Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

O Teatro Galego no Século XX: Tendencias, Autores e Obras

Lingua e literatura2,96 KB

A) O teatro anterior á Guerra Civil (1882-1936)

A primeira obra en galego é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia en 1882. No comezo do século XX, ata a época das Irmandades, as escasas obras escritas mostran unha ambientación case exclusivamente rural e moi costumista. É un teatro poboado de personaxes tópicos, en verso, que busca contraste cómico entre o castelán dos señoritos e o galego dos labregos.

O número de autores e obras, así como a calidade das mesmas, aumentou a partir de 1916, grazas ao labor orientativo das Irmandades da Fala. Son obras destacadas desta época:

  • O Mariscal, de Ramón Vilar Ponte.
  • A man de Santiña, de Ramón Cabanillas.

A Xeración Nós non lle concedeu tanta importancia ao teatro como as...

Seguir lendo "O Teatro Galego no Século XX: Tendencias, Autores e Obras" »

Cultura Galega no Exilio e Xeracións Literarias

Lingua e literatura3,39 KB

Traballo Cultural dos Exiliados

  • Creación de revistas culturais (Galicia, Galicia Emigrante...).
  • Créanse canles para a distribución da literatura galega (coleccións, editoriais...).
  • Consolidación do teatro galego: novas compañías de teatro galegas.
  • Extenso labor de divulgación da cultura galega entre os emigrantes.

Luis Seoane

  • Fillo de emigrantes, naceu en Bos Aires.
  • Coa Guerra Civil, emigrou a Bos Aires, onde funda editoriais e publica libros.
  • Publica os poemas Fardel de Eisiliado, Na Bretama de Santiago, e As Cicatrices.
  • Tras 27 anos, volve a Galicia e funda Sargadelos con Díaz Pardo.
  • Os temas centrais son a emigración e o exilio.

Blanco Amor

  • Escribe Os Biosbardos, Xente ao Lonxe e A Esmorga.
  • A Esmorga está ambientada en Ourense, onde un rapaz
...
Seguir lendo "Cultura Galega no Exilio e Xeracións Literarias" »

A poesía vangardista en Galicia: Historia e autores

Lingua e literatura2,44 KB

A poesía vangardista en Galicia

A mediados da década de 1920, a poesía galega entrou definitivamente na modernidade ao asumir o influxo dos movementos de vangarda, adaptándoos á nosa realidade cultural e social.

Poetas como Álvaro Cunqueiro, Luis Amado Carballo, Manuel Luis Acuña, Manuel Antonio e Fermín Bouza-Brey mostran novos xeitos de facer poesía. Esta poesía supuxo a desaparición de barreiras temáticas e semánticas. Cultivouse o verso libre, desapareceron os signos de puntuación, alterouse a sintaxe e ampliouse a base das figuras literarias.

As liñas poéticas que seguiron os diferentes autores van desde a asunción plena do vangardismo ata a reformulación da tradición lírica medieval ou da poesía popular. Existen tres...

Seguir lendo "A poesía vangardista en Galicia: Historia e autores" »

Historia do Teatro Galego: Movementos, Autores e Obras Clave

Lingua e literatura3,16 KB

Teatro Rexionalista Galego: Orixes e Primeiras Obras

  • Creación da Escola Rexional de Declamación coa finalidade de representar as pezas escritas en galego.
  • Lugrís Freire puxo en escena tres dramas. Destaca A ponte, a primeira peza teatral en prosa no noso teatro, de carga reivindicativa e denuncia do caciquismo.
  • Labor dos coros populares e agrupacións folclóricas: Estrearon espectáculos en diferentes lugares de Galicia, como Toxos e flores e Cantigas da Terra. Case sempre se representaban entre dúas actuacións musicais.
  • Destaca San Luís Romero coa obra O Fidalgo, un dos maiores éxitos do teatro da época.

Teatro das Irmandades da Fala: Nacionalismo e Calidade

As Irmandades da Fala eran conscientes de que o teatro era un instrumento ideal...

Seguir lendo "Historia do Teatro Galego: Movementos, Autores e Obras Clave" »

Historia da Normalización da Lingua Galega: Exilio e Institucionalización

Lingua e literatura4,06 KB

A Permanencia do Galego no Exilio

O labor dos intelectuais a prol da normalización

  • Reorganización da actividade cultural.
  • Apoio das asociacións de galegos en América aos exiliados.
  • Mantemento do uso formal do galego por outras sociedades de emigrantes.
  • Publicación de revistas e xornais.
  • Creación de editoriais: destaca o labor de Luís Seoane á fronte das coleccións Dorna e Hórreo.
  • Reivindicación do galego ante a comunidade internacional.

Características do galego no exilio

  • Fonética: Nas vogais átonas.
  • Morfosintaxe: Mestura de formas dialectais.
  • Léxico: Aparición de hiperenxebrismos, arcaísmos e lusismos.

