Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Castelao: Obra Narrativa e Funcións Sociais da Lingua

Lingua e literatura3,17 KB

Obra Narrativa de Castelao

Castelao iníciase como escritor no semanario satírico El Barbero Municipal. Alí apréciase a visión crítica da realidade coa dose de humor. A súa obra ten un carácter lírico ou sentimental. A súa técnica literaria baséase en formas da literatura oral popular, e emprega o relato curto.

Obras principais

  • Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete: Novela curta, relata acontecementos que observa a través do seu ollo de vidro.
  • Cousas: Son 44 relatos e un prólogo titulado "A carón da natureza", no que sinala a incapacidade da pintura para expresar todo o que aparece na realidade e manifesta a súa posición a prol da cultura popular e natural fronte ao mundo artificial. As "cousas" son relatos cunha ilustración.
...
Seguir lendo "Castelao: Obra Narrativa e Funcións Sociais da Lingua" »

A esmorga: Personaxes e a súa evolución

Lingua e literatura3,06 KB

Personaxes de A esmorga

Adrián Solovio

É o protagonista da historia. Ó principio da novela, Adrián diríxese a Madrid para preparar unhas oposicións a cátedras. Camiño de Madrid, o tren fai unha parada en Ávila, onde podemos observar un rexeitamento a Galicia por parte do protagonista, que mesmo a considera economicamente atrasada e sen futuro.

Na capital, Adrián busca sentirse máis europeo, pois pensa que lle axudará a acadar a formación cultural que desexa. Pero en Madrid non se atopa cómodo, pois cae na conta de que esta cidade impediu o progreso doutras e decide viaxar a terras de Castela en busca dun maior arraigo coa Terra.

En Burgos convéncese de atopar a afirmación persoal que buscaba para sentirse europeo, pero en Toledo...

Seguir lendo "A esmorga: Personaxes e a súa evolución" »

Autores e obras da literatura galega na diáspora

Lingua e literatura2,94 KB

A literatura galega no exilio

A raíz da ditadura franquista, a loita pola recuperación cultural e política de Galicia queda confinada ao mundo da diáspora. Bos Aires convértese nos anos 40 na capital cultural de Galicia. Alí, figuras como Castelao, Dieste ou Blanco Amor garantiron a continuidade da literatura. En Bos Aires créanse editoriais, organízanse actos de difusión do galeguismo, representacións teatrais e edítanse xornais e revistas.

Poesía galega no exilio

A maioría das obras están ligadas ao grupo de Bos Aires. As súas publicacións chegaban rapidamente aos galeguistas de Galicia.

Luís Seoane (1910-1979)

  • Fardel de eisilado: un poemario social e realista que denuncia as causas que provocan a emigración.
  • Na brétema de Santiago:
...
Seguir lendo "Autores e obras da literatura galega na diáspora" »

Historia da Lingua Galega no Século XX: De Castelao á Actualidade

Lingua e literatura4,53 KB

Historia Social do Galego no Século XX: Antes e Durante a Guerra Civil

No primeiro terzo do século XX acentúanse dous procesos de signo contrario herdados da centuria decimonónica:

  • Por unha banda, a tendencia das clases altas a abandonar o galego en favor do castelán completouse e comezou a afectar tamén ás clases baixas. Como consecuencia da emigración a América, a poboación galegofalante perdeu peso relativo no conxunto da poboación galega.
  • Por outra banda, as clases altas desenvolveron un movemento de recuperación da dignidade da lingua. O galego vai ser reivindicado, non só como idioma de uso literario senón tamén como lingua de uso xeral. A creación da Real Academia Galega inscríbese nesa corrente, pero os avances máis significativos
...
Seguir lendo "Historia da Lingua Galega no Século XX: De Castelao á Actualidade" »

Narrativa Galega: Irmandades da Fala e Grupo Nós

Lingua e literatura4,9 KB

A narrativa nas Irmandades da Fala

Nesta etapa haberá un proceso de modernización ao introducirse unha ambientación urbana, personaxes das clases medias e unha compoñente de humor que cobran protagonismo fronte á prosa de temática labrega. Co obxectivo de crear hábitos de lectura, as Irmandades vanse servir de canles de difusión como o periódico A Nosa Terra e as coleccións Céltiga e Lar. Destaca Antón Vilar Ponte, xa que moitos dos seus ensaios, conferencias e discursos aparecidos en diversas publicacións da época foron publicados baixo o título de Pensamento e sementeira.

