Literatura Galega Contemporánea: Xeracións, Autores e Obras Clave

Lingua e literatura3,45 KB

A Xeración das Festas Minervais: Contexto e Características

A Xeración das Festas Minervais está formada por escritores nacidos entre 1930 e 1940 que comezaron a publicar as súas obras na década dos cincuenta e levaron a cabo unha profunda renovación da literatura galega.

Todos eles comparten algunhas características xeracionais:

  • A maioría ten formación universitaria. Durante os anos universitarios, participaron en acontecementos como as Festas Minervais (concursos literarios organizados pola Universidade de Santiago nos que se premiaban obras narrativas e poéticas escritas en galego), escribiron no xornal La Noche, etc.
  • Son escritores monolingües en galego.
  • Conscientes da falta de liberdade que había na España do momento a causa da ditadura, mantiveron un activo compromiso político, e moitos deles tiveron un papel relevante na aparición do nacionalismo marxista.

A Nova Narrativa Galega: Innovación e Ruptura

Baixo a denominación de “Nova Narrativa” reúnese un grupo de escritores que publicaron as súas obras a finais dos cincuenta e na década dos sesenta. Son escritores moi novos que pretenden superar os modelos literarios existentes ata entón e que se inspiran en autores americanos e europeos que revolucionaron a literatura do século XX.

Novidades Temáticas na Nova Narrativa

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos, desequilibrados e con frecuencia sumidos en estados patolóxicos.
  • O mundo do subconsciente tomado da psicanálise de Freud.
  • Expresión do absurdo da existencia.
  • Ambientes urbanos claustrofóbicos e sórdidos.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos.

Innovacións Formais na Nova Narrativa

  • Alternancia de planos temporais.
  • A pluralidade de voces narrativas.
  • Predominio do monólogo interior ou fluír da conciencia, que tenta reproducir os pensamentos tal como brotarían na mente do personaxe.

Manuel María: Poeta do Compromiso e da Terra

Como poeta, tras unha etapa existencialista inicial, dá paso ao paisaxismo e, sobre todo, á poesía social, da que é o principal cultivador da súa xeración.

A súa poesía ten un notable contido ideolóxico e nela amosa o seu compromiso nacionalista: denuncia o colonialismo que padece Galicia, defende o galego das agresións que sofre… En definitiva, unha poesía de denuncia e reivindicación. Entre os seus numerosos títulos destacan: “Muiñeiros de Bretaña”, “Terra Chá” e “Poemas para dicirlle a dúas lagoas”.

Bernardino Graña: O Poeta do Mar e da Natureza

Na súa poesía hai dous grandes temas: a natureza e o amor. Os seus libros “Profecía do mar” e “Non vexo Vigo nin Cangas” valéronlle a cualificación de poeta do mar porque trata do mar e da vida mariñeira. Tamén emprega termos mariñeiros e xiros idiomáticos da lingua viva de Cangas.

A súa obra poética componse, polo de agora, dos seguintes títulos: “Poemas do home que quixo vivir”, “Profecía do mar”, “Non vexo Vigo nin Cangas” e “Se o noso amor e os peixes”.

Descargar

PDF Word HTML