Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Lingua, Literatura e Teatro Galego: Análise e Evolución

Lingua e literatura6,92 KB

Sociolingüística: Se nunha comunidade hai dúas linguas en contacto, unha das linguas (a dominante) vai ocupando progresivamente os ámbitos da outra (a dominada) e provocando a súa substitución. A esta lingua dominada chámaselle tamén lingua minorizada e é empregada nos ámbitos socioculturais máis baixos e desprezada nos máis elevados onde está presente a lingua dominante. O concepto de lingua minorizada é sociolingüístico e nada ten que ver co de lingua minoritaria que é só cuantitativo (cantos a usan?). A recuperación e a normalización da lingua requiren a intervención dos diferentes sectores sociais: a acción institucional do poder político, a acción colectiva non institucional e a acción individual, todas imprescindibles...

Seguir lendo "Lingua, Literatura e Teatro Galego: Análise e Evolución" »

Poesía Galega na Posguerra: Contexto e Xeracións Literarias

Lingua e literatura3,59 KB

Tras a Guerra Civil, nos primeiros momentos da posguerra, reprimiuse o galego na escrita, o que provocou que moitos autores se exiliasen ou escribisen en castelán. Nos anos 40 producíronse sucesos positivos: a publicación de Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño, a aparición da colección de poesía Benito Soto, o nacemento de pequenas editoriais como Bibliófilos Galegos, a publicación dun suplemento cultural no diario La Noche e a publicación de revistas como Alba e Mensajes de Poesía. Esta serie de sucesos culminou coa aparición da Editorial Galaxia.

Grupos Poéticos Destacados

Cómpre destacar a irrupción de tres grupos:

A Xeración do 36

Poetas nados entre 1910 e 1920, que foron os discípulos da Xeración Nós e da do 25....

Seguir lendo "Poesía Galega na Posguerra: Contexto e Xeracións Literarias" »

Sociolingüística e Poesía Galega: Unha Análise Histórica

Lingua e literatura5,29 KB

A Sociolingüística e o Estándar Lingüístico Galego

Todas as linguas presentan unha forte tendencia á diversidade e moitas desenvolven ao longo da historia un proceso de creación dunha variedade estándar. O estándar ten como principal finalidade: permitir a intercomunicación entre todos os falantes da comunidade. O estándar debe ser coñecido como propio por todos os falantes.

A normativa é o resultado da fixación dun código da lingua nos seus niveis ortográficos, gramaticais e léxicos. É unha proposta elaborada por lingüistas e sancionada polas institucións. O estándar é a variedade que resulta de poñer en práctica publicamente esa normativa. Á beira dun estándar escrito existe outro oral.

O Proceso de Estandarización

...
Seguir lendo "Sociolingüística e Poesía Galega: Unha Análise Histórica" »

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Modernidade e Rexionalismo

Lingua e literatura3,5 KB

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX

1. Desenvolvemento do Teatro

O teatro da posguerra pode dividirse en catro etapas:

  • Teatro rexional (precedentes das Irmandades)
  • Inicio dun proxecto de teatro nacional (etapa das Irmandades)
  • Inclusión da modernidade (período das vangardas)
  • Madurez e universalización (época Nós)

2. O Teatro Rexional: Precedentes das Irmandades

A produción dramatúrxica de principios do século XX relaciónase coa preocupación dos rexionalistas polo teatro. Creouse a Escola Rexional de Declamación para crear un viveiro de actores e estimular a produción de dramaturgos.

3. O Teatro das Irmandades

3.1. Problemas da Dramaturxia

Recoñecíase a relevancia do xénero dramático na recuperación da identidade do país a...

Seguir lendo "O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Modernidade e Rexionalismo" »

Funcións da lingua: diglosia e prexuízos lingüísticos

Lingua e literatura2,44 KB

A comunicación entre os seres humanos é a función principal de calquera lingua. A lingua non ten unha soa función. As linguas non transmiten simplemente o contido estrito das mensaxes, senón que, grazas á variación lingüística e á existencia de distintas variedades, ofrecen tamén outras informacións. Se temos confianza co noso interlocutor, atuámolo; se non a temos, tratámolo de vostede. A lingua axuda tamén a situar un falante no contexto social. O uso duns conxuntos de trazos ou doutros indícanos o grupo social a que pertence o falante. O falante coñece o valor social ante o interlocutor, por esta razón non é habitual falar sempre na lingua estándar ou coñecer só unha variedade lingüística:

  • Se se fala na mesma variedade
...
Seguir lendo "Funcións da lingua: diglosia e prexuízos lingüísticos" »

O Galego: Recuperación e Retos a Finais do Século XX e Comezos do XXI

Lingua e literatura2,46 KB

O Galego: Recuperación e Retos a Finais do Século XX e Comezos do XXI

No ano 1975, coa morte de Franco, comeza unha nova xeira caracterizada pola recuperación das formas democráticas na organización do Estado. Isto supón un aumento do nivel das liberdades dos cidadáns que repercute directamente no proceso de reivindicación cultural e lingüística de Galicia.

