A poesía de vangarda en Galicia: autores e características

Lingua e literatura3,01 KB

A poesía de vangarda: características e autores

A principios do século XX atopamos unha modernización da economía e o esmorecemento da sociedade agraria anterior. Malia os avances, a emigración continuou, sobre todo a América.

Aquí xorde a vangarda, movemento de renovación no pensamento e nas artes nado en Europa. Déronse varias correntes (cubismo, dadaísmo...) con trazos comúns: antirromanticismo, antisentimentalismo, deshumanización, busca da arte pura e innovación da lingua figurada.

A vangarda en Galicia

En Galicia, difundíronse grazas a revistas como Alfar ou Ronsel e xurdiron movementos propios (hilozoísmo, neotrobadorismo, creacionismo) marcados polo nacionalismo e a relación co saudosismo portugués (actitude de culto ao sentimento). Os poetas galegos mantivéronse próximos á tradición. Entre eles destacan:

  • Manuel Antonio
  • Luís Amado Carballo
  • Fermín Bouza Brey
  • Luís Pimentel
  • Álvaro Cunqueiro

Manuel Antonio e o creacionismo

Manuel Antonio é o máximo representante do creacionismo galego, no que o poeta crea coa palabra unha arte que non imite a realidade. Asinou xunto con Álvaro Cebreiro o manifesto vangardista Máis Alá! (1922), de carácter tanto estético como político.

A súa traxectoria conta tres etapas:

  1. A primeira, mestura de elementos tradicionais, modernistas e vangardistas.
  2. A segunda, constituída por De catro a catro, escrita nunha das súas viaxes de navegación e con estrutura circular, unidade temática (o mar dotado de realidade existencial) e trazos marcadamente vangardistas.
  3. A terceira, na que se recupera o tradicional.

Luís Amado Carballo e o hilozoísmo

En canto a Carballo, destaca por Proel e O galo, as cales crearon o hilozoísmo. Os trazos da súa poesía son a paisaxe humanizada e representada mediante imaxes que dan vida aos seus elementos, e a métrica conservadora pero vangardista no uso de metáforas.

Bouza Brey, Pimentel e Cunqueiro

Bouza Brey destaca pola fundación do Seminario de Estudos Galegos, así como por unha poesía enmarcada no neotrobadorismo. Na súa obra Nao senlleira reflíctese unha conxunción de lírica medieval e literatura popular.

Na obra de Luís Pimentel dominan os sentimentos e o cotián desde un sentido íntimo, ademais da sinxeleza na lingua (fala popular) e nos recursos. Destacan Triscos e Sombra do aire na herba.

Cunqueiro é escritor de Poemas do si e do non e Dona do corpo delgado. Na súa poesía danse dúas tendencias: a vangarda pura e a lírica neotrobadorista con resonancias populares.

Descargar

PDF Word HTML