Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Lingua e literatura

O Rexurdimento Galego: orixe, contexto e autores clave

Lingua e literaturaActualizado o 2,99 KB

O Rexurdimento: Orixe e Contexto Histórico

Orixe do Movemento

Este movemento, entre finais do século XIX e principios do XX, impulsou a recuperación da nosa cultura. En 1863 publicouse Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o inicio deste período. Esta publicación supuxo a demostración do galego como lingua apta para chegar aos máis altos graos de expresión artística.

Factores que Impulsaron o Rexurdimento

O Rexurdimento prodúcese pola combinación dos seguintes factores:

  • A influencia das ideas da Ilustración (S. XVIII) en personaxes como o Padre Sarmiento.
  • A repercusión da Guerra da Independencia, que xerou a conciencia dun pobo que precisaba un autogoberno.
  • A ideoloxía romántica, que exaltaba a liberdade e a defensa
...
Seguir lendo "O Rexurdimento Galego: orixe, contexto e autores clave" »

Galicia no século XIX: Rexurdimento, galeguismo e lingua galega

Lingua e literaturaActualizado o 2,75 KB

Galicia no século XIX

O século XIX foi unha época de cambios importantes en Galicia, que afectaron ao ámbito político e social, pero tamén ao cultural e lingüístico. Estes cambios déronse dun xeito continuo ao longo de todo o século, mesmo na literatura.

O Rexurdimento

O 17 de maio de 1863 é a data que marca simbolicamente o comezo do noso pleno Rexurdimento literario, coa publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.

No seo desta cidade fóronse producindo enfrontamentos entre dous bloques ideolóxicos: os conservadores (partidarios do absolutismo) e os liberais (herdeiros dos ilustrados do XVIII). A partir da ideoloxía liberal e da romántica aparece o galeguismo. Este movemento político tivo tres etapas:

  • Provincialismo:
...
Seguir lendo "Galicia no século XIX: Rexurdimento, galeguismo e lingua galega" »

Os biosbardos de Eduardo Blanco Amor: resumo

Lingua e literaturaActualizado o 1,41 KB

outros poetas vangardistas: Álvaro Cunqueiro pàrticipou tamén dos outros movementos de vangardas, sobre todo do Cubismo e do Surrealismo.--Eduardo Blanco Amor: publica Romances galegos de liña popularista, próxima á poesia de Xeracion dos 27 castelá, e Poema en catro tempos.--ManuelLuís Acuña. Publicou fírgoras fundamentalmente creacionista.-- Luís pimentel: Triscos.  A prosa de vangasrdas: Rafael Dieste é o máis importante prosista desta xeración, escribiu Dos arquivos do trasno, un conxunto de relatos de misterio no que retrata a psicoloxia da xente galega,a obra de teatro A fiestra valdeira.

As vangardas e os novecentistas na literatura e arte galegas

Lingua e literaturaActualizado o 3,96 KB

AS VANGARDAS

A Literatura e a arte galega experimentaron a comezos do século XX un Proceso de renovación froito das vangardas. Estas constitúen unha reacción Contaxiosa contra a mentalidade burguesa de finais do XIX. Transforman a idea De arte e do papel do artista na sociadade.  Ademáis, buscan a orixinalidade de forma obsesiva, e fan do experimentalismo, da rebeldía e da liberdade creativa a Súas razón de ser.Cada un destes movementos constituíu un ismo; corrente Cos seus propios postulados, defendidos a través de manifestos vangardistas.

ismos

Cubismo. Achegou ao campo da literatura os caligramas, a frecuencia de alusións a Conceptos espaciais e lineais, e a ruptura da secuencia temporal lóxicA

Futurismo. Exaltación da máquina,...

Seguir lendo "As vangardas e os novecentistas na literatura e arte galegas" »

Planos, eixes e movementos do corpo humano en Educación Física

Lingua e literaturaActualizado o 4,86 KB


ANEXO I: ELEMENTOS ESTRUCTURAIS DO MOVEMENTO

Para o estudo do movemento, dentro da dimensión mecánica, faise referencia a continuación, a unha serie de eixes e planos corporais.
En E.F., enténdese coma plano a representación dunha superficie plana (bidimensional) imaxinaria que pasa a través do corpo na súa posición anatómica (en bipedestación coas palmas das mans cara adiante). Os planos pódense clasificar en:

- Plano saxital: divide o corpo en sentido anteroposterior ó longo da liña media en 2 partes iguais, dereita e esquerda.
- Plano frontal: divide o corpo en sentido lateral en 2 partes, a anterior ou facial e a posterior ou dorsal.
- Plano transversal ou horizontal: divide o corpo en 2 metades, superior ou cefálica e inferior
...
Seguir lendo "Planos, eixes e movementos do corpo humano en Educación Física" »

A fiestra valdeira: teatro de vangarda de Rafael Dieste e o teatro galego das irmandades

