Literatura Galega: Xéneros, Séculos Escuros e Cantigas Medievais
Literatura Galega: Definición e Xéneros
Literatura: Os teóricos da comunicación consideran a literatura como unha forma de comunicación na que interveñen o emisor (creador consciente), o receptor, o código, o contexto e a mensaxe (estética con vontade de estilo destinada ao gozo psíquico).
Xéneros Literarios
- A Poesía: Exprésa emocións, sentimentos ou reflexións a partir dunha visión subxectiva. Adoita empregar o verso e é de temática: lírica, social e satírica.
- Narrativa: Predomina a función referencial e as relacións entre as accións humanas e a realidade que o circunda. As súas formas son o conto (breve con asuntos moi variados) e a novela (relatos extensos en prosa).
- Teatro: Interpretación dos autores e do diálogo. Divídese en traxedia, comedia e drama.
Contexto Histórico da Literatura Galega
Séculos Escuros
Período que abrangue os séculos XVI, XVII e XVIII. Consérvanse textos illados, non sempre impresos no seu tempo.
Etapas
- Séculos XVI e XVII: Memoria da lingua e da expresión creativa, transmítese a través da tradición oral.
- Ilustración: Preocupación polo estudo do galego (exemplo: Martín Sarmiento).
Cancioneiros ou Códices Medievais
Algúns dos máis importantes son:
- Cancioneiro de Ajuda
- Cancioneiro da Biblioteca Nacional
- Cancioneiro da Vaticana
- Pergamiño Vindel
- Pergamiño Shamrer
- Cancioneiro de Berkeley
As Cantigas Medievais Galego-Portuguesas
Cantiga de Amor
Tipo de composición literaria da Idade Media, propia da poesía galego-portuguesa medieval. Está centrada no amor cortés (pasión amorosa entre o cabaleiro e o senhor). Formalmente establécense 2 grupos: Cantigas de refrán e cantigas de mestría.
Cantiga de Amigo
Composición breve e sinxela, posta en boca dunha muller namorada. A forma fundamental é o paralelismo (forma que conxuga a repetición e a variación, sendo a repetición o principio estruturador do texto). Subxéneros: mariñas ou barcarolas, cantigas de romaría, bailadas, albas.
Cantigas de Escarnio e Maldicir
- Escarnio: Satirizan con palabras de dobre sentido e poden ser de refrán ou de mestría.
- Maldicir: Exerceu a crítica sen xogar co dobre sentido.
Os elementos clave son o equívoco e a ironía. Os temas principais son: Sátira política, sátira persoal e sátira moral.