Teatro e Prosa Galega: Irmandades e Xeración Nós (S. XX)

Lingua e literatura13,67 KB

O Teatro Galego no Primeiro Terzo do Século XX

A pouca produción teatral galega dirixíase a un público que estaba formado polas clases populares. O teatro era costumista, de tema rural, de índole cómica ou sentimental, e con alusións a temáticas sociais e histórico-lendarias. A partir da aparición das Irmandades da Fala, asistimos ao intento de levar a cabo un verdadeiro proxecto de teatro nacional. Este proceso ocupou o esforzo de tres grupos diferentes:

  • O teatro do Grupo Nós.
  • O labor dos "Novos", seguindo as actividades vangardistas.
  • Os autores do "movemento inaugural", unidos directamente ás Irmandades da Fala: Cabanillas e Freire.

Os Autores do Movemento Inaugural

Os líderes das Irmandades tiveron moi presentes as potencialidades do teatro para desenvolver o seu proxecto cívico-cultural. En 1919, coñécese o Conservatorio Nacional de Arte Galega, que fomentaría:

  • Ofertar un teatro de calidade.
  • Representar obras que se desenvolvan en ambientes de clase media ou alta.
  • Abordar temáticas que poidan interesar ás minorías cultas.
  • A necesidade de levar ao escenario obras longas.

A súa primeira función, representando con gran éxito A man da Santiña, foi un fito. O Conservatorio desaparece como tal e as actividades dramáticas quedan reducidas a textos de carácter folclórico e costumista. As dúas figuras máis destacadas foron Cabanillas e Vilar Ponte.

Ramón Cabanillas

Ramón Cabanillas é autor de dúas pezas teatrais: A man da Santiña é unha comedia con final feliz na que se manifesta un enredo amoroso motivado por un malentendido. A intervención de Santiña resolve felizmente a situación. O Mariscal escribiuna coa axuda de Vilar Ponte. Transcorre unha traxedia en verso arredor da figura do mariscal Pardo de Cela, axustizado por culpa da súa rebeldía contra os Reis Católicos.

Antón Vilar Ponte

A súa obra máis simbólica é Os evanxeos da risa absoluta, aínda que carece de verdadeira tensión e acción dramática.

O Teatro do Grupo Nós

Vicente Risco

O bufón de El-Rei (1928) é a única peza teatral escrita por Risco. É un drama de carácter simbolista centrado na reflexión sobre a natureza humana e sobre as paixóns que condicionan o comportamento ético das persoas. Conta a historia dun bufón que descobre, por celos, os amores ilícitos do cabaleiro Guindamor pola raíña, sen saber que o cabaleiro é o seu propio irmán. Figúrase unha loita entre forzas opostas representadas polo amor (nobre e fermoso) e o bufón (plebeo, cruel e deforme).

Ramón Otero Pedrayo

En todas as súas obras, Otero Pedrayo aparece como o membro do Grupo Nós que demostra unha concepción teatral máis experimental, con elementos procedentes da estética das vangardas. Tamén é o que contribuíu cun maior número de obras. A lagarada é a súa peza máis interesante. Trátase dunha traxedia dionisíaca desenvolvida nun ambiente rural na época da vendima. Os personaxes son labregos e, no fondo da historia, abotoan a cobiza e a luxuria. A acción transcorre na casa dun labrego rico que desexa unha moza que traballa alí de criada. Esta agarda que o vello labrego lle pase algúns bens a cambio dos seus favores, e a moza, en vinganza, induce o seu mozo a asasinar o vello. Outras obras de Pedrayo son Teatro de máscaras, que contén dezaseis pezas breves.

Castelao

Sen dúbida, Castelao é o autor do grupo que nos achega a obra de maior calado: Os vellos non deben de namorarse, estreada en Bos Aires en 1941. O argumento é sinxelo: ao longo de tres lances, asistimos, en cada un deles, ao namoramento dun vello diante dunha moza. A pesar das indicacións negativas por parte dos familiares, o vello persiste na súa actitude. A obra remata cun epílogo, unha escena de ultratumba. Dáselle importancia aos elementos escenográficos como a iluminación, os decorados, etc.

O Labor dos "Novos"

Referímonos a un conxunto de escritores que manteñen unha relación próxima coas vangardas, aínda que o seu teatro dista moito da rotundidade dos ismos.

