As Irmandades da Fala: Cabanillas e Noriega Varela
As Irmandades da Fala e o movemento agrarista
Na primeira década do século XX xorden dous movementos sociais e ideolóxicos (a ideoloxía agrarista e as Irmandades da Fala), cos que están moi vinculados os autores máis importantes da época: Ramón Cabanillas e Noriega Varela.
Ramón Cabanillas
Combinou os seus labores administrativos coa publicación dos primeiros versos en castelán. Tras emigrar a Cuba, recibiu a influencia dos intelectuais galeguistas e comezou a publicar en galego. Dentro da súa traxectoria distinguimos:
- Etapa de formación: De carácter intimista, social e reivindicativo, onde atopamos O desterro e Vento mareiro (denuncia a miseria dos labregos).
- Etapa de madurez: Pretende o achegamento ao pobo das ideas do galegismo, coas obras Da terra asoballada, a peza teatral A man de Santiña e unha segunda edición de Vento mareiro.
- Etapa mitolóxica: Empeñada en reconstruír o pasado mítico de Galicia, con obras como Na noite estrelecida e O mariscal.
A súa última etapa chega despois dun parón literario, volvendo ao papel de dignificación cultural que desempeñara ao comezo. Salientaron Camiños no tempo e Antífona da cantiga. Máis tarde creou Da miña zanfona e Samos.
Modalidades poéticas de Cabanillas
Na súa poesía distínguense dúas grandes modalidades:
- Poesía lírica: Aparecen composicións intimistas (falan de amor e natureza) como A rosa de cen follas.
- Poesía cívica: Recolle postulados agraristas e o ideario das Irmandades.
Na poesía costumista fala de costumes rurais e na poesía narrativa asegura un futuro esperanzador para Galicia con O Benito de San Amaro e Na noite estrelecida.
Antonio Noriega Varela
Cursou estudos no seminario, pero non chegou a sacerdote. Máis tarde comezou a vincularse co agrarismo. A súa obra tivo unha importante difusión pola propaganda dos curas e a súa amizade cos intelectuais.
Só publicou un libro de poemas, que cambiou o título de Montañesas a Do ermo. Pasa dunha etapa costumista e ruralista, con motivos paisaxísticos e tradicionais, a unha máis culta e refinada, cunha poesía máis elaborada. Este franciscanismo é a manifestación literaria da súa relixiosidade.