O Agrarismo, as Irmandades da Fala e o Grupo Nós
O movemento agrario e o agrarismo
O agrarismo xurdiu a principios de século cun amplo movemento do campesiñado; naceu como a reacción ás inxustizas dos foros (Acción Galega).
As Irmandades da Fala
Fundadas en 1916 por Antón Villar Ponte. O seu obxectivo principal era reivindicar a cultura de Galicia.
Outros obxectivos:
- Cooficialidade lingüística co castelán.
- Autonomía para resolver problemas sociais.
- Fomentar a cultura de Galicia.
- Ingreso na Sociedade de Nacións (LdasN).
- Federalismo con Portugal.
Realizacións das Irmandades:
- Traballo a prol do galego na vida cotiá.
- Potenciación da actividade editorial mediante o xornal A Nosa Terra.
- Creación do Seminario de Estudos Galegos.
Ramón Cabanillas
A súa literatura
Caracterízase por harmonizar a tradición literaria asimilando a estética do Rexurdimento (Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Pondal). Presenta trazos modernistas, a inclinación cara ao sensual e o colorista, o exótico e os elementos mitolóxicos, así como a musicalidade lingüística.
Poesía lírica
Obras destacadas: No desterro, Vento mareiro, Da terra asoballada e A rosa de cen follas.
- Poesía cívica: É unha poesía influída polo agrarismo e o nacionalismo das Irmandades da Fala na que aparece unha gran exaltación da aldea.
- Poesía intimista: O sentimento amoroso é o protagonista, así como a conmoción ante a paisaxe.
- Poesía costumista: Presenta matices humorísticos ou irónicos.
Narrativa
En Na noite estrelecida, o autor recupera os asuntos de Bretaña, as lendas do Rei Arturo, os cabaleiros da Táboa Redonda e o Santo Grial, situándoos en Galicia. O poema consta de tres partes: A espada Escalibor, O cabaleiro do Santo Grial e O sono de Arturo.
O Grupo Nós
É unha nova xeración de escritores aberta ás distintas expresións da lírica e que está condicionada polas transformacións da sociedade galega. Os membros son Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo, Cuevillas e os irmáns Villar Ponte.
Representan unha xeración de inadaptados que non lles gusta o mundo que lles tocou vivir. Procuran algo diferente e, nun primeiro momento, atópano nas culturas alleas.
O labor de Nós
Intentaron modificar o pensamento da sociedade galega. Crían que a súa misión era elevar a cultura galega ao nivel das demais. A revista marcou o paso definitivo na madureza da cultura galega, o que propiciou o intercambio de información con outras culturas.
Vicente Risco
Narrativa: Supón