Trobadores e xograres na lírica medieval galego-portuguesa
O Lirismo medieval Galego-Portugués. O tempo dos trobadores
Durante unha etapa entre os anos 1200-1350, ten lugar a eclosión da lírica medieval galego-portuguesa. Trobadores e xograres compoxeron as cantigas, nas súas diversas modalidades. O lirismo galego-portugués ten dúas grandes vertentes:
·Textos de carácter profano, e son as cantigas de amigo, amor, escarnio e maldicir.
·Cancioneiros de carácter relixioso, e son as cantigas de Santa María, de Alfonso X “o Sabio”
O Contexto histórico: reino medieval de Galicia
No ano 711, os árabes chegan á Península Ibérica. Galicia constituíu o maior espazo libre de dominio islámico e os propios musulmanes a chamaban Jalikiya, pero no ano 1492 reconquistouse Granada, grazas a desaparición
...