A Recuperación da Lingua Galega na Posguerra

Novas editoriais galegas (1949-1950)

  • Fundadas en 1949: Editorial Xistral, Colección de poesía
...
Seguir lendo "Historia da Normalización da Lingua Galega: Exilio e Institucionalización" »

Historia do Teatro Galego: Xeracións e Evolución

Lingua e literatura2,49 KB

Teatro Galego desde 1975: Novas Compañías

A finais dos 70, o teatro padece unha falta de público consolidado e escaseza de medios, debido ao alto custo das montaxes ou ás insuficientes axudas institucionais. Na década dos 80, o teatro experimenta un crecemento e unha crecente profesionalización, o que propicia a aparición de novas compañías e numerosos premios, como o Premio Álvaro Cunqueiro.

En 1984 nace o Centro Dramático Galego, a primeira compañía estable e institucional. Con el saen adiante moitos proxectos, os mellores en coprodución con compañías profesionais, aínda que a súa andaina é irregular. Apostan polos novos dramaturgos, a recuperación dos clásicos e o labor editorial.

Nos 80, existen outras compañías teatrais...

Seguir lendo "Historia do Teatro Galego: Xeracións e Evolución" »

Celso Emilio Ferreiro: Biografía, Obra e Liñas Temáticas da Poesía

Lingua e literatura3,14 KB

Celso Emilio Ferreiro: Vida e Contexto

Nos anos de xuventude, Celso Emilio Ferreiro comeza a sentirse atraído pola poesía e a política, chegando a fundar con Xosé Velo as Mocidades Galeguistas en Celanova.

Na Guerra Civil é recrutado forzoso e ten que loitar no bando franquista, onde coñece a súa esposa. Durante un permiso, foi acusado e encarcerado. De aí saíu a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra. Con esta obra acadou gran sona e conseguiu espertar ansias de liberdade na xuventude. Co movemento da Nova Canción Galega, a poesía de Celso Emilio consegue chegar a un amplo sector público.

En 1966 marchou a Venezuela como director da Irmandade de Caracas. O poeta tiña unha visión idealizada da Galiza emigrante. Na súa...

Seguir lendo "Celso Emilio Ferreiro: Biografía, Obra e Liñas Temáticas da Poesía" »

A Esmorga

Lingua e literatura5,06 KB

RESUMO:

“A esmorga” narra o tráxico final duns individuos marxinados pola sociedade tras unha bebedela.

Capitulo I:

No primeiro capítulo Cibrán aparece declarando nun xuízo, narrando o acontecido nunha noite co Milhomes e o Bocas, dous amigos seus.

No xuízo só fala el contestando ás preguntas do xuíz que actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán; aparece definido por un guión e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Cibrán nomea varias veces o “pensamento”, que é como o remordimento e o arrepentimento que sinte por aquela noite de troula, bébedo.

Cibrán, descríbese como un home humilde, de clase baixa, que se acaba de reconciliar coa súa muller, e que quere refacer

...
Seguir lendo "A Esmorga" »

Gallego 8

Lingua e literatura2,21 KB

A lexislación: Foi o periodo onde maís se notou o progreso do español. Causas: a política do franquismo, alfabetización en español, crebou a tendencia que se vira manteñendo e os audovisuais irrompiron en todas as casas. 1. ''Transición'' periodo pevo a elaboracíon da constitucion de 1978, que abria un camiño dunha nova politica no estado español (comunidades autonomas). Galiza acedeu rápido á autonomía que acabou co estatuto de autonomia en 1980. 2. Declaración de intenncións: convenio europeo para a proteccion dos dereitos humanos e liberdades fundamentais do consello de europa, carta dos dereitos fundamentais da union europea, carta europea das linguas minoritarias. 3. Constitucion 3º: O castelan é a lingua oficial do estado,

...
Seguir lendo "Gallego 8" »

Vbos irregulares GALLEGO

Lingua e literatura2,47 KB

INDICATIVO PRESENTE ando andas anda andamos andades andan COPRETÉRITO andaba andabas andaba andabamos andabades andaban PRETÉRITO andei andaches andou andamos andastes andaron

SUBXUNTIVO PRESENTE ande andes ande andemos andedes anden PRETÉRITO andase andases andase andásemos andásedes andasen FUTURO andar andares andar andarmos andardes andaren.

IMPERATIVO anda andade

INDICATIVO ANTEPRETÉRITO varrera varreras varrera varreramos varrerades varreran FUTURO varrerei varrerás varrerá varreremos varreredes varrerán POSPRETÉRITO varrería varrerías varrería varreriamos varreriades varrerían.

SUBXUNTIVO PRESENTE varra varras varra varramos varrades varran PRETÉRITO varrese varreses varrese varrésemos varrésedes varresen FUTURO varrer varreres...

Seguir lendo "Vbos irregulares GALLEGO" »