Trobadores e xograres na lírica medieval galego-portuguesa
Resumo
O texto presenta o lirismo medieval galego-portugués entre 1200 e 1350, distinguindo as cantigas profanas e relixiosas, o contexto histórico do reino de Galicia e o ambiente de lecer aristocrático no que xurdiu a poesía trobadoresca. Tamén explica como chegaron a nós as cantigas a través dos cancioneiros e as características da lingua galego-portuguesa.
Puntos clave
- Entre 1200 e 1350 ten lugar a eclosión da lírica medieval galego-portuguesa, con cantigas de amigo, amor, escarnio e maldicir (profanas) e cantigas de Santa María (relixiosas).
- O trobador necesitaba xograres para interpretar as súas composicións, mentres que o xograr e o segrel eran membros da nobreza que compoñían como lecer.
- Coñécense 1679 cantigas profanas compostas por uns 161 trobadores e xograres.
- Os principais cancioneiros son o da Ajuda (A), o da Biblioteca Nacional (B) e o da Vaticana (V), todos con copias do século XVI nos dous últimos.
- A lingua medieval denomínase galego-portugués por ser unha evolución do latín vulgar falado no noroeste peninsular desde os séculos V-VII.
O Lirismo medieval Galego-Portugués. O tempo dos trobadores
Durante unha etapa entre os anos 1200-1350, ten lugar a eclosión da lírica medieval galego-portuguesa. Trobadores e xograres compoxeron as cantigas, nas súas diversas modalidades. O lirismo galego-portugués ten dúas grandes vertentes:
·Textos de carácter profano, e son as cantigas de amigo, amor, escarnio e maldicir.
·Cancioneiros de carácter relixioso, e son as cantigas de Santa María, de Alfonso X “o Sabio”
O Contexto histórico: reino medieval de Galicia
No ano 711, os árabes chegan á Península Ibérica. Galicia constituíu o maior espazo libre de dominio islámico e os propios musulmanes a chamaban Jalikiya, pero no ano 1492 reconquistouse Granada, grazas a desaparición do califato de Córdoba. Durante toda esta etapa tivo lugar o nacemento e expansión dos dominios de Asturias, León, Castilla, Galicia…
No ano 1230 tivo lugar a unión de Gaicia-León con Castela. E, ademais, o descubremento do sartego do Apóstolo Santiago entre os anos 842 e 847, propiciou a nacenza e expansión da cidade de Santiago de Compostela e converteuse nun dos grandes centros de cristianidade.
As distraccións e o lecer no medievo: o espectáculo trobadoresco
Durante a Idade Media, os nobres, dispuxeron de moito tempo libre. A caza, xustas e torneos foron ocupacións fundamentais para esas horas de lecer. A celebración de festas e de reunións durante as cales se cantaba e danzaba é o terreo onde eclosiona o mundo trobadoresco. Estamos diante dunha lírica culta, propia de ambientes aristocráticos; algo que non impide que rexistremos nela aqueles apartados populares, comúns a unha tradición de “canción amorosa de muller”. Ademais, constitúe tamen motivo de controversia a influencia da Occitania. As cantigas eran acompañadas por diferentes instrumentos musicais e tamén con bailes e danzas. Monarcas e grandes señores participaban directamente no espectáculo acompañados por xente máis humilde. Deste xeito temos que falar das figuras do trobador (precisaban de xograres para interpretar as súas composicións e son xente de baixa clase social) e do segrel e do xograr (membros da nobreza que compoñían cantigas como unha ocupación do seu tempo de lecer).
A transmisión do lirismo medieval: os cancioneiros
Se coñecen 1679 cantigas profanas compostas por uns 161 trobadores e xograres. Estes textos chegan a nós a través dunha serie de cancioneiros, dos que destacan 3 grandes códices: un compilado no propio tempo dos trobadores, e os outros 2 son copias realizadas no S. XVI
·Cancioneiro de Ajuda (A) / ·Cancioneiro da Biblioteca Nacional (B) / Cancioneiro da Vaticana (V) / De entre follas soltas destacan o Pergamiño Vindel (N) e o Perg. Sharrer (T).
As linguas romances e o galego-portugués
Na etapa medieval a verdadeira diferenza estaba entre o latín (lignua da Igrexa) e o romance. Tendo en conta que o romance que aínda falamos na actualidade, naceu ao norte e sur do río Miño, semella acertada a escolla de denominar galego-portugués a lingua medieval e a modalidade que reflicten as cantigas trobadorescas. É unha evolución do latín vulgar falado no noroeste peninsular dende o S.V-VII. Na fonética: -Consoantes: /s/ ao s ou -ss- (nosso), na morfoloxía: meu senhor/mia senhor e no léxico: uso de ar, chus, eire…
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Cal é a diferenza entre trobador e xograr?
O trobador compoñía as cantigas pero precisaba de xograres para interpretalas, e pertencía a unha clase social baixa. O xograr era, segundo o texto, un membro da nobreza que compoñía cantigas como ocupación do seu tempo de lecer.
Cantas cantigas profanas se coñecen?
Coñécense 1679 cantigas profanas compostas por uns 161 trobadores e xograres.
Cales son os principais cancioneiros?
Destacan tres códices: o Cancioneiro da Ajuda (A), o da Biblioteca Nacional (B) e o da Vaticana (V). Os dous últimos son copias realizadas no século XVI.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.