Lingua e literaturaActualizado o 3,19 KB

Tema 4
1. Introdución (ambiente no teatro a inicios do século XX):
Teatro rexionalista caracterizado polo Realismo costumista (dramas rurais), o drama histórico (episodios
e personaxes destacados do pasado) e a dramática escrita en verso. A institución de referencia é a
Escola al de Declamación (1903) que estivo baixo a dirección de Lugris Freire. Destacan como obras
desta etapa: iFilla! (Galo Salinas) ou A ponte (Lugris Freire).
Teatro cunha maior dimension social: denuncia do caciquismo, sátira de tipos sociais (emigrante
desgaleguizado, por exemplo).
2. O teatro do tempo das lrmandades
-Ao igual ca na prosa, busca a renovación centrada na o proxecto cultural das modernización e
universalización do xénero. O Conservatorio Nacion da Arte
...
Seguir lendo "A fiestra valdeira: teatro de vangarda de Rafael Dieste e o teatro galego das irmandades" »

Historia da literatura galego-portuguesa medieval: esplendor e decadencia

Lingua e literaturaActualizado o 4,4 KB

A Era Compostelá: Esplendor (séculos XII-XIII)

Caracterizábase por:

  • Galicia como terra de retagarda na guerra contra os árabes, o que provocou unha paz relativa que permitía o aumento da poboación e o florecemento do comercio.
  • Melloras na agricultura.
  • Crecemento das urbes e forte tensión co poder nobiliario que desembocou nas chamadas Revolucións Irmandiñas.
  • Compostela, grazas aos restos do Apóstolo Santiago, converteuse nun dos tres grandes centros de peregrinación medieval europea, e iso conlevou que o Camiño de Santiago trouxo riqueza á terra.
  • Papel destacado da nobreza de orixe galega na corte Asturleonesa.

Decadencia Socioeconómica e Política de Galicia (Baixa Idade Media)

Factores:

  • A independencia de Portugal en 1121.
  • A unificación
...
Seguir lendo "Historia da literatura galego-portuguesa medieval: esplendor e decadencia" »

Cantigas de amigo galegas: análise, símbolos e recursos

Lingua e literaturaActualizado o 3,81 KB

Vaiamos irmana, vaiamos durmir

Resumo: a moza pide á irmá que a acompañe a durmir na beira do lago onde está cazando aves o seu amigo. As que cantan ben non as mata (lectura literal)

Lectura simbólica: a moza pide á irmá que a acompañe na beira do lago onde ten unha cita co seu namorado. O mozo anda conquistando chicas na beira do lago e queda coas máis guapas.

Símbolos:

  • As aves: que simbolizan as mozas.
  • Cazar aves: conquistar a moza.
  • As aves que cantan ben: son as mozas guapas.

Lugar:

Na beira do lago.

A que se dirixe a moza?

Diríxese á irmá que actúa como confidente.

Recursos:

  • Paralelismo (o primeiro verso de cada estrofa de dous a dous)
  • Leixaprén
  • Refrán: último verso de cada estrofa.

Ainas Nunes

Resumo: a protagonista pide ás amigas que...

Seguir lendo "Cantigas de amigo galegas: análise, símbolos e recursos" »

Normativización do galego: variedade estándar e desviacións da norma

Lingua e literaturaActualizado o 4,46 KB

Historia da Normativización: Variedade Estándar e Desviacións

O galego aspira a ser un instrumento útil e eficaz para a sociedade do futuro, ademais de ser o núcleo cultural de toda a comunidade galega. Para que poida cumprir esta función, precisa dunha variedade uniformada que sirva de vehículo para a comunicación formal, é dicir, a que se produce no ensino, nos medios de comunicación escritos, na administración... O proceso a través do cal se elabora esta variedade denomínase estandarización lingüística ou normativización.

O proceso de normativización dunha lingua está estreitamente relacionado co da súa normalización.

A normalización lingüística supón aumentar o número de falantes, así como estender as súas funcións;...

Seguir lendo "Normativización do galego: variedade estándar e desviacións da norma" »

O galego no século XXI: características lingüísticas e situación sociolingüística

Lingua e literaturaActualizado o 3,27 KB

O Galego a Finais do Século XX e XXI: Características Lingüísticas, Contexto Histórico e Situación Sociolingüística

Características Lingüísticas Fundamentais

O galego é unha lingua nun avanzado proceso de estandarización. O estándar do galego é a variante lingüística aceptada e coñecida, depurada de vulgarismos e castelanismos, e cun amplo vocabulario. A variante estándar é unha variedade de uso, e a normativa consiste nunha serie de normas ortográficas e morfolóxicas. No galego estándar atopamos dous modelos:

  • Galego espontáneo: De transmisión xeracional, pouco influenciado polo estándar. Caracterízase por: enxebreza fónica, riqueza dialectal, vulgarismos e castelanismos.
  • Neogalego: De adquisición primaria da lingua.
...
Seguir lendo "O galego no século XXI: características lingüísticas e situación sociolingüística" »