Literatura Galega do Século XX: Narrativa, Xeracións e Movementos Clave

Lingua e literatura2,81 KB

Narrativa Galega dos Anos 60

  • Escritores xa consolidados na década anterior que continúan: Cunqueiro, Blanco Amor e Ánxel Fole.
  • Elaboran narrativa de tema realista, centrada en Galicia: Xosé Neira Vilas.
  • Escritores novos que forman a **Nova Narrativa Galega**.

A Nova Narrativa Galega

É un grupo de escritores que publican as súas obras a finais dos anos 50 e na década dos 60. Mediante a introdución de novas temáticas e técnicas, renovan e actualizan o xénero narrativo.

Principais Novidades Temáticas

  • Presenza de personaxes anónimos, marxinais, desarraigados, desorientados, violentos, desequilibrados e con frecuencia sumidos en estados patolóxicos.
  • O mundo do subconsciente.
  • Expresión do absurdo da existencia.
  • Ambientes urbanos, claustrofóbicos e sórdidos.
  • Fuxida da localización concreta dos espazos narrativos.

Principais Innovacións Técnicas

  • Alternancia de planos temporais: constantes avances e retrocesos no tempo.
  • A pluralidade de voces narrativas.
  • Predominio do **monólogo interior** ou **fluír da conciencia**.

_Exemplos: Gonzalo R. Mourullo, X.L. Méndez Ferrín, Carlos Casares._

Características Comúns da Nova Narrativa

  • A maioría teñen estudos universitarios.
  • Reciben unhas mesmas influencias dos escritores e **movementos literarios**.
  • O compromiso coa lingua galega fai que sexan escritores monolingües en galego.
  • O seu compromiso político maniféstase na súa activa participación no nacionalismo galego de esquerdas.

A Xeración do 36 na Literatura Galega

Está formada por escritores nados entre 1910 e 1920. Moitos deles xa publicaran antes da guerra, pero será agora cando aparezan os seus textos máis significativos.

_Exemplos: Celso Emilio Ferreiro, Ricardo Carvalho Calero (Mariño), Xosé Díaz Castro._

A Promoción de Enlace (Literatura Galega)

Está formada por poetas nados na década de 1920-1930. Non se trata dunha xeración homoxénea, senón máis ben dunha suma de individualidades unidas polas circunstancias. Todos comezan escribindo en castelán, pasan por unha etapa bilingüe e rematan escribindo en galego.

_Exemplos: Luz Pozo Garza, Antón Tovar._

A Xeración das Festas Minervais

Está formada por escritores nados entre 1930 e 1940. Todos eles comparten algunhas características xeracionais:

  • A maioría ten formación universitaria. Nos anos universitarios participan nas Festas Minervais (concursos literarios).
  • Escritores monolingües en galego.
  • Conscientes da falta de liberdade a causa da ditadura, manteñen un activo compromiso político.

_Exemplos: X.L. Méndez Ferrín, Uxío Novoneyra._

Descargar

PDF Word HTML