurdiron as revistas poéticas bilingües, promovidas por membros da chamada Promoción de Enlace.

A colección Benito Soto representou a primeira tentativa de recuperación editorial da poesía galega interior.

En 1950 nace a decisiva Editorial Galaxia, impulsada por antigos membros do Partido Galeguista.

Tendencias poesía posguerra:

  • Costumismo: con liñas estéticas anteriores ao 36, costumismo ruralista, paisaxismo, hilozoísmo, neopopularismo e neotrobadorismo.
  • Discursos poéticos intimistas virados cara ás lembranzas, preocupación transcendental.
  • O clasicismo e o formalismo culturalista, referencia a mitos clásicos, retrato de figuras históricas e literarias, homenaxes a escritores e artistas.
  • O socialrealismo triunfara por volta dos anos.

Poetas do 25 que publican na posguerra:

Ricardo Carballo Calero:

Primeiro catedrático de lingua galega da Universidade Compostela. A obra poética de Carballo caracterízase polo clasicismo, a densidade de contido, o intelectualismo, os xogos intertextuais e unha forte tensión formal, o seu tom meditativo centrase a cotío na reflexión sobre o amor e mesmo o erotismo.

Álvaro Cunqueiro:

Foi unha das voces máis importantes da poesía galega do século XX. Antes da guerra publicou tres libros vangardistas, os dous primeiros e neotrobadoresco o terceiro: Mar ao norde, poemas de si e non, Cantiga nova que se chama Riveira. Herba aquí e acolá: recolle a produción poética de Cunqueiro posterior a 1950, espallada en numerosas revistas e xornais. Influíron no desenvolvemento da poesía galega contemporánea. Diálogos en 1ª persoa, con todo tipo de mitos, para facer unha fonda reflexión sobre a identidade humana e unha evocación das experiencias, lecturas e viaxes da súa propia vida, coa norte como horizonte inevitable.

María Mariño:

É autora de dous poemarios Palabra no tempo e Verba que comeza, escrito pouco antes da súa morte. Mariño sempre mantivo un escaso contacto co mundo cultural e cos propios membros da xeración, viviu afastada durante anos na Serra do Courel. Foi Uxío Novoneyra quen reivindicou e divulgou a súa obra, sempre mergullada nun intimismo radical e filosófico. O seu intimismo ten como elementos fundamentais a relación do eu coa natureza, a palabra, o tempo e no poemario. Verba que comeza, a doenza como antesala da morte. A poeta utiliza a lingua con absoluta orixinalidade e liberdade, distorsionando a estructura léxica e sintáctica do idioma, de aí que Novoneyra a definise como 'Dinamiteira da fala'.

Descargar

PDF Word HTML