Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Poesía Galega Contemporánea: Xeracións e Autores Destacados

Lingua e literatura3,21 KB

Obras e Temáticas Iniciais

Publica tamén “O soño sulagado”, caracterizado polo intimismo de ton confesional, sobre a propia existencia.

Tras emigrar a Venezuela para coordinar as actividades culturais da “Hermandad Gallega”, nace “Viaxe ao país dos ananos”, que desmitifica a emigración e ataca os dirixentes das comunidades galegas en América.

A mediados dos anos 70, desemboca no concepto de antipoesía con “Antipoemas”, onde escribe contra o imperialismo norteamericano e o capitalismo.

E “Onde o mundo se chama Celanova”, de carácter intimista, destacan os poemas de amor a Moraima e a nostalxia da infancia.

A Promoción de Enlace (1920-1930)

A Promoción de Enlace fórmana poetas nacidos entre 1920 e 1930, autodidactas e...

Seguir lendo "Poesía Galega Contemporánea: Xeracións e Autores Destacados" »

Normativización do galego: fases e evolución

Lingua e literatura3,75 KB

Un proceso fundamental para a normalización e unificación da lingua é o establecemento dunha norma estándar que recolla o modelo de lingua común identificada e aceptada polos falantes como a forma correcta do código lingüístico, asociada a un nivel medio ou culto e ao rexistro formal.

Esta instauración da norma estándar denomínase normativización e consiste en definir un código formal establecendo unha serie de normas fonéticas, gráficas, morfosintácticas e semánticas consideradas como correctas e recollidas en gramáticas e dicionarios. Ademais, este código debe estar adaptado á evolución histórica da lingua, ás relacións con outras das que recibiu préstamos e influencias e aos cambios producidos na evolución da sociedade....

Seguir lendo "Normativización do galego: fases e evolución" »

Conflito Lingüístico: Conceptos Clave e Procesos

Lingua e literatura2,65 KB

Conflito Lingüístico: Definición e Impacto

O concepto de conflito lingüístico defínese como a tensión que se produce entre dúas linguas no interior dun territorio por asumir un maior número de funcións sociais e de falantes. O conflito lingüístico dentro dunha comunidade leva sempre a un desequilibrio entre as linguas involucradas.

A Diglosia: Xerarquía e Usos Lingüísticos

A diglosia prodúcese cando dentro dunha unidade territorial coexisten dúas linguas (unha propia e outra foránea), que posúen unha distribución xerárquica das súas funcións: hai unha lingua A, de usos formais e prestixiados, e unha lingua B, de usos informais e menos prestixiados.

Tipos de Diglosia

  • Diglosia social: o uso da lingua A ou B depende do grupo
...
Seguir lendo "Conflito Lingüístico: Conceptos Clave e Procesos" »

Poesía galega posfranquista: análise e evolución

Lingua e literatura3,53 KB

Poesía galega posfranquisma

A POESÍA GALEGA A PARTIR DE 1975

En 1975 iniciouse a transición democrática, o que permitiu á literatura galega vivir un novo rexurdir cultural e literario amparado polo recoñecemento do galego como lingua oficial de Galicia. Nesta liña, aprobáronse iniciativas como o Estatuto de Autonomía ou a Lei de Normalización Lingüística e creáronse editoriais (Xerais, Kalandraka, Baía...) e revistas (Nordés, Loia...).

No ámbito da poesía, autores como Ferrín continúan a súa traxectoria, e outros máis novos como X. Seoane anímanse a escribir poesía promovidos sobre todo polos recitais e premios literarios (Cidade de Vigo, Esquío...). Así e todo, o máis destacable é a creación de grupos poéticos como...

Seguir lendo "Poesía galega posfranquista: análise e evolución" »

Xeracións Poéticas Galegas: 1936 a 1976

Lingua e literatura3,49 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976

O final da guerra supón unha ruptura histórica e cultural en Galicia. No exilio, especialmente en Bos Aires, continúa o labor político e cultural en favor de Galicia e da súa identidade. En Galicia, o galeguismo sobrevive clandestinamente ata 1950, cando comeza unha nova etapa de defensa cultural, a partir da aparición da editorial Galaxia e da publicación de libros en galego (como Cómares verde, publicado tamén clandestinamente). Segundo Méndez Ferrín, existiron tres xeracións poéticas.

A Xeración do 36 na poesía galega

Estivo constituída por poetas nados entre 1910 e 1920. Formados na República, viviron a Guerra Civil, converténdoa en motivo da súa poesía. Son escritores ponte entre a preguerra...