No ano 1976 fúndase o Departamento Universitario de Galego-Portugués. Posteriormente, no 1981, o galego é recoñecido polo Estatuto de Autonomía como lingua oficial da nosa Comunidade Autónoma, compartindo este título co castelán. Un ano máis tarde, en 1982, publícanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, que definen o estándar da lingua contemporánea....

Seguir lendo "O Galego: Recuperación e Retos a Finais do Século XX e Comezos do XXI" »

Prosa Galega Moderna: Irmandades da Fala e Grupo Nós

Lingua e literatura4,5 KB

A prosa galega moderna nace cos autores vinculados ás Irmandades da Fala e ao Grupo Nós.

As Irmandades da Fala e a Prosa Galega

A nosa prosa experimentou uns avances notables na época das Irmandades da Fala (1916). Así o demostran algúns feitos:

  • A aparición, por primeira vez nas nosas letras, do ensaio, un privilexiado medio de difusión da ideoloxía nacionalista.
  • O desenvolvemento da prensa en galego con xornais como A Nosa Terra (1916-1936).
  • A difusión de diferentes coleccións de narrativa como Céltiga.

Autores Destacados das Irmandades

Johán Vicente Viqueira

Johán Vicente Viqueira vinculouse moi cedo á ideoloxía nacionalista e foi autor de numerosos artigos aparecidos, sobre todo, en A Nosa Terra.

Ramón Vilar Ponte

Ramón Vilar Ponte,...

Seguir lendo "Prosa Galega Moderna: Irmandades da Fala e Grupo Nós" »

Poesía galega posguerra e correccións lingüísticas

Lingua e literatura11,79 KB

A poesía galega na posguerra

A lingua galega e as súas manifestacións literarias foron perseguidas durante a posguerra. De xeito que durante bastantes anos non se publicou ningunha obra en galego, e menos en poesía, que foi sempre o xénero minorizado.

Resistencia e primeiros síntomas de recuperación

Nos anos 40 e 50, a poesía galega resistiu fundamentalmente no exilio con figuras como Luís Seoane e Lorenzo Varela, que escribiron poesía de denuncia. En Galicia, moitos dos poetas galegos de posguerra non escriben ou optan por facelo en castelán. Aínda así, pasados uns anos, van aparecendo síntomas de recuperación: unha colección poética bilingüe distribuída clandestinamente (Benito Soto, de Pontevedra) e unha revista poética

...

Seguir lendo "Poesía galega posguerra e correccións lingüísticas" »

Funcións da Lingua, Bilingüismo e Conflito Lingüístico en Galicia

Lingua e literatura3,45 KB

As Funcións da Lingua

A comunicación entre os seres humanos é a función principal de calquera lingua, pero tamén posúen outras funcións, entre as cales destacamos:

  • Función de identidade: Vehículo de articulación interior do pensamento propio.
  • Función familiar: A que se fala na casa. O marco familiar convértese nun dos bastións fundamentais para o mantemento ou as transformacións dos fenómenos lingüísticos.
  • Función laboral: A que se emprega no traballo. Na Galicia actual, as relacións lingüísticas no mundo laboral repártense entre o galego e o castelán.
  • Función local: É a que se emprega con normalidade nos contactos diarios entre persoas do mesmo contorno.
  • Función institucional: A que os cidadáns empregan para comunicarse
...
Seguir lendo "Funcións da Lingua, Bilingüismo e Conflito Lingüístico en Galicia" »

Literatura Galega Contemporánea: Poesía, Prosa e Teatro (Finais s. XX - s. XXI)

Lingua e literatura7,15 KB

A poesía galega de finais do século XX e comezos do XXI

Con obras como Con pólvora e magnolias, de Ferrín; Mesteres, de López Casanova; ou Herba de aquí e de acolá, de Cunqueiro, iníciase un clima de busca dunha nova expresión poética que impulsará a aparición de colectivos coma Cravo Fondo, en Santiago, ou Rompente, en Vigo. Ao longo da década dos 80 empezan a proliferar revistas de poesía como Nordés ou Cen Augas e tamén se celebran certames de poesía entre os que destaca O Esquío, a través do cal se dan a coñecer o grupo de poetas que conforman a Xeración dos 80. Este grupo de poetas caracterízase polo culturalismo, a utilización dun rexistro culto e a preocupación polos aspectos formais. É unha xeración cosmopolita...

Seguir lendo "Literatura Galega Contemporánea: Poesía, Prosa e Teatro (Finais s. XX - s. XXI)" »