Galicia no século XX: II República, movemento agrario e nacionalismo
Galicia no século XX
Galicia do século XX seguía sendo un país rural cun forte atraso económico. O campesiñado continuaba tendo que emigrar a América como no século anterior.
II República
Ocorreu o 14 de abril de 1931 e comeza unha etapa de actividade política e cultural, corresponde co desenvolvemento do nacionalismo e co crecemento da literatura.
Movimento agrario
Movimento reivindicativo do campesiñado, que crea sociedades e sindicatos para loitar pola abolición do sistema foral. Destacaron Solidaridad Gallega (1907) e Acción Gallega (1910) liderada por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense).
Decadencia da fidalguía e nacemento da burguesía
A fidalguía perde o seu papel debido á abolición do sistema foral, que era a súa fonte principal de ingresos. Vai ser substituída por unha burguesía chegada de fóra, dedicada ao comercio, á banca, e á construción naval.
Trasvase de poboación
Rural a espazos urbanos, cambiando a agricultura e a pesca pola industria, o comercio e o sector servizos, que supuxo o desenvolvemento das cidades como Vigo ou A Coruña.
Seminario de Estudos Galegos
Foi unha institución fundada en 1923 por estudantes e profesores da Universidade de Santiago, con integrantes das Irmandades da Fala. Os seus obxectivos foron estudar e divulgar o patrimonio cultural durante a II República.
Guerra Civil
(1936-1939) e a posterior ditadura supoñen un periodo de silencio e represión que dará lugar á paralización da vida política e cultural.
Creación das Irmandades da Fala
En 1916, por iniciativa de Antón Vilar Ponte. O obxectivo era a dignificación e promoción do galego, como a expansión do seu uso. Xorden novas irmandades nas vilas e cidades de Galicia (Monforte, Lugo, Ourense...) e tamén fora como en Madrid. A este movemento súmanse escritores como Ramón Cabanillas, Otero Pedrayo,...
En 1918 as Irmandades convértense nunha organización política que formulará como as teses do nacionalismo.
Partido Galeguista
En 1931, fúndase o Partido Galeguista. Redacta o Estatuto de Autonomía, que foi aprobado en plebiscito polo pobo en 193, pero non entrou en vigor polo comexo da Guerra Civil.