Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

As Irmandades da Fala: Cabanillas e Noriega Varela

Lingua e literatura2,53 KB

As Irmandades da Fala e o movemento agrarista

Na primeira década do século XX xorden dous movementos sociais e ideolóxicos (a ideoloxía agrarista e as Irmandades da Fala), cos que están moi vinculados os autores máis importantes da época: Ramón Cabanillas e Noriega Varela.

Ramón Cabanillas

Combinou os seus labores administrativos coa publicación dos primeiros versos en castelán. Tras emigrar a Cuba, recibiu a influencia dos intelectuais galeguistas e comezou a publicar en galego. Dentro da súa traxectoria distinguimos:

  • Etapa de formación: De carácter intimista, social e reivindicativo, onde atopamos O desterro e Vento mareiro (denuncia a miseria dos labregos).
  • Etapa de madurez: Pretende o achegamento ao pobo das ideas do galegismo,
...
Seguir lendo "As Irmandades da Fala: Cabanillas e Noriega Varela" »

A Poesía Galega dos 80 e 90: Evolución e Tendencias

Lingua e literatura2,8 KB

A ruptura co socialrealismo

Con Con pólvora e magnolias iníciase a ruptura co socialrealismo. A pegada de Méndez Ferrín, xunto coa obra de Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro, terán unha influencia determinante na obra dos autores que se dan a coñecer nas últimas décadas. Asistimos a unha época caracterizada tanto pola diversidade temática como pola numerosa aparición de voces e tendencias.

A poesía nos anos 80

Os cambios sociopolíticos do fin da ditadura teñen influencia no plano creativo. Consólidase a renovación poética a través de voces que rexeitan o socialrealismo dominante en décadas anteriores. Moitos deles participan en revistas de expresión poética, conforman grupos poéticos, danse a coñecer a través de certames...

Seguir lendo "A Poesía Galega dos 80 e 90: Evolución e Tendencias" »

Literatura galega no Galego Medio: culta, popular e ilustración

Lingua e literatura2,51 KB

Literatura culta

Son escasas as manifestacións da literatura de carácter culto durante a etapa do Galego Medio. Non obstante, e como xa adiantamos, arredor da figura de Diego Sarmiento de Acuña conformouse unha pequena corte da que o resultado é un conxunto de textos líricos e teatrais.

Textos líricos

Desa corte conservamos a Canción galega en loor de Don Diego das Mariñas Parragués, de autor descoñecido, e redactada en 11 estanzas.

Textos teatrais

A pesar de que temos noticia de actividades teatrais no noso país durante a etapa que tratamos, apenas conservamos documentos datados nese tempo. Sen dúbida, o documento máis importante do período é A contenda dos labradores de Caldelas, máis coñecida como Entremés famoso sobre a pesca

...
Seguir lendo "Literatura galega no Galego Medio: culta, popular e ilustración" »

O Teatro Galego (1980-2000): Autores, Temas e Institucións

Lingua e literatura2,63 KB

O Teatro Galego de Finais do XX e Comezos do XXI

Temas e Autores dos 80 e dos 90

A aprobación do Estatuto de Autonomía (1981) supón a posta en marcha de institucións que posibilitan a creación dun *Centro Dramático Galego* (1984) e o establecemento dunha política cultural que ha de influír sobre a **produción** e o consumo de literatura dramática en Galicia.

Estes autores van **ter** unha dependencia respecto **ao** circuíto dos premios literarios, fundamentalmente os da *Escola Dramática Galega*, debido á falta de **público** consumidor.

O Xurdimento das Compañías Estables

Este vai ser o período onde xorden as compañías estables de teatro.

  • Nos 70: *Artello*, *Ítaca*, a *Escola Dramática Galega*...
  • Nos 80: Consolídase e créase
...
Seguir lendo "O Teatro Galego (1980-2000): Autores, Temas e Institucións" »

A poesía de vangarda en Galicia: autores e características

Lingua e literatura3,01 KB

A poesía de vangarda: características e autores

A principios do século XX atopamos unha modernización da economía e o esmorecemento da sociedade agraria anterior. Malia os avances, a emigración continuou, sobre todo a América.

Aquí xorde a vangarda, movemento de renovación no pensamento e nas artes nado en Europa. Déronse varias correntes (cubismo, dadaísmo...) con trazos comúns: antirromanticismo, antisentimentalismo, deshumanización, busca da arte pura e innovación da lingua figurada.

A vangarda en Galicia

En Galicia, difundíronse grazas a revistas como Alfar ou Ronsel e xurdiron movementos propios (hilozoísmo, neotrobadorismo, creacionismo) marcados polo nacionalismo e a relación co saudosismo portugués (actitude de culto ao...