A narrativa na Época Nós

Vicente Risco

Ten tres etapas na súa evolución ideolóxica:

  • Pregaleguismo: Perda de fe nos valores que fan de Risco un mozo individualista
...
Seguir lendo "Narrativa Galega: Irmandades da Fala e Grupo Nós" »

Historia e Cultura Galega: Do Antigo Réxime ao Rexurdimento

Lingua e literatura4,16 KB

O Antigo Réxime na Galicia do século XVIII

O século XVIII caracterizouse por un continuo crecemento demográfico e o xurdimento de novas actividades económicas. Porén, aínda persistían elementos do Antigo Réxime na sociedade galega, como:

  • A subdivisión excesiva da propiedade territorial.
  • A emigración masiva cara a América.

Neste contexto, dúas correntes de pensamentos político e ideolóxico, liberais e conservadores, entraron en conflito, discutindo o modelo social vixente en España e Galicia.

Folletos Propagandísticos e Debates Políticos

Os folletos propagandísticos da época presentaban unha estrutura dialogada na que se expresaban diversas opcións políticas: liberais, conservadoras ou carlistas. Estes textos reflectían as intensas...

Seguir lendo "Historia e Cultura Galega: Do Antigo Réxime ao Rexurdimento" »

Lingua e cultura galegas no século XX

Lingua e literatura5,5 KB

A lingua e a cultura galegas no primeiro terzo do século XX

A comezos do século XX Galicia seguía sendo eminentemente rural, de xeito que a poboación urbana non acadaba nin sequera o 10%. En consecuencia, atopabámonos cunha sociedade formada na súa maioría por campesiños e mariñeiros. Non obstante, neste primeiro terzo do século XX comezan a apreciarse algúns cambios: os labregos reivindican a propiedade da terra e a modernización das explotacións e protagonizan un poderoso movemento social (agrarismo), a vella fidalguía entra en decadencia e a burguesía, que fala castelán, representa o novo mundo urbano. Así, de 1900 a 1930 a poboación urbana medra. En calquera caso, segue a ser minoritaria. O proceso de substitución do galego...

Seguir lendo "Lingua e cultura galegas no século XX" »

Teatro Galego: Da Posguerra á Mostra de Ribadavia

Lingua e literatura3,34 KB

O Teatro Galego na Posguerra (1936-1976)

Desde 1936 ata 1976, houbo unha nula presenza escénica e poucos autores no teatro galego. Nos anos 40, as actividades teatrais foron escasísimas, con espazo só para un teatro rural e costumista. Nos anos 50, xorde un teatro intimista, pero era un teatro para ser lido e non representado. Nos 60, emerxe un teatro reivindicativo, social e de compromiso.

As características do teatro de posguerra son:

  • Creación pausada da peza teatral.
  • Vai máis alá da realidade, presentando conflitos.
  • Compromiso co home da posguerra.
  • Creación íntima da obra teatral.

1. Promoción de Autores Dramáticos

Álvaro Cunqueiro

Teatro caracterizado pola modernidade e o clasicismo. O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca...

Seguir lendo "Teatro Galego: Da Posguerra á Mostra de Ribadavia" »

Linguas minorizadas, bilingüismo e narrativa galega

Lingua e literatura5,13 KB

Lingua minorizada e lingua minoritaria

Dende o punto de vista sociolingüístico, convén non confundir lingua minorizada con lingua minoritaria: a primeira ten unha dimensión cualitativa e funcional; a segunda, meramente cuantitativa. Por esta razón, podemos atopar linguas minoritarias que están minorizadas, por teren restrinxidos os seus usos, pero tamén linguas minoritarias perfectamente normalizadas, no sentido de que son o instrumento habitual de interacción entre os seus falantes.

Unha lingua minorizada é aquela lingua autóctona dunha zona que non cobre todas as funcións posibles na súa comunidade porque retrocede nos diferentes ámbitos de uso baixo a presión dunha lingua dominante que se introduciu dentro do seu territorio xeográfico....

Seguir lendo "Linguas minorizadas, bilingüismo e narrativa galega" »

O Rexurdimento Galego: Historia, Literatura e Cultura no Século XIX

Lingua e literatura5,14 KB

O Rexurdimento Galego: Contexto e Inicio

O século XIX: Rexurdimento. O Rexurdimento trouxo a fixación das linguas e a consolidación da Literatura Infantil e Xuvenil (LIX) nos países máis desenvolvidos. A Lei Moyano (1857) foi moi importante para o ensino, fundamentalmente para a sociedade, pero trouxo un perigo forte para as comunidades porque ía cambiando a cultura oral pola escrita. A lingua galega sufriu por estar baseada na cultura oral, entón Galicia tomou conciencia da súa lingua e da súa identidade (Prerrexurdimento).

Eventos Clave do Prerrexurdimento

  • En 1846 houbo un levantamento militar en contra de Madrid (os Mártires de Carral), o que marcou o inicio do proceso de reconcienciación de Galicia.
  • En 1856, Aurelio Aguirre e Eduardo
...
Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: Historia, Literatura e Cultura no Século XIX" »