A Prosa e Poesía Galega de Posguerra: NNG e Xeracións

Lingua e literatura4,23 KB

Novos Narradores Galegos (1954-1970)

Están protagonizados por autores/as novos e con formación universitaria. Rachan coa forma de narrar tradicional, optan por múltiples formas narrativas: 1ª persoa, narración epistolar, corrente de conciencia. Renuncian á liña de tempo e localización concreta. Espazos urbanos, dan entrada ao mundo dos soños. Tratan o ser humano como un obxecto máis, degradado. Renegan do eixebrismo, teñen universalidade nos textos. Introducen temas como o sexo, a violencia e o absurdo existencial. Influencias do Nouveau Roman francés, Proust, Joyce, Kafka...

Autores destacados

  • Neira Vilas: Non pertence aos NNG pero escribe neste tempo: Memorias dun neno labrego / Cartas a Lelo / Aqueles anos do Moncho.
  • Méndez Ferrín: Percival e outras historias / O crepúsculo e as formigas / Arrabaldo do norte.
  • Carlos Casares: Vento ferido / Cambio en tres.
  • María Xosé Queizán: A orella no buraco / Amantia / A semellanza / O segredo da pedra Figueira / Amor de tango.

Prosa e Poesía de Posguerra

Xeración do 36

  • A. Iglesia Alvariño: Comarros Verdes / De día a día / Lanza de soedade / Nenias. Temas: soidade, paso do tempo, morte.
  • Xosé María Díaz Castro: Nimbos. Temas: amor, morte, vida, nostalxia da infancia perdida, forte arraigamento coa terra, relixiosidade.
  • Luis Pimentel: Triscos / Sombra do aire na herba. Pesimismo ante a vida que contrasta coa descrición de ambientes finos e requintados.

Promoción Enlace

  • A. Tovar: Arredores / Calados esconxuros / Berros en voz baixa / A nada destemida / Cadáver adiado. Intención social co intimismo.
  • Manuel Cuña Novás: Fabulario novo.
  • Luz Pozo Garza: Concerto de outono / Códice Calixtino / Vida secreta de Rosalía.

Xeración dos 50

Desarraigamento e angustia. Escola de Tebra. Cara aos 60 poesía social.

  • Uxio Novoneyra:
    • Paisaxísticas: Os eidos / Elexias do Courel e outros poemas.
    • Social: Poemas caligráficos / Do Courel a Compostela.
    • Amorosa: Muller pra lonxe.
  • Avilés de Taramancos: O tempo no espello / Cantos caucanos / As torres no ar / Única fuxida a Harar.
  • Manuel María: Terra Chá / Poemas para construir unha patria / A primavera de Venus.
  • Bernardino Graña: Profecía do mar / Non vexo Vigo nin Cangas.
  • Xohanna Torres: Do sulco / Estacións ao mar / Tempo de ría.
  • Celso Emilio Ferreiro:

    Liñas temáticas:

    • SOCIAL: solidaria cos oprimidos e denunciadora dos males sociais.
    • INTIMISTA: manifesta o seu inconformismo e desacougo existencial, identificación coa terra, fugacidade da vida, evocación da infancia e o amor.
    • IRÓNICA: corrosiva e crítica, chea de humor sarcástico, métrica variada, predomina o versolibrismo.

    Obras: O soño sulagado / Longa noite de pedra / Viaxe ao país dos ananos / Cantigas de escarnio e maldicir / Cemiterio privado / Onde o mundo se chama Celanova.

Descargar

PDF Word HTML