Experimentalismo: a nova narrativa galega (anos 60)

Lingua e literatura2,71 KB

Experimentalismo: a nova narrativa

Contexto e orixe

O experimentalismo: a nova narrativa coñécese así por parte dos críticos que a sitúan arredor de 1954, ano de aparición de Nace un árbore, de Gonzalo Mourullo, como a obra que daría comezo ao movemento, e en 1969, ano de aparición de Cambio en tres, de Carlos Casares. Outros críticos sinalan como punto final a aparición de Cara a Times Square, de Camilo Gonsar. En calquera caso, a vixencia da denominación prodúcese durante a década dos 60.

Principais eixos da conformación

A conformación da escola corresponde a tres apartados esenciais: o afán de renovación temática, a coincidencia xeracional e a datación das obras, así como o interese pola literatura europea e americana modernas.

Características

Algunhas das características máis salientables son:

  • A desaparición da trama argumental lóxica, xa que asistimos a unha mestura entre o mundo real, o ficticio e o onírico.
  • Ruptura da linearidade na narración, empregando técnicas da montaxe cinematográfica coa finalidade de alterar a sucesión natural dos acontecementos.
  • Perda da unidade do suxeito narrativo.
  • Protagonismo dos espazos urbanos.
  • Unha concepción obxectalista na que o ser humano é concebido como un obxecto entre un conxunto de cousas (realismo obxectalista).
  • Reiteración de situacións violentas, ambientadas nunha agresividade que condiciona o desenvolvemento das relacións humanas.

Autores e obras

Destaca Gonzalo Mourullo, autor de dous volumes de relatos caracterizados pola superposición de planos —un real e outro fantástico—. Tamén cómpre salientar a presenza de Méndez Ferrín, autor de O crepúsculo e as formigas, entre outras obras, nas que se presenta a mestura de elementos oníricos con elementos da realidade: experimentalismo, espazos pechados e obsesivos con resonancias kafkianas.

Carlos Casares publicou Cambio en tres, situada a medio camiño entre a narración realista clásica e a moderna; a pesar de participar dunha certa experimentación, non chega a abandonar os moldes do realismo.

Camilo Gonsar, outro escritor destacado, publicou títulos como Como calquera outro día, Arredor de non e Cara a Times Square. Aínda que esta última está situada fóra dos límites cronolóxicos da nova narrativa, ven concluír en boa medida os logros do movemento: ambientada nunha fantasmagórica Nova York, asisteuse nela a un discurso deliberadamente ambiguo, alucinado e participante dun realismo obxectalista.

Descargar

PDF Word HTML