Conceptos Fundamentais da Lingua e Lírica Galego-Portuguesa
Influencias Lingüísticas
Substrato
Influencia dunha lingua nativa ou indíxena (que acaba substituíndose) sobre outra lingua implantada no mesmo territorio.
Adstrato
Referímonos á recíproca influencia entre linguas veciñas ou que conviven nun mesmo territorio.
Superestrato
Influencia exercida sobre unha lingua aborixe por unha lingua invasora que desaparece ou non é adoptada ante a firmeza autóctona.
Substrato Prerromano
Conxunto de trazos que deixaron as linguas autóctonas prerromanas.
Romanización
Proceso histórico de asimilación e incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano.
Evolución Léxica do Galego
Palabras Patrimoniais
Son procedentes do latín vulgar que evolucionaron totalmente ata chegar á forma actual. Algunhas das evolucións son:
- Sonorización das consoantes xordas latinas intervocálicas -p, -t, -c (/k/) en -b, -d, -g. Ex: poppulum > pobo, natare > nadar.
- Desaparición das consoantes latinas intervocálicas -d, -g. Ex: vedere > ver, legere > ler.
- Evolución do grupo consonántico latino -ct (/kt/) ao galego -it. Ex: noctem > noite.
- Desaparición do -n e do -l intervocálicos latinos. Ex: tenere > ter.
- Evolución do ditongo latino au a ou. Ex: aurum > ouro.
- Palatalización dos grupos consonánticos iniciais latinos cl-, fl-, pl- en ch. Ex: clamare > chamar.
Semicultismos
Palabras do latín que experimentaron cambios fonéticos, pero non todos os que lles corresponderían. Ex: delicatum > delicado.
Cultismos
Palabras procedentes do latín escrito e do grego, conservadas sen cambios relevantes por se teren incorporado tardiamente á nosa lingua.
Tecnicismos
Son termos específicos das ciencias, das artes, da técnica e de certos oficios e actividades que serven para nomear obxectos, operacións, conceptos, etc.
Poden formarse:
- Incorporando palabras gregas ou latinas (Ex: mecánica).
- Creando novas palabras con elementos gregos e/ou latinos (Ex: encefalograma).
- Tomando palabras de linguas modernas (Ex: disquete, chip).
Latinismos
Manteñen a forma latina exacta (Ex: a priori, lapsus, ipso facto, etc.).
A Composición Poética Medieval
Tipos de Cantigas Profanas
As cantigas profanas poden ser de dous tipos: de refrán e de mestría.
Clasificación Segundo a Rima e a Composición
- Cobras unisonantes: Todas as cobras teñen a mesma rima.
- Cobras singulares: Cada cobra presenta rima distinta das demais.
- Cobras dobras: Cada parella de cobras ten a mesma rima.
- Cobras ternas: Ofrécese a mesma rima para cada tres cobras.
- Cobras alternadas: As pares reproducen unha rima; as impares, outra.
Cómputo Silábico
Realízase ata a última sílaba tónica do verso.
Rima
Podía ser consonante ou asonante. Se o verso remata en sílaba grave, é Rima Feminina; e se remata en sílaba aguda, fálase de Rima Masculina.
Recursos Retóricos Habituales
Dobre
Repetición dunha palabra ao longo dunha cobra, na mesma posición.
Mordobre
Repetición dunha palabra con variacións morfolóxicas ao longo dunha cobra.
Ata Fiinda
O verso final dunha cobra completa o seu sentido no verso inicial da seguinte.
Fiinda
Especie de conclusión (dous ou tres versos). Resume o sentido xeral da cantiga.
Palabra Perduda
Artificio retórico que consiste en incluír nunha cobra un verso que non rima con ningún outro da mesma cobra.
A Cantiga de Amigo
Son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas de amor que esta dirixe ao seu amante. O argumento é o amor non correspondido, e o rasgo principal é que é a muller a que expresa os seus sentimentos.
A cantiga de amigo é un xénero autóctono, procedente dunha primitiva poesía oral. Coñecemos tres tipos:
- Bailadas: Cantigas nas que se expresa a ledicia de amar e vivir. Adoita producirse unha invitación ao baile.
- Mariñas ou Barcarolas: Desenvólvense nunha paisaxe mariñeira.
- Cantigas de Romaría: Relaciónanse coas romaxes e coas peregrinacións a ermidas, igrexas e santuarios onde a amiga se xuntaba co amigo.
Caracterización Formal
A palabra amigo aparece sempre nos primeiros versos das cantigas. Teñen un carácter autóctono, son monologais e desenvólvense nun medio rural e doméstico pouco detallado.
Desde o punto de vista formal, a cantiga adoita estar estruturada en cobras de dous, tres ou catro versos con refrán, aínda que pode ser de mestría. Os trazos característicos son:
- Paralelismo: Procedemento polo que as palabras ou ideas dunha cobra volven aparecer na seguinte con mínimas modificacións.
- Leixaprén: Repetición dos segundos versos dun par de cobras como primeiros do par seguinte.
- Refrán: Verso ou versos que se repiten ao final de cada cobra.
Os Personaxes
- A Amiga
- Suxeito lírico da cantiga de amigo. Preséntase facendo unha louvanza das súas calidades físicas. Manifesta un sentimento de coita polo amor non correspondido ou pola súa ausencia. Ás veces fala dos seus sentimentos cara a el.
- O Amigo
- Case sempre está ausente e, polo tanto, nunca responde. O diálogo entre os namorados nunca se produce.
- A Nai
- Adoita asistir en silencio aos problemas formulados pola filla. As súas funcións son basicamente as de vixilancia da filla.
- Os Confidentes
- A amiga confía as súas penas de amor á irmá ou ás amigas, que fan de recadeiras e teñen como misión restablecer o acordo entre os namorados.