Seguir lendo "A poesía de vangarda en Galicia: autores e características" »

O Galego no Século XX: Historia, Lingüística e Normalización

Lingua e literatura2,55 KB

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Contexto e Lingüística

No século XX foise consolidando o proceso de normalización do galego, promovido desde certos sectores da sociedade con sensibilidade galeguista. Nestes anos, o noso idioma accedeu a novos ámbitos de uso pero, ao mesmo tempo, houbo un proceso de desgaleguización social.

Etapas da Evolución do Galego no Século XX

Podemos distinguir tres etapas na evolución do galego ao longo do século XX: a etapa de preguerra (1900-1936), a de posguerra (1936-1975) e a dos anos finais do século XX (1975-2000).

A Etapa de Preguerra (1900-1936)

Durante os anos da preguerra o galego era a lingua de comunicación oral da grande maioría da poboación. A pesar disto, perde falantes e medra tamén...

Seguir lendo "O Galego no Século XX: Historia, Lingüística e Normalización" »

Normalización e normativización do galego

Lingua e literatura6,79 KB

As linguas, ademais de seren instrumentos de comunicación, desempeñan outras funcións máis específicas. Manuel Portas estableceu sete funcións: internacional, cultural, institucional, local, laboral, familiar e individual. A coexistencia de dúas ou máis linguas nunha mesma sociedade terá como consecuencia a competencia entre elas por acadar o máximo número de funcións posibles. Cantas menos funcións posúa, máis risco ten de desaparecer. Con frecuencia, para referirse a esta convivencia das linguas nunha sociedade tense usado o termo bilingüismo. Pero, neste punto, é necesario distinguir entre bilingüismo social e individual. Xa que no bilingüismo social a aparición doutra lingua non serve para enriquecer ao falante, senón...

Seguir lendo "Normalización e normativización do galego" »

As vangardas na literatura galega: autores, liñas e revistas

Lingua e literatura3,15 KB

1.2. As vangardas na literatura galega

Dúas liñas na poesía galega

Na poesía galega das primeiras décadas do século XX atopámonos con dúas grandes liñas despois da produción de Noriega Varela e Cabanillas, autores que asumen os grandes temas do século XIX (culto á terra, saudade e denuncia) e incorporan á nosa tradición elementos ausentes ata agora. Estas dúas liñas son:

  • Dunha banda, aquela que segue, aínda que renovando, a liña poética xa existente en Galicia.
  • Doutra banda, a que rompe coa tradición galega e segue o camiño marcado polas literaturas europeas de vangarda.

Agora ben, os autores que podemos encadrar no primeiro grupo, aínda que parten do xa existente, teñen puntos de partida totalmente diferentes:

Autores do primeiro

...
Seguir lendo "As vangardas na literatura galega: autores, liñas e revistas" »

O Galego no Primeiro Terzo do S. XX: Lingüística e Contexto

Lingua e literatura2,76 KB

1.- O Galego no Primeiro Terzo do Século XX: Características Lingüísticas Fundamentais. Contexto Histórico e Situación Sociolingüística.

Durante o século XX consolidouse o proceso de normalización do galego e accedeu a novos ámbitos como o ensaio, actos públicos, discurso político, etc., ata chegar ao recoñecemento oficial. Porén, ao mesmo tempo, descendeu o seu uso como medio de comunicación social.

Se nos centramos no primeiro terzo deste século, temos que destacar o labor de dignificación da lingua levado a cabo polas Irmandades da Fala, o Grupo Nós ou o Seminario de Estudos Galegos.

  • No ano 1906 fúndase a Real Academia Galega (RAG) para velar pola pureza e corrección do galego, sendo Manuel Murguía o seu primeiro presidente.
...
Seguir lendo "O Galego no Primeiro Terzo do S. XX: Lingüística e Contexto" »

Vicente Risco e Castelao: vida e obra do galeguismo

Lingua e literatura2,74 KB

Vicente Risco: vida e obra

Vicente Risco: nado en Ourense, amigo de Otero Pedrayo, estudou Dereito e Maxisterio, e fundou en 1917 a revista La Centuria. En 1920 participou na creación de Nós e publicou a Teoría do nacionalismo galego. A Guerra Civil levouno a renegar do galeguismo ao ver o que pasara aos seus compañeiros.

Producción narrativa

Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros: relato situado no mundo extraordinario e de ultratumba, cargado dun amor macabro, deixando clara a súa ideoloxía. Esta obra rompe cos tópicos da tradición do século XIX e incorpora o esoterismo e o mundo máxico.

Porco de pé: única novela que escribiu; conta a historia de don Celidonio, comerciante foráneo que se instala na cidade de Auria. Alí vai...

Seguir lendo "Vicente Risco e Castelao: vida e obra do galeguismo" »