Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

Historia do galego de 1900 a 1975: substitución lingüística e normalización

Lingua e literatura4,58 KB

Historia do galego de 1900 a 1975

De 1900 a 1936 o galego continúa o proceso de substitución polo castelán, e o carácter e a inclinación da maioría da poboación contribúen a reforzar os prexuízos lingüísticos cara á lingua. As Irmandades da Fala, o Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos reivindican o valor do galego, utilizándoo en todos os ámbitos e empregándoo en textos escritos literarios e non literarios, o que supón un importante salto cualitativo. Neste período o galego é a lingua maioritaria da poboación, pero segue afastada dos ámbitos de prestixio, reservados ao castelán.

Durante a ditadura

No período da ditadura, o proceso de substitución lingüística do galego polo castelán acentúase desde o punto de vista...

Seguir lendo "Historia do galego de 1900 a 1975: substitución lingüística e normalización" »

Historia da poesía galega entre 1936 e 1976

Lingua e literatura2,7 KB

A poesía galega entre 1936 e 1976

Características xerais da poesía (1936-1976)

  • Predominio de contidos paisaxísticos e intimistas.
  • Escisión da nosa literatura coa que se facía en Europa, debido á censura e ao illamento de España co exterior.
  • Aparición da poesía existencialista e relixiosa.
  • Na década dos 60 a poesía supuxo a recuperación da poesía cívica perdida desde Ramón Cabanillas: Longa noite de pedra, de Celso Emilio Ferreiro.

Autores clave da Xeración do 36

Álvaro Cunqueiro

Publicou Mar de guerra (poemario de corte vangardista e temática mariñeira), Poemarios do si e do non (poemario de influencia surrealista e cun ton lúdico), Cantiga nova que se chama Riveira, Dona do corpo delgado (no que se distingue unha parte de carácter...

Seguir lendo "Historia da poesía galega entre 1936 e 1976" »

A cultura galega na posguerra e no exilio

Lingua e literatura3,34 KB

A cultura galega na posguerra

Na posguerra prodúcense importantes cambios culturais e políticos en Galicia:

  • Desaparecen as organizacións políticas autóctonas.
  • Desaparece a prensa e a edición en galego.
  • O Seminario de Estudos Galegos é substituído polo Instituto Padre Sarmiento en castelán, aínda que se tolerou que se continuase a usar o galego na vida cotiá.

A supervivencia da lingua e a literatura no exilio

É fundamental o labor realizado por Galicia no exterior. A influencia galega do exilio vén marcada pola guerra, pola nostalxia da terra deixada e polo tema social.

O exilio en América

  • Na Arxentina: Bos Aires salva a dimensión cultural nos anos da posguerra. Alí concordan a emigración e os intelectuais da República. Luís Seoane
...
Seguir lendo "A cultura galega na posguerra e no exilio" »

Historia da lingua e literatura galega: do Medievo ao Rexurdimento

Lingua e literatura4,36 KB

Situación diglósica (séculos XV-XVI): Ao usar as clases altas o castelán, houbo unha situación diglósica onde o castelán era a lingua elite e desconocida para o pobo, e o galego era a lingua do pobo e de uso no ámbito familiar.

Consecuencias:

  • Non se elaborou un patrón lingüístico culto que servise de referencia.
  • O galego perdeu tamén especialización léxica.
  • A castelanización de antropónimos e topónimos debido á perda de ámbitos de uso.

O esplendor medieval lírico deu lugar á Escola galego-castelá, que contaba co Cancioneiro de Baena, que se fixo fóra de Galicia e inclúe poemas en galego e en castelán. Principal poeta: Macías o Namorado.

Literatura dos séculos XVI e XVII

A literatura deste período tiña carácter popular...

Seguir lendo "Historia da lingua e literatura galega: do Medievo ao Rexurdimento" »

A narrativa galega desde 1950: Galaxia e os seus autores

Lingua e literatura3,06 KB

A narrativa en Galicia a partir de 1950: a editorial Galaxia

Contextualización

Non será ata a fundación da editorial Galaxia en 1950 cando se retome a publicación de narrativa na nosa lingua despois da Guerra Civil. Malia non ser publicada por Galaxia, a primeira novela despois da guerra é A xente da Barreira (1951) de Ricardo Carballo Calero. A novela narra a degradación dunha familia fidalga galega.

Ricardo Carballo Calero (1910-1990) xa publicara antes da guerra os poemarios Vieiros (1931) e O silencio axionllado (1934) e en 1950 retomará a poesía en galego con Anxo de terra.

