A Poesía Galega dos 80 e 90: Evolución e Tendencias
A ruptura co socialrealismo
Con Con pólvora e magnolias iníciase a ruptura co socialrealismo. A pegada de Méndez Ferrín, xunto coa obra de Manuel Antonio e Álvaro Cunqueiro, terán unha influencia determinante na obra dos autores que se dan a coñecer nas últimas décadas. Asistimos a unha época caracterizada tanto pola diversidade temática como pola numerosa aparición de voces e tendencias.
A poesía nos anos 80
Os cambios sociopolíticos do fin da ditadura teñen influencia no plano creativo. Consólidase a renovación poética a través de voces que rexeitan o socialrealismo dominante en décadas anteriores. Moitos deles participan en revistas de expresión poética, conforman grupos poéticos, danse a coñecer a través de certames e premios literarios ou colaboran en volumes colectivos.
Autores destacados dos 80:
- Manuel Vilanova: E direivos eu do mester das cobras ou A lenda das árbores de prata.
- Xavier Rodríguez Baixeras: Fentos no mar, Lembraza do areal.
- Xosé María Álvarez Cáccamo: Caracterízase pola diversidade de temas e precisión formal, trazos intimistas, referencias familiares, reflexión sobre a palabra poética ou a paisaxe. Destaca Praia das Furnas.
- Xavier Seoane: Forma parte do grupo da Coruña que publicou volumes colectivos de amor e desamor. A súa obra céntrase no amor e na terra.
- Outros autores: Pilar Pallarés, Ramiro Fonte e Manuel Forcadela.
A poesía nos anos 90
Caracterízase pola convivencia de autores de idades e liñas discursivas moi diferentes. Por unha banda, continúa a creación dos autores da xeración dos 80, que conviven cos poetas do 90. Estes actualizarán o panorama poético publicando libros, participando en recitais e incluso polemizando cos autores anteriores.
Proliferan novos grupos poéticos como Ronseltz, que publica o poemario Unicornio de cenorias que cabalgas os sábados. En canto aos temas e a estética, a poesía dos 90 caracterízase por un intimismo da vivencia, cunha linguaxe máis directa e coloquial nun afán de desbarroquización do verso; a tónica era a pluralidade.
Tendencias principais:
- a) Poesía do coñecemento: Elaboración formal e transcendencia dos temas tratados. Destaca Miro Villar.
- b) Poesía feminina-feminista: Visión feminina da sexualidade e do erotismo, e reivindicación do papel da muller na sociedade.
- c) Poética do cotián: Usa linguaxe directa. Destaca Estevo Creus.
- d) Poética experimental: Enfrontamento entre o tradicional e o moderno.