O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Modernidade e Rexionalismo
O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX
1. Desenvolvemento do Teatro
O teatro da posguerra pode dividirse en catro etapas:
- Teatro rexional (precedentes das Irmandades)
- Inicio dun proxecto de teatro nacional (etapa das Irmandades)
- Inclusión da modernidade (período das vangardas)
- Madurez e universalización (época Nós)
2. O Teatro Rexional: Precedentes das Irmandades
A produción dramatúrxica de principios do século XX relaciónase coa preocupación dos rexionalistas polo teatro. Creouse a Escola Rexional de Declamación para crear un viveiro de actores e estimular a produción de dramaturgos.
3. O Teatro das Irmandades
3.1. Problemas da Dramaturxia
Recoñecíase a relevancia do xénero dramático na recuperación da identidade do país a través da ideoloxía nacionalista. As Irmandades fundaron o Conservatorio Nacional do Arte Galego (CNAG), impulsado por Antón Villar Ponte. O Centro estreouse con A man de Santiña, de Cabanillas.
3.2. Correntes e Autores
No ideario das Irmandades da Fala, o teatro era un vehículo para a apoloxía da lingua e a educación do pobo. Existían dúas correntes:
- Corrente conservadora: Seguía os modelos costumista, social e histórico.
- Corrente renovadora: Apostaba por un teatro máis moderno e culto.
Ramón Cabanillas: Escribiu A man de Santiña e, en colaboración con Villar Ponte, O Mariscal, obra en verso de inspiración modernista e ideoloxía nacionalista. Nela, o mariscal Pardo de Cela simboliza a resistencia fronte á política centralista dos Reis Católicos.
Antón Villar Ponte: Figura relevante das Irmandades como ideólogo do nacionalismo, xornalista, tradutor e autor dramático. Obras: A patria do labrego; e, con Cabanillas, O Mariscal.
4. O Teatro das Vangardas
Os autores desta xeración atopáronse cos problemas xa existentes no xénero (falta de compañías, modelos costumistas, sociais e históricos) e coa represión do teatro galego durante a ditadura de Primo de Rivera.
4.1. Rafael Dieste
Principal representante do teatro das vangardas. Introduciu as vangardas na súa estética e creación dramática. Preocupouse pola estilización e, seguindo o simbolismo, achegou o teatro ás artes plásticas. En Dieste, todos os elementos (luz, decorado, pausas…) actúan como símbolos. Obra máis relevante: A fiestra valdeira. Colaborou no teatro das Misións Pedagóxicas.
5. O Teatro da Época Nós
Os homes da xeración Nós levaron o teatro galego ao seu cumio. Tentaron dotar o xénero de madurez e universalidade, achegándose a movementos como o simbolismo e o expresionismo. Obra destacada: Os vellos non deben de namorarse (Castelao).
5.1. Vicente Risco
Oposto ao teatro burgués e convencional, Risco utilizou a dramática para reflectir a súa filosofía vital. O bufón d'El Rei, única obra teatral de Risco, mestura traxedia e lenda, presentando unha reflexión sobre a conduta humana.
5.2. Otero Pedrayo
Na súa obra dramática, obsérvase unha evolución desde as pezas iniciais ás posteriores. A lagarada reflicte criticamente o mundo rural galego. O Teatro de máscaras, conxunto de pezas simbolistas, busca un teatro dominado por aspectos plásticos e o folclore.