Os narradores de Galaxia

  • Álvaro Cunqueiro (1911-1981)
  • Ánxel Fole (1903-1986)

Ánxel Fole

A editorial Galaxia publicará os seus primeiros libros de relatos: Á lus

...
Seguir lendo "A narrativa galega desde 1950: Galaxia e os seus autores" »

Ensaio de posguerra

Lingua e literatura2,64 KB

OGrupoNóseasúadecisivainfluencianomundoculturalgalego

ParaaléndopapelfundamentaldarevistaNósáhoradedarnomeaogrupo,ébencertoqueestetermotenunhaamplapresenzanavidaculturalgalegadaqueltempo,poisaparecerepetidamenteutilizadacomotítuloenlibros(ÁlbumNósdeCastelao,1916‐1918),artigos(“Nós,osinadaptados”),suplementosliterarios(doxornalcoruñésElNoroeste)ou,tamén,comonomedaeditorial,dirixidaporÁnxelCasal,enqueapareceronoslibrosfundamentaisdestaépoca.Destemodo,Nósfoiadquirindodemáisamáisunvalorsimbólicoimportante,aorepresentardemodosintéticooespíritodeautoafirmacióncolectivaquecaracterizouolabordosautoresdesta etapa.Isto Foi, ao final,o que Acabou por asentar esta Denominaciónxa non sóparaseraplicadaaogrupocentraldeautoresqueprotagonizanestaliñadeacción,...

Seguir lendo "Ensaio de posguerra" »

Resumen os dous de sempre castelao

Lingua e literatura4,01 KB

TEMA 1: IRMANDADES DA FALA

IRMANDADES DA FALA:

1916(Coru.): 1as I. Da F., espallanse por Gal., paso decisivo-proxeccion do galeguismo. 1918(Lugo): Asamblea N. Galega-manifesto(autonomia integral, cooficialidade gal-cast., desaparicion deputa. Provinciais e modernizacion socioeconomica). Tendencias políticas: 1. Liña liberal-democratica (esencial alianza forzas afins, Luis Peña Novo) 2. Liña neotradicionalista (afastamento da coalición, Vicente Risco). 1922 (IV Asamblea Nacionalista, apoio neotradicionalistas+liberais, Risco leva adiante a suas teses). Tendencias culturais: 1.Rexeitamento-cambios: tradicion rexionalista. 2.Síntese entre tradicion e modernidade (Cabanillas). 3. “Os Novos”, vangarda estética (M. Antonio y A. Cunqueiro)...

Seguir lendo "Resumen os dous de sempre castelao" »

Apuntamentos de Lingua e Literatura Galega: Narrativa, Sintaxe e Rexistros

Lingua e literatura8,39 KB

Narratoloxía: espazo, tempo e personaxes

Espazo: lugar onde o autor sitúa os feitos narrados e por onde se moven os personaxes. Pode ter un valor simbólico, dependendo da súa connotación. O espazo exacto onde aparecen os personaxes chámase marco.

Tempo interno: lapso temporal en que se desenvolven os personaxes e os acontecementos.

Tempo histórico: momento histórico no que se sitúan os feitos narrados.

Tempo do discurso:

  • Desenvolvemento lineal: os feitos seguen unha orde cronolóxica.
  • Mediante anacronías: os feitos preséntanse alterando a súa orde. Analepse: salto cara ao pasado. Prolepse: salto cara ao futuro.

Segundo o ritmo narrativo:

  • Escena (mediante os diálogos, coincide a historia e o discurso).
  • Resumo (ritmo rápido).
  • Elipse (prescinde
...
Seguir lendo "Apuntamentos de Lingua e Literatura Galega: Narrativa, Sintaxe e Rexistros" »

Historia da Lingua Galega: Substratos, Romanización e Evolución do Galego

Lingua e literatura4,09 KB

Extractos

Substratos: linguas que se falaban antes da chegada dos romanos.

Adstrato: influencia recíproca entre linguas veciñas.

Superestrato: influencia exercida por unha lingua invasora.

Período prerromano

Os séculos previos á chegada da cultura e da lingua latina. As linguas prerromanas eran as linguas faladas antes da chegada dos romanos. O proceso de asimilación implicou a desaparición destas.

Romanización

Proceso histórico de asimilación e incorporación dos pobos ibéricos ao mundo cultural romano (sécs. III a.C. - V). Até finais do século I a.C. caracterízase pola hostilidade contra o pobo invasor. Desde o século III o latín convértese na nosa lingua. A partir do século III o latín vólvese lingua oficial en todo o territorio....

Seguir lendo "Historia da Lingua Galega: Substratos, Romanización e Evolución do Galego" »

Gramática e Enfoque Comunicativo na Ensinanza do Galego

Lingua e literatura3,2 KB

Reflexión sobre o lugar da gramática no enfoque comunicativo e sobre as vantaxes deste enfoque no ensino da lingua galega

Na ensinanza da lingua afócase a comunicación centrándose na comprensión oral (escoitar), na expresión oral (falar), na comprensión lectora e na expresión escrita, é dicir, en escoitar, falar, ler e escribir.

A partir desta definición podemos destacar como a gramática non é relevante neste enfoque, xa que este consiste en aprender a estrutura da lingua e realizar actividades como a análise sintáctica.

Este enfoque dá valor á lingua como instrumento a utilizar apropiadamente nas situacións sociais que se presentan a diario, e ten como obxectivo conseguir que o alumnado poida comunicarse mellor coa lingua.

Na...

Seguir lendo "Gramática e Enfoque Comunicativo na Ensinanza do Galego" »