Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

O Grupo Nós: fundadores, revista Nós e legado cultural galego

Lingua e literaturaActualizado o 3,62 KB

O Grupo Nós: Fundadores e Legado Cultural

Orixe e Composición do Grupo Nós

O Grupo Nós estaba formado por figuras senlleiras da cultura galega como:

  • Vicente Risco
  • Florentino Cuevillas
  • Ramón Otero Pedrayo
  • Antón Losada Diéguez

Todos eles naceron en torno a 1885 e pertencen cronoloxicamente á xeración das Irmandades da Fala. Caracterizábanse pola súa procedencia social acomodada e a súa evolución cara ao galeguismo desde unha etapa inicial de cosmopolitismo e exotismo. A eles uniuse posteriormente Castelao.

A Revista Nós: Un Faro Cultural

O nome do grupo procede da revista Nós, fundada en Ourense en 1920. Ata a súa desaparición en 1936, publicáronse un total de 144 números. Foi a publicación máis importante de Galicia da preguerra...

Seguir lendo "O Grupo Nós: fundadores, revista Nós e legado cultural galego" »

Lírica medieval galego-portuguesa: historia, cantigas e características

Lingua e literaturaActualizado o 4,47 KB

Lírica Medieval Galego-Portuguesa

O galego-portugués convértese nunha lingua lírica por excelencia. Os poetas de Galicia, Portugal e o resto de Hispania escriben en galego-portugués.

Idade de Ouro da Lírica Medieval

Causas:

  • Independencia política.
  • Auxe económico e tranquilidade social durante a Reconquista.
  • Esplendor cultural da cidade de Santiago.
  • Existencia de cantigas de tradición oral nas que a muller é fundamental.
  • Influencia da lírica provenzal introducida no Camiño de Santiago e polos nobres provenzais.

A Canción Provenzal

Máxima expresión da teoría do amor cortés.

Características da Canción Provenzal:

  • Sumisión total do namorado ante a dama.
  • A amada é perfecta física e moralmente.
  • Os namorados son aristócratas.
  • O amor é un sentimento
...
Seguir lendo "Lírica medieval galego-portuguesa: historia, cantigas e características" »

Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras

Lingua e literaturaActualizado o 4,68 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976

O teatro acusou o silencio literario da posguerra dun xeito moi especial, pois este é un espectáculo social que implica a posta en escena nun espazo público. Estas dificultades atrasaron a súa recuperación.

Na década dos cincuenta conflúen en Galicia tres liñas temáticas:

  1. Pezas que proseguen o teatro costumista ou de comedia urbana desenvolvidos na preguerra por un sector das Irmandades da Fala (Carre Alvarellos: Meiguerías, Brétemas e raiolas; Cabanillas: O romance do cristiano e do mouro na Franqueira…).
  2. Pezas que continúan as liñas modernizadoras do teatro de preguerra (simbolismo, expresionismo, teatro alegórico...) (Otero Pedrayo: O desengano do Prioiro, Rosalía; Jenaro Mariñas: A serpe;
...
Seguir lendo "Teatro galego entre 1936 e 1976: autores e obras" »

A poesía galega na posguerra: intimismo e sociorealismo

Lingua e literaturaActualizado o 2,87 KB

A Poesía Galega na Posguerra

Como consecuencia da Guerra Civil e a represión franquista, a poesía galega viviu nos primeiros anos da posguerra un período de silencio, ata a publicación de Cómaros verdes, de Aquilino Iglesias Alvariño. Ao longo dos anos 50, comezan a publicar, simultaneamente, autores de tres xeracións distintas: a Xeración de 1936, a Promoción do Enlace e a Xeración das Festas Minervais. O panorama é moi fértil e nel van agromar con forza moitas das voces máis singulares da lírica galega do século XX.

Tendencias da Poesía de Posguerra

A poesía de posguerra pódese agrupar en dúas grandes tendencias ben definidas: o intimismo e o sociorealismo. Estas tendencias sucedéronse no tempo.

O Intimismo (1947-1962)

O intimismo...

Seguir lendo "A poesía galega na posguerra: intimismo e sociorealismo" »

Comentario de texto sobre o hilozoísmo e a poesía imaxinista de Luís Amado Carballo

Lingua e literaturaActualizado o 1,35 KB

O hilozoísmo,animismo ou imaxinismo ten como tema principal do poema a natureza , que aparece humanizada mediante constantes de personificacións.

Está estética combina a tradición paisaxística dos séculos XIX coa riqueza das imaxes e metáforas características da poesía de vangarda.A poesía imaxinista amosa así unha gran sensualidade;a súa meta é a creación de imaxes nas que se reunén elementos visuais e auditivos,con predominio das cores fortes e vivas.A métrica e sinxela,fundamentalmente versos curtos de rima asoante.
O iniciador e principal cultivador desta tendencia foi Luís Amado Carballo.
Publicoudous libros de poemas : Proel,O Galo...E publicou,unha novela e uns relatos.

