Xeración Nós: Traxectoria, Ideoloxía e Obras Clave

Lingua e literatura3,88 KB

Trazos Vitais da Xeración Nós

  • Naceron arredor de 1885, en familias de clase acomodada.
  • Tiñan unha sólida formación intelectual.
  • O primeiro núcleo (Risco, Pedrayo e Cuevillas) xurdiu en Ourense.

Principios Ideolóxicos

  • Compartían a convicción de que para chegar á cultura universal compre coñecer e desenvolver a cultura propia.
  • Sentían o desexo de establecer unha vía de comunicación coa cultura europea e, ademais, esperar no pobo galego o "sentimento da terra".
  • Desenvolveron un intenso labor literario e político.

A Revista Nós

Na Revista Nós hai textos literarios orixinais e todo tipo de artigos de investigación científica. Xogou un papel fundamental, sendo obxecto de estudo ou tradución os máis sobranceiros escritores e intelectuais europeos (portugués, francés, irlandés e alemán).

Vicente Risco: Obras Destacadas

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros (relato breve de carácter humorístico, que ten como escenario o mundo de ultratumba), O lobo da xente ou A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (2 narracións breves inspiradas na tradición popular), O porco de pé (burlesca e satírica, con Don Celidonio como protagonista).

Na ensaística e o teatro destaca Teoría do nacionalismo galego, onde define o noso país a partir das ideas de terra, raza e lingua.

Ramón Otero Pedrayo: Unha Visión da Sociedade Galega

Tiña unha sólida e ampla formación cultural, o coñecemento dos mundos campesiño e fidalgo e a súa vinculación co compromiso galeguista.

OBRAS: Os camiños da vida (tres partes ambientadas no s. XIX en pleno proceso de transformación, retratando a decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía comerciante).

Arredor de si: Expresa o autor Otero Pedrayo, un trasunto de si mesmo, relata o reflexo metafórico dunha viaxe interior que ten como destino a descuberta do propio país.

Teatro, ofrece unha síntese xeográfica, histórica e cultural do noso país (Guía de Galicia).

Castelao: Humanismo e Compromiso Social

Os temas que o definen son o humanismo e o compromiso cos máis débiles, fronte os abusos do poder, a hipocrisía e a inxustiza; a crítica da marxinación económica de Galicia que provoca a emigración e o protagonismo das clases populares e de sectores sociais, a defensa da lingua galega, da diversidade cultural e da democracia, fronte o fascismo, o imperialismo e o racismo.

OBRAS: Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, Cousas (conxunto de 45 narracións líricas), Retrincos (5 relatos de carácter autobiográfico que evocan momentos da súa nenez e mocidade, reflexión do paso do tempo, o valor da vida e a decadencia da morte), Os dous de sempre (dous protagonistas antitéticos, Pedriño e Rañolas, expoñentes de dous modos opostos de enfrontar a súa vida).

Teatro: Sempre en Galiza, recompilación de ensaios, artigos de viaxe, reflexións, discursos e memorias en que condensa o seu ideario nacionalista.

Rafael Dieste: Misterio e Narrativa Depurada

Dos arquivos do trasno (mostra unha técnica narrativa moi depurada e unha grande orixinalidade).

  • Relatos breves que xiran arredor da morte, do misterio e do medo.
  • Contos que teñen unha raíz popular.
  • As historias son moi condensadas e van concentrando a intensidade ata o final que estoura a modo de clímax. Deste xeito o lector permanece enganchado.

Teatro: peza dramática A fiestra valdeira, expón o conflito entre o progreso material dun indiano e a renuncia ao pasado.

Descargar

PDF Word HTML