A Nova Narrativa Galega: Orixes, Autores e Obras clave

Lingua e literatura2,98 KB

A Nova Narrativa Galega (1950-1980)

Nova Narrativa Galega (NNG): Aparición das primeiras obras ata 1980. O proceso de renovación da NNG supón unha profunda modernización ao incorporar innovacións técnicas e temáticas inspiradas nas modernas literaturas europeas e de EE. UU.

Moitos consideran Nace un árbore de Gonzalo Mourullo, publicada en 1954, como a obra fundacional na que atopamos as características da NNG. Discrétase sobre a data de finalización: para algúns é a principios dos 70 e para outros 1980 con Cara Times Square de Camilo Gonsar.

Características principais

  • INTEGRANTES: Sólida formación universitaria e coñecemento doutras culturas e literaturas, das que reciben influencias importantes.
  • LITERATURA: Afán anovador manifestado en numerosos aspectos das súas obras.
  • TEMÁTICA: Angustia e illamento do home nun mundo opresivo e abafante, rebeldía e loita; o ser humano é descrito como obxecto. Técnicas obxectalistas nun mundo gobernado polas leis do mercado. Degradación do individuo, concepción absurda da existencia. Introdución de novos enfoques e técnicas narrativas. Espazo indeterminado e místico. Tempo rupturista.
  • MEMBROS: Gonzalo Mourullo, Méndez Ferrín, Carlos Casares, Xosé Queizán, Xohan Casal, Camilo Gonsar.

Autores e obras destacados

Gonzalo Mourullo

  • Nace un árbore (1954): 3 contos, monólogo interior, tratamento simbólico dos temas, creba da liña temporal clásica.
  • Memorias de Tains (1956): Epistolar, existencialista, vangardismo.

Xosé Luís Méndez Ferrín

  • Percival e outras historias (1958): Mundo simbólico, escenarios descoñecidos.
  • O crepúsculo e as formigas (1961): Mundo fantástico, aumenta a violencia, ambientes opresivos, morte de personaxes, realidade adversa.
  • Arrabaldo do norte: Novela obxectalista, influencia do nouveau roman.
  • A orella no buraco (1965).

Carlos Casares

  • Vento ferido (1967): 12 relatos, novidades técnicas, ruptura temporal.
  • Cambio en tres (1967): Estilo obxectalista, preocupación pola experimentación de técnicas.

Camilo Gonsar

  • Lonxe de nós e dentro (1961) e Como calquera outro día (1962): Enfoque obxectivo, temas de angustia, predominio de temas do mundo en xeral.

Xosé Neira Vilas

  • Memorias dun neno labrego (1961) e Cartas a Lelo (1971): Situación sociopolítica, dinamización cultural, nace a promoción dos premios de narrativa.

Estes autores asumen a innovación técnica da NNG cun gran protagonismo na temática social. Entre eles tamén destacan Alfredo Conde, Xavier Alcalá e Víctor Freixanes.

Descargar

PDF Word HTML