Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Diversidade Lingüística e Séculos Escuros na Historia Galega

Lingua e literatura2,72 KB

Diversidades Lingüísticas

Que é un país plurilingüista? Que no seu territorio fálanse varias linguas. Exemplo: O estado español e o resto da Unión Europea.

Linguas oficiais: Son as que representan de maneira oficial e legal o Estado no que se falan.

Linguas sen estado: Son as linguas propias de territorios.

Linguas maioritarias: Son as que son utilizadas por moitos falantes.

Linguas minoritarias: Son as que teñen un número reducido de falantes.

Linguas hexemónicas: Son as que teñen un gran prestixio social porque hai un poder político-económico que as potencia.

Linguas minorizadas: As que están nunha situación de inferioridade e non teñen recoñecemento oficial.

Os Séculos Escuros e os Precursores

Desde o século XV ata o XVIII deixou...

Seguir lendo "Diversidade Lingüística e Séculos Escuros na Historia Galega" »

Evolución do Galeguismo: Rexurdimento e Castelanización

Lingua e literatura3,35 KB

Evolución do Pensamento Galeguista

Debido a unha situación de pobreza e marxinalidade de Galicia con respecto ao Estado español, xorde nalgúns sectores da sociedade galega unha conciencia de país que deu lugar ao provincialismo, rexionalismo e nacionalismo galego.

A Lingua Galega no Século XIX

Increméntase en Galicia o ritmo de penetración do galego debido a:

  • Aparición dos medios de comunicación escritos.
  • O incremento no número de escolas de educación primaria.
  • O reforzamento do aparello administrativo estatal.
  • Establecemento en Galicia ao longo do S.XIX de moitos elementos burgueses.
  • A emigración transoceánica a países de fala hispana.

A partir de aí aparece o Rexurdimento.

As Institucións do Estado como Motores de Castelanización

A

...
Seguir lendo "Evolución do Galeguismo: Rexurdimento e Castelanización" »

Análise da Obra Poética de Celso Emilio Ferreiro

Lingua e literatura3,25 KB

A Obra Poética de Celso Emilio Ferreiro

A súa obra poética ten unha vertente individual e outra colectiva, que se manifestan no tratamento de diversos temas.

Por un lado, a súa faceta máis individual céntrase no concepto da saudade, que se relaciona coa infancia do autor, entendida como o momento de maior felicidade do ser humano, símbolo de harmonía entre o Home e a Natureza, unha etapa de inxenuidade e de benestar. Ademais, asociada a esta idea está tamén a da fugacidade do tempo e o desarraigo do home moderno, de modo que, para loitar contra esta perda de identidade, o único sentimento positivo é o amor e tamén a paisaxe. Como por exemplo destaca a súa obra Onde o mundo se chama Celanova.

Por outro lado, na súa vertente colectiva,...

Seguir lendo "Análise da Obra Poética de Celso Emilio Ferreiro" »

Normativización do Galego: Etapas Históricas

Lingua e literatura3,13 KB

A Normativización da Lingua Galega

Proceso e Etapas Históricas

A normativización é un proceso de creación dunha norma ortográfica, dunha gramática e dun dicionario dunha lingua co fin de crear unha variedade estándar, como no caso da lingua galega. Dentro deste proceso de elaboración da norma destacan catro etapas significativas.

Etapa 1: Galego Popularizante (Século XIX)

Durante este século instaurouse no sistema educativo a Lei Moyano de Instrución Pública, na que se declaraba a alfabetización obrigatoria en castelán en todo o Estado. Os primeiros dicionarios presentaban o lema en galego e a definición en castelán. Recorreron ao modelo castelán de ortografía. Entre as gramáticas destaca a de Saco e Arce. Neste período o galego...

Seguir lendo "Normativización do Galego: Etapas Históricas" »

A Xeración das Festas Minervais: Literatura Galega Anos 50

Lingua e literatura4,01 KB

A Xeración das Festas Minervais (Anos 50)

Caracterización

Son unha serie de escritores que irrompen nesa década provocando unha gran renovación. O grupo ten outras denominacións como “Escola da Tebra” ou “Xeración de La Noche”. Son autores nados na década dos 30 de orixes vilegas. Conforman a primeira xeración da posguerra galega. Buscaron novas formas de expresión caracterizadas pola rebeldía e o rupturismo e intentaron renovar a poesía e a prosa galegas. Da súa ruptura co culturalismo xorde o Partido Socialista Galego.

