Xeración Nós: Fases, Autores e Obras Clave da Literatura Galega

Lingua e literatura6,3 KB

Xeración Nós: Fases das Irmandades

As Irmandades da Fala atravesaron varias fases:

  1. Primeira fase: Sentáronse as bases políticas, que se deron a coñecer entre o pobo, con malos resultados e bandos divididos.
  2. Segunda fase: O nacionalismo estaba dividido. A Irmandade de Ferrol defendeuno con risco. Na Irmandade de Monforte creouse a Asemblea Nacional Galega, o que provocou a desaparición de todas as irmandades. A Irmandade da Coruña non entrou e separouse do resto ata a creación do Partido Galeguista.
  3. Terceira fase: Primo de Rivera, coa ditadura, reprimiu os nacionalismos, e a Irmandade da Coruña reconciliouse coa Nacional Galega.
  4. Cuarta fase (República): Fundouse a ORGA, dirixida por Casares Quiroga. A ORGA decidiu resucitar as Irmandades como organización minoritaria, o que culminou en 1931 coa creación do Partido Galeguista.

Prosa de Posguerra

  • Corte fantástica: Castelao.
  • Crítica á sociedade burguesa: Risco.
  • Análise da sociedade do AR: Otero Pedrayo.
  • Dignificación e narrativa curta.

Narrativa a principios do s. XX

  • Xosé Lesta Meis, Estebo.
  • Manuel García Barros, As aventuras de Alberte Quiñón.
  • Francisca Herrera Garrido, Neveda.

Xeración Nós: Características dos Autores

Estes autores proceden de familias fidalgas, polo que teñen acceso á universidade e a viaxes. Son solidarios co campesiñado e rexeitan a burguesía e o proletariado. Son autodidactas, cunha rigorosa formación intelectual, coñecen varias linguas e posúen estilos individuais.

Autores Principais

Risco

Fascinado polo exotismo oriental, escribiu narrativa, ensaio e teatro en lingua galega. Foi ideólogo das Irmandades e un dos líderes do nacionalismo. Meses antes da guerra deixou o partido por temor ao comunismo e despois apoiou o alzamento franquista.

Obras:

  • Contos alegóricos, A veliña vella.
  • Novelas breves: Do caso que lle aconteceu ao doutor Alveiros.
  • Novela: O porco de pe, primeira novela moderna.
  • Relato: Dédalus en Compostela.
  • Relatos de corte popular: O lobo da xente, A trabe de ouro e A de alcatrán.

Otero Pedrayo

Polígrafo da Xeración Nós. Na novela Arredor de si explica o percorrido ideolóxico da súa xeración. Foi profesor da universidade e, xa na posguerra, debeu recluírse na súa casa.

Obra:

  • Novelas curtas: Pantella, Home libre.
  • Libros de relatos: Entre a vendima e a castañeira.
  • Novelas: Os camiños da tapa de vida, Arredor de si.
  • Novelas histórico-culturais: A romaría de Xalmirez, Fran Vernero.
  • Novelas histórico-realistas: O purgatorio de Ramiro.
  • Novelas psicolóxicas: Escrito na néboa, Devalar.

Castelao

Artista plástico, destaca polo realismo crítico, a ironía, o humor e o compromiso. A guerra civil motivou os Álbums de guerra, Galicia mártir, Atila en Galicia e Milicianos, onde mostra as atrocidades bélicas.

Obra:

  • Novela breve: Memorias dun esqueleto, sobre diferentes clases sociais e a sátira política e social.
  • Cousas: mestura o debuxo co texto.
  • Retrincos: cinco contos de formato clásico con matices autobiográficos.
  • Os dous de sempre: unha novela longa cuxos dous protagonistas representan, un a actividade e outro a pasividade.

Dieste

Autor da Xeración Nós sen pertencer a ela, escribiu un só libro, Dos arquivos do trasno, conxunto de 20 contos e un limiar.

Poesía, Teatro e Ensaio na Preguerra

Poesía

  • Antonio Noriega Varela: única obra, Montañesas, volume enxebrista de 18 poemas. A segunda edición, Do ermo, pasa a ter 30 textos influídos polo saudosismo e o franciscanismo.
  • Cabanillas: etapa de formación pregalega: No desterro e Vento mareiro. Etapa decisiva: Da terra asoballada. Etapa mítico-sudista: O mariscal, Camiños no tempo. Etapa mística: Antífona da cantiga, Versos alleos das terras e tempos idos.

Xeración de Vangarda

  • Manuel Antonio: Anacos no meu interior, Constantino cadeira, Foula, De catro en catro, Sempre... e despois, Vilardomar.
  • Luis Amado Carballo: Poel, O galo.
  • Fermín Bouza Brey: Nao Senlleira, Seitura.
  • Álvaro Cunqueiro: Mar ao norde, Poemas do sí e o non, Cantiga nova que se chama Ribeira, Dona do corpo delgado.

Teatro

  • Cabanillas: O mariscal.
  • Armando Cotarelo Valledor: Trebón, Lubicán, Beiramar, Mourenza, Sinxebra, Hóstia.

Teatro da Xeración Nós

  • Risco: O bufón del rei.
  • Otero Pedrayo: O desengano do priorio, Teatro de máscaras, A lagarada.
  • Castelao: Os vellos non deben namorarse.
  • Dieste: A fiestra baldeira.

Ensaio

  • Vicente Risco: Teoría do nacionalismo galego, Nós, os inadaptados, Mitteleuropa, varios volumes sobre etnografía.
  • Otero Pedrayo: ensaio histórico sobre a cultura galega, ensaio xeográfico, guías de Galicia, libros de viaxes como Peregrinaxes, que narra unha excursión que fixo con Risco, e semblanzas biográficas como Libro dos amigos.
  • Castelao: Sempre en Galicia.

Descargar

PDF Word HTML