Xaime Quintanilla

Xaime Quintanilla (A Coruña, 1898) é autor de Donosiña, segunda obra representada polo Conservatorio Nacional de Arte Dramática. O seu argumento desgustou a certos sectores das Irmandades ata tal punto que a obra desaparece. Tamén é autor de Alén, obra que sitúa a acción en Nova York na procura da universalidade que se buscaba nesta época.

Rafael Dieste

Rafael Dieste (Rianxo, 1899). A produción dramática de Dieste está representada pola obra A fiestra valdeira (1927), que trata sobre un mariñeiro a quen lle están a pintar un retrato. O pintor, aludindo ás raíces do retratado, pinta como fondo do cadro unha fiestra na que se ven escenas mariñeiras. Estas provocan o desagrado da esposa e da filla, que piden que sexa substituído por un xardín fidalgo, máis acorde coa súa nova situación. A partir de aí prodúcese o conflito no que antigos compañeiros do indiano cortan o anaco de lenzo que contén esas imaxes. O conflito resólvese felizmente cando todos os membros da familia aceptan a proposta orixinal do pintor.

A Prosa Galega no Primeiro Terzo do Século XX

As Irmandades e o Grupo Nós

En 1916, aparece a institución das Irmandades da Fala, para que se fale en galego. Son os primeiros en utilizar o galego en prosa. Hai dous tipos de prosa:

  1. Prosa de ficción: levarase a cabo coa Xeración Nós. Está formada por pequenos relatos, curtísimas novelas (máximo 10 follas) que se publicaban nos suplementos "¡Terra a Nosa!" do xornal coruñés El Noroeste, nunha revista e na colección "Céltiga", que publicará Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, de Castelao.
  2. Prosa non ficcional: xornalismo e ensaio. A figura de Vilar Ponte é fundamental por iniciar o ensaísmo político, un xénero que validaba o galego como vehículo do pensamento intelectual.

Séguelle Garea, que é un propagandista do galeguismo; del quedan pezas oratorias. E Vicente Viqueira escribiu artigos e conferencias defendendo o galeguismo e o republicanismo. A medida que nos adentramos no século, comeza a rexistrarse un progresivo proceso de modernización co labor dos membros da Xeración Nós. Denomínase Época Nós á xeración Nós (1920). A publicación da revista Nós é fundada por un equipo de homes que defenden o uso do galego e a súa modernización. Crean a editorial Nós. Foi unha etapa especialmente favorable para a cultura galega e, particularmente, para a literatura.

Características do Grupo Nós

  • Toman o nome da revista Nós.
  • Son homes versátiles e cunha sólida formación intelectual: autodidactas e con estudos universitarios.
  • Todos sofren unha evolución ideolóxica:
    1. Etapa pregaleguista: comeza cando entran en contacto coas Irmandades da Fala. Son mozos moi elitistas, inconformistas e estaban insatisfeitos. De aí deciden marchar polo mundo para evadirse en culturas lonxanas. En 1918 coñecen as Irmandades da Fala, e é cando se converten en galeguistas. A súa ideoloxía recóllese nos textos: por exemplo, en Arredor de si, de O. Pedrayo, onde despois de estar polo mundo, volve a Galicia polo enterro do seu tío e queda alí definitivamente, e é onde se desenvolve.
  • Forman parte das Irmandades da Fala, da revista Nós, do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista. Tamén participan na elaboración do Estatuto de Autonomía.
  • Son os creadores da prosa galega contemporánea, en forma de ensaio, de narrativa (relato e novela), e en forma de teatro (que estaba escrito en verso). Eles achegan o ensaio, sendo pioneiros en levaren o galego a este xénero nunca antes escrito na nosa lingua. No teatro aparecen novas técnicas de Europa, utilizan máscaras para ocultar o seu rostro. É un teatro ao que lle dan moita importancia aos detalles (técnicas modernas). E aparece por primeira vez a novela.
  • "Nós, os inadaptados" é un ensaio de Pedrayo, que describía como se sentían. E o último texto, "Dos nosos tempos", é un ensaio de López Cuevillas. A terra actúa como terapia, onde os seus protagonistas son capaces de redimirse a través da lingua da súa terra.