O prerrexurdimento en Galicia: contexto, etapas e primeiros textos en galego

Lingua e literaturaActualizado o 4,17 KB

1º manifestacións literarias do xix atópanse ligadas aos acontecementos históricos e políticos que se desenvolveron en Galicia.
Reivindícase a defensa da identidade galega por parte duns intelectuais, o cal terá consecuencias literarias no xix.
A hº da literatura do xix estará dividida en 2 etapas: o prerrexurdimento( espazo de tempo transcorrido entre 1808 -ano do comezo da guerra contra Francia- e 1863 coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro) eo Rexurdimento ( nome co que se coñece o século xix na historia de Galicia; expresa unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación  de Cantares gallegos inaugura o Rexurdimento Pleno, e as obras anteriores
...
Seguir lendo "O prerrexurdimento en Galicia: contexto, etapas e primeiros textos en galego" »

Vicente Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo: obra narrativa do Grupo Nós

Lingua e literaturaActualizado o 3,65 KB

O Grupo Nós (1916-1936): Contexto e Relevancia

Chamámoslle Época Nós ao período comprendido entre 1916 e 1936, pola importancia que tiveron neste momento os membros do Grupo ou Xeración Nós, nucleados a través da revista Nós (1920-1936), e nacidos na década de 1880-1890. Este grupo renovou a narrativa galega, buscando situala á altura do que se facía noutras literaturas europeas.

Vicente Martínez-Risco (1884-1936): Traxectoria e Obra

Etapas da súa traxectoria

  1. Etapa pregaleguista: Publica o seu primeiro relato en galego.
  2. Etapa galeguista ou nacionalista (1920-1933): Participa nas Irmandades da Fala, funda a revista Nós (1920) e publica o seu ensaio Teoría do nacionalismo galego (1920). Nesta etapa concéntrase a súa obra literaria
...
Seguir lendo "Vicente Martínez-Risco e Ramón Otero Pedrayo: obra narrativa do Grupo Nós" »

Principios da normativa do galego: criterios da NOMIG 2003

Lingua e literaturaActualizado o 2,46 KB

Principios NOMIG 2003

(Son criterios que seguiron a RAG e o ILG).

  1. Criterio de identidade: A lingua normativa ten que estar ao servizo da cultura dun pobo, e, polo tanto, ha de ser necesariamente continuadora da lingua falada pola comunidade e ha de achegarse canto sexa posible a ela, co fin de enraizar sobre bases seguras e vivas. Non podemos crear unha lingua normativa (escrita) coa que non se identifique o pobo.
  2. Criterio purista: A norma debe acoller un galego fiel a si mesmo e limpo de canto alleo innecesario hai incrustado na fala viva pola presión do castelán. É dicir, a lingua común debe ser o máis galega posible: que o galego sexa o máis galego posible, sen interferencias do castelán.
  3. Criterio supradialectal: O galego normativo
...
Seguir lendo "Principios da normativa do galego: criterios da NOMIG 2003" »

Comentario literario de dous poemas e fragmentos: Pilar Pallarés e Ledicia Costas

Lingua e literaturaActualizado o 3,21 KB

Comentario Literario: Pilar Pallarés

Datos da Obra

  • Autora: Pilar Pallarés
  • Data: 1996
  • Obra: Á tarde, cun can e un libro, do Livro das devoracións
  • Corrente literaria: Poesía actual da década dos 80
  • Temática: Intimista
  • Tema: O paso do tempo

Características da Autora

  • Culturalismo temático e esteticismo formal
  • Referencias a outras artes

Contido

O poema introduce elementos relativos, situándose nunha tarde nun banco do xardín, acompañada dun can e dun libro. Nun momento, a voz lírica pensa no transcorrer da vida e, de súpeto, pasan uns paxaros que non consegue identificar, xa que o ceo está nubrado, probablemente porque vai tronar nunha tarde de inverno. Tamén mestura o tempo cos seus sentimentos, porque “o corazón escoita e ás veces insinúa...

Seguir lendo "Comentario literario de dous poemas e fragmentos: Pilar Pallarés e Ledicia Costas" »

Clases de oracións subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais

Lingua e literaturaActualizado o 5,24 KB

Clases de oracións subordinadas

Segundo a función Que cumpran, diferenciamos:

-Subordinadas substantivas. Desempeñan calquera das función propias dos Substantivos (suxeito, CD, suplemento, etc.). Poden ir introducidas pola Conxunción que: Necesito [que Me deas unha solución].CD

-Subordinadas adxectivas. Desempeñan a función propia do adxectivo, é dicir, Modificador do núcleo. Normalmente van introducidas por un pronome relativo (que, o cal…): Este é o libro [que perdera].MOD

-Subordinadas adverbiais. Desempeñan unha función propia dos adverbios: CC (de Lugar, de tempo, de modo…). Van introducidas por adverbios ou locucións Adverbiais: Agárdote[onde ti me digas]. CCL

Oracións subordinadas Substantivas

Segundo a función Que desempeñen

...
Seguir lendo "Clases de oracións subordinadas substantivas, adxectivas e adverbiais" »