Na xeración dos 50 pódense distinguir dous grupos:

  • O Grupo Compostelán

    Teñen unha afinidade ideolóxica polo piñeirismo e participan no labor cultural da Editorial Galaxia. Os principais autores deste grupo

...
Seguir lendo "A Xeración das Festas Minervais: Literatura Galega Anos 50" »

Lingua galega: 1900-1936. Contexto e evolución

Lingua e literatura5,59 KB

Contexto histórico e situación sociolingüística

A comezos do século XX, Galicia seguía sendo eminentemente rural, de xeito que a poboación urbana non acadaba nin sequera o 10%. En consecuencia, atopamos unha sociedade formada na súa maioría por labregos e mariñeiros, cunha estrutura socioeconómica continuísta dos séculos anteriores. Non obstante, neste primeiro terzo do século comezan a albiscarse algúns cambios: os labregos reivindican a propiedade da terra protagonizando un poderoso movemento social (agrarismo), a fidalguía entra en decadencia e a burguesía, que fala castelán, representa o novo mundo urbano en vías de crecemento.

O proceso de substitución do galego polo castelán vai vir da man da industrialización e urbanización,...

Seguir lendo "Lingua galega: 1900-1936. Contexto e evolución" »

Lingua e sociedade: conflito, diglosia e prexuízos

Lingua e literatura4,2 KB

As funcións sociais da lingua: conflito e diglosia

Estereotipos e prexuízos lingüísticos: a súa repercusión nos usos

As funcións sociais da lingua

As funcións sociais dunha lingua son, en realidade, funcións xerais de relación social realizadas mediante a lingua. Entre as distintas maneiras en que unha lingua pode concretar a función comunicativa no seo dunha sociedade, salientamos as seguintes:

  • Función de identidade. A lingua opera como articulación do pensamento propio.
  • Función familiar. A lingua fálase na casa, cos membros da familia. Esta supón o primeiro espazo de socialización.
  • Función laboral. Primeiro espazo onde se realiza a mudanza de código en lugares onde coexisten dúas ou máis linguas.
  • Función local. A lingua utilízase
...
Seguir lendo "Lingua e sociedade: conflito, diglosia e prexuízos" »

Teatro Galego: Historia, Tendencias e Autores Destacados

Lingua e literatura3,61 KB

O Teatro Galego: Unha Breve Historia

O teatro precisa para o seu desenvolvemento dunhas estruturas económicas e institucionais moi completas e custosas, e dun público asiduo e formado, polo que só con estas condicións (estabilidade social, política e económica) podemos falar dun teatro desenvolvido con normalidade. Desta época só cabe mencionar os débiles intentos de crear as condicións materiais necesarias para o desenvolvemento do teatro galego. Escribíronse unha lista de obras, redactadas por escritores dedicados a outros xéneros, que non estaban destinadas a ser representadas.

Tendencias Teatrais nas Irmandades da Fala

As tendencias teatrais da etapa das Irmandades da Fala son:

  1. Teatro costumista-ruralista (maioritario)
  2. Teatro de
...
Seguir lendo "Teatro Galego: Historia, Tendencias e Autores Destacados" »

Rosalía de Castro: Vida, Obra e Análise Literaria

Lingua e literatura5,86 KB

Rosalía de Castro: Vida e Obra

Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837 e finou en Padrón en 1885. En 1856 foi a Madrid, onde coñeceu ao seu futuro marido, o escritor Manuel Murguía, con quen casou en 1858. En 1862 publicou A mi madre e en 1871 regresou a Galicia.

Obra

Cultivou a poesía, a narrativa, o ensaio, os cadros de costumes e os artigos xornalísticos. Escribiu tanto en galego como en castelán. Na prosa, empregou o galego agás no Conto Gallego e nos prólogos de Cantares Gallegos e Follas Novas. Na poesía, empregou o galego e o castelán. Na primeira etapa, ata Cantares Gallegos (1863), case toda a súa obra era en castelán. Na segunda etapa, que corresponde a Cantares Gallegos e Follas Novas (1880), utiliza...

Seguir lendo "Rosalía de Castro: Vida, Obra e Análise Literaria" »

O Galego: Prexuízos, Estandarización e Desafíos Léxicos

Lingua e literatura3,79 KB

Prexuízos Lingüísticos sobre o Galego

Os prexuízos lingüísticos máis comúns sobre o galego inclúen:

  • O galego é lingua de pobres.
  • O galego é lingua de aldeáns.
  • O galego non serve fóra de Galicia.
  • O galego é un idioma imposto.
  • O galego estándar é un idioma inventado.

(Conclusión: o repertorio de prexuízos non é moi distinto dos prexuízos que existen sobre outros idiomas noutros lugares do mundo.)

Construción da Variedade Estándar do Galego

No século XIX, asistimos xa ás primeiras tentativas de consolidación dun estándar para os usos escritos e intentan conciliar as propostas dos partidarios de escribir como se fala e os partidarios dunha convención máis culta. Despois de que a fractura de 1936 frustrou a consolidación dun...

Seguir lendo "O Galego: Prexuízos, Estandarización e Desafíos Léxicos" »