Autores da Prosa do Grupo Nós

Vicente Risco

A súa primeira creación narrativa foi Do caso que lle aconteceu ó doutor Alveiros (1919), un relato situado no mundo extraordinario de ultratumba e cargado dun humor macabro. En 1925 publica O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán, dúas obras relacionadas coas lendas tradicionais galegas do lobishome e dos mouros, respectivamente. En A coutada (1926), Risco presenta unha historia en forma de diálogo. En consonancia coa súa ideoloxía, o protagonista sofre a inadaptación ao moderno mundo urbano e defende a necesidade de volver á vella casa fidalga dos devanceiros. No ano 1927 aparecen algúns fragmentos na revista Nós de Os europeos en Abrantes, unha crítica á sociedade ourensá do momento que, pola polémica creada, nunca chegou a rematar. A única novela de Risco é O porco de pé (1928). Esta obra está caracterizada satíricamente coma un porco, e isto sérvelle a Risco para criticar desde a vulgaridade e o materialismo da nova burguesía ata a perda da galeguidade. Risco atopou no ensaio o seu mellor medio de expresión. En 1933, na revista Nós, publica "Nós, os inadaptados", onde explica a ideoloxía do grupo antes de ingresar nas Irmandades da Fala.

Ramón Otero Pedrayo

Home dunha vasta cultura, desenvolveu unha intensa actividade literaria: narrativa, ensaio, teatro e mesmo poesía.

Na súa narrativa aparecen reiteradamente presentes dúas clases sociais: o campesiñado e a fidalguía. Esta última estaba chamada a ser a clase social que harmonizase a tradición e o progreso. Pantelas, home libre, primeira creación literaria de Otero, xa presenta a paisaxe e os fidalgos como elementos recorrentes na súa narrativa. Nesta liña cómpre destacar Os camiños da vida (1928), novela realista que conta a historia de varias xeracións de dúas familias fidalgas: os Doncos, apegados á tradición, que entran en crise; e os Puga, liberais, que se adaptan aos cambios do seu tempo ata converterse en próspera burguesía vilega. Tamén cabe destacar Arredor de si (1930), novela na que se aprecia a evolución psicolóxica do protagonista, que representa a evolución sufrida polo propio Otero e os demais membros da xeración. A obra ensaística de Pedrayo é extensísima. Está centrada nas materias da súa especialidade profesional, a xeografía e a historia, que teñen a Galicia como obxecto de reflexión. De 1933 é o Ensaio histórico sobre a cultura galega, obra que presenta o desenvolvemento histórico e cultural de Galicia desde a prehistoria ata o século XX.

Castelao

A faceta literaria de Castelao ten sido menos valorada que o seu labor como artista plástico ou político. Como narrador, Castelao estreouse con Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete (1922), novela breve na que desenvolve dúas constantes da súa obra: o compromiso social e o humor. Cousas é un conxunto de corenta e catro relatos, onde a literatura complementa o debuxo. Adoitan ser semblanzas de personaxes. En 1934 publicou Retrincos, cinco contos que recollen vivencias autobiográficas dispostas desde a infancia ata a madurez. A única novela de Castelao é Os dous de sempre (1934). Nela vanse contando, a través dunha sucesión de relatos, as vidas paralelas de Pedriño e Rañolas, que, sendo amigos desde a infancia, toman na vida camiños diverxentes. Cada un representa un prototipo de persoa. O labor ensaístico de Castelao está representado principalmente polo seu libro Sempre en Galiza (Bos Aires, 1944). Consta dun "Adro" no que o autor compara a realidade estremeña coa galega, e catro libros nos que se resume a súa doutrina nacionalista, expoñendo o seu pensamento político sobre a patria, a nación e o Estado.

Con esta obra, Castelao manifesta o seu compromiso político co nacionalismo e o seu antiimperialismo, mostrando a marxinación da nosa terra, as inxustizas sufridas polas clases populares e propoñendo accións concretas para construír unha Galicia máis xusta, guiada por unha política progresista.

Rafael Dieste

Inclúese na Xeración Nós por publicar a súa obra na época de preguerra e por ter a mesma intención de renovación literaria que a dos escritores da devandita xeración. A súa obra narrativa está recollida nun volume titulado Dos arquivos do trasno (1926). Trátase dun conxunto de vinte relatos situados na Galicia rural e mariñeira e protagonizados por personaxes populares. Os temas tratados son o retorno, a morte, etc. Dos arquivos do trasno supón unha importante contribución á modernización do conto galego por saber presentar a realidade como máxica, utilizar un estilo sinxelo e elegante a un tempo. As súas obras ensaísticas máis importantes son Antre a terra e o ceo (1981), colección de artigos publicados na prensa entre 1925 e 1927, e A vontade de estilo na fala popular (1971), título do discurso de ingreso na RAG en 1970.

Descargar

PDF Word HTML