Prosa Galega Moderna: Irmandades da Fala e Grupo Nós

Lingua e literatura4,5 KB

A prosa galega moderna nace cos autores vinculados ás Irmandades da Fala e ao Grupo Nós.

As Irmandades da Fala e a Prosa Galega

A nosa prosa experimentou uns avances notables na época das Irmandades da Fala (1916). Así o demostran algúns feitos:

  • A aparición, por primeira vez nas nosas letras, do ensaio, un privilexiado medio de difusión da ideoloxía nacionalista.
  • O desenvolvemento da prensa en galego con xornais como A Nosa Terra (1916-1936).
  • A difusión de diferentes coleccións de narrativa como Céltiga.

Autores Destacados das Irmandades

Johán Vicente Viqueira

Johán Vicente Viqueira vinculouse moi cedo á ideoloxía nacionalista e foi autor de numerosos artigos aparecidos, sobre todo, en A Nosa Terra.

Ramón Vilar Ponte

Ramón Vilar Ponte, irmán de Antón, foi un dos mellores ensaístas das Irmandades. O seu libro Doctrina Nazonalista (1921) constitúe o primeiro tratado teórico do nacionalismo galego.

Xosé Lesta Meis

Xosé Lesta Meis é o narrador máis salientable das Irmandades. As súas obras máis importantes son as novelas Manecho o da Rúa (1926) e Estebo (1927), que teñen en común o estilo realista e a combinación de espazos da aldea galega e de Cuba.

O Grupo Nós: Impulso Definitivo da Prosa

Os homes do Grupo Nós foron os impulsores definitivos da nosa prosa. Compartían uns principios ideolóxicos básicos:

  • A convicción de que para chegarmos a unha cultura universal cómpre coñecer e desenvolver a cultura propia.
  • O desexo de establecer unha vía de comunicación coa cultura europea e, asemade, de espertar no pobo galego o «sentimento da terra».
  • A necesidade de desenvolver un intenso labor cultural e tamén político (como o Seminario de Estudos Galegos ou o Partido Galeguista...).

A Revista Nós

Estas inquietudes deron lugar, no ámbito da prensa escrita, á revista Nós (1929-1936). Baixo a dirección literaria de Risco e a artística de Castelao, Nós naceu como un proxecto integrador da tradición galega coa modernidade europea. Foi unha publicación completamente monolingüe en galego na que podían lerse colaboracións de todo tipo:

  • Traballos de investigación científica.
  • Recensións e críticas de libros.
  • Traducións.
  • Creacións literarias de todos os xéneros.
  • Publicidade.

Prosistas do Grupo Nós

Entre os prosistas do Grupo Nós sobresaen Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Castelao.

Vicente Risco

Vicente Risco formou, xunto con Pedrayo e Cuevillas, o núcleo inicial da Xeración Nós. Cultivou a narrativa, o ensaio, o teatro... A súa obra narrativa máis importante é a novela O Porco de Pé (1928). Nela, Risco realiza unha crítica á sociedade do seu tempo, especialmente á burguesía, encarnada na figura de Don Celidonio e presentada como un grupo de persoas ás que só lles interesa o diñeiro. Un dos seus ensaios máis importantes é Teoría do Nacionalismo Galego (1920), que o converteu no gran teórico deste movemento político.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo. A súa primeira novela, Os Camiños da Vida (1928), reflicte a transformación da sociedade galega rural no século XIX, coa decadencia da fidalguía e o ascenso da burguesía comerciante. Arredor de Si (1930) presenta a evolución ideolóxica cara ao galeguismo do protagonista. Os numerosos ensaios de Pedrayo abordan temas moi variados: a historia, a xeografía, as viaxes... Entre todos eles destaca, pola súa amplitude e influencia posterior, Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega (1939).

Castelao

Castelao. Como narrador, Cousas (1929). Cada «cousa» é un breve relato que reflicte a realidade galega do momento (o mundo mariñeiro, a emigración, as mulleres...) acompañado dunha ilustración do propio Castelao. A única novela longa de Castelao é Os Dous de Sempre (1934). O principal ensaio de Castelao é Sempre en Galiza (1944), que tivo que ser publicado no exilio. Trátase dunha recompilación de discursos e reflexións sobre diversos temas: a lingua, a emigración, o autogoberno...

Descargar

PDF Word HTML