Seguir lendo "Xeracións Poéticas Galegas: 1936 a 1976" »

A Galicia de comezos do século XX

Lingua e literatura4,42 KB

Fonema

: Unidade lingüística + pequena, non ten significado e posúe función distintiva. Permite diferenciar palabras, representación fónica é dicir pódese pronunciar; a súa representación faise entre barras /i/

Son

: É a realización física dun fonema, a súa representación gráfica faise entre corchetes [p[

Grafema

: É a representación escrita dos fonemas /b/ Temos 26 fonemas (19 consonantes e 7 asonantes)







A Galicia de comezos do século XX

seguía sendo un país esencialmente rural e cun forte atraso económico. O campesiñado, empobrecido, continuaba tendo que emigrar a América.

Cambios políticos, sociais e culturais

:

2ª República

O 14 de abril de 1931 comeza unha etapa intensa actividade política e cultural, corresponderá co...

Seguir lendo "A Galicia de comezos do século XX" »

Cantiga nova que se chama riveira

Lingua e literatura1,47 KB

Álvaro Cunqueiro:naceu no 1911 en Mondoñedo,vila que tería unha Grande importancia na súa obra. Estudou en Santiago de Compostela nos anos Trinta ,época na que a cidade tiña unha vida artística e cultural.Daquela Comezou o seu labor literario,baseado en tres importantes libros:Mar ao norde,Poemas Do si e non,Cantiga nova que se chama riveira.Na Guerra Civil viviu en Ortigueira,dedicándose ao xornalismo.A práctica xornalística a pasou en Donosti E Madrid ate que retorna a súa vila natal.Cando se fundou a editorial Galaxia,Cunqueiro comezou a escribir textos narrativos en galego.Logo nos anos sesenta Instalouse en Vigo e traballou no xornal Faro de Vigo,ata que chegou a ser Director.Chegou a ser conferenciante e articulista,finalmente
...
Seguir lendo "Cantiga nova que se chama riveira" »

Rexurdimento e Vangardas na Literatura Galega

Lingua e literatura3,29 KB

Irmandades da Fala

No ano 1916, Antón Vilar Ponte promoveu a Irmandade da Fala na Coruña coa finalidade de reivindicar a lingua e a cultura galega. Estesdéronse polas cidades e vilas do país estas asociacións formadas por persoas de diferentes clases sociais e profesións variadas que pretendían, entre outros obxectivos:

  1. Cooficialidade do galego e castelán.
  2. A autonomía integral para Galicia.
  3. Ingreso na Liga das Nacións e estudar a relación federal con Portugal.
  4. Igualdade de dereitos entre homes e mulleres.

O seu traballo plasmouse na creación de editoriais como Céltiga, Lar ou Nós; xornais e revistas como A Nosa Terra e Nós.

Seminario de Estudos Galegos

Institución formada por estudantes e profesores da Universidade de Santiago que...

Seguir lendo "Rexurdimento e Vangardas na Literatura Galega" »

A Narrativa Galega dos Anos 60: Innovación e Tradición

Lingua e literatura5,47 KB

A Narrativa dos Anos 60: nos anos sesenta, a narrativa galega experimenta un notable desenvolvemento grazas ás achegas de tres grupos diferenciados:

Escritores consolidados

Escritores xa consolidados na década anterior: Cunqueiro, Blanco Amor e Fole.

Escritores de temática realista

Escritores que elaboran unha narrativa de tema realista. Destaca Neira Vilas.

Escritores mozos

Escritores mozos que tentan renovar o panorama narrativo do seu tempo. Forman a chamada Nova Narrativa Galega.

Xosé Neira Vilas

Nace nunha familia labrega e pasa a infancia e adolescencia no mundo rural. En 1949 emigra a Arxentina; en Bos Aires, é un dos fundadores das Mocidades Galeguistas e funda tamén a editorial Follas Novas. En 1961, trasládase a Cuba, onde desempeña

...
Seguir lendo "A Narrativa Galega dos Anos 60: Innovación e Tradición" »

A Época Nós: Irmandades, Grupo Nós e a moderna narrativa galega

Lingua e literatura3,82 KB


Esta etapa – especialmente de 1916 e 1936 - é coñecida como a Época Nós pola importancia que estes autores terán na cultura galega.
Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas (o Cenáculo Ourensán) teñen unha primeira etapa de inadaptados e só a partir de 1918 centran a súa atención en Galicia. Castelao en cambio provén do agrarismo. Todos eles son políglotas, cultos, universitarios e participan en todas as actividades galeguistas: Irmandades da Fala, Seminario de Estudos Galegos, Partido Galeguista... Eles son os creadores da moderna narrativa galega, introdutores das correntes europeas do momento e iniciadores do ensaio en galego.

1. A contribución de Ramón Otero Pedrayo

foi fundamental no cultivo e modernización da narrativa longa e xira...

Seguir lendo "A Época Nós: Irmandades, Grupo Nós e a moderna narrativa galega" »