Lingua Minorizada e Diglosia en Galicia: Situación e Retos

Lingua e literatura3,01 KB

S3. Diglosia e Substitución Lingüística

Convivência de Linguas e Xerarquía Social

Se nunha comunidade hai dúas linguas, créase unha xerarquía social: a lingua dominante vai ocupando os ámbitos da dominada ata provocar a súa substitución.

Á lingua dominada chámaselle lingua minorizada e é empregada só en ámbitos socioculturais baixos e ignorada nos máis elevados, onde se usa a lingua dominante.

Unha lingua minorizada non é igual a unha lingua minoritaria (número de persoas que a empregan). Unha lingua minorizada pode ser a maioría nunha comunidade lingüística, como en Galicia.

Plurilingüismo e Realidade Europea

En Europa a maioría dos Estados son plurilingües, e a coexistencia das diferentes linguas dentro das comunidades provoca a diglosia ( agás en Suíza e Bélxica en teoría). Polo tanto, hai moitas linguas minorizadas e, nalgúns casos, están divididas por fronteiras políticas.

O status e o nivel de uso nas linguas minorizadas e minoritarias son moi distintos. Por exemplo:

  • O gaélico, lingua oficial en Irlanda, úsase só como lingua ritual.
  • O bretón, o occitano ou o corso sofren loitas centralistas co Estado francés.
  • Tamén ocorre algo similar co romanche en Suíza ou o sardo na illa de Sardeña.

No Estado español, as linguas minorizadas (galego, catalán, éuscaro) teñen maior status e son usadas en ámbitos máis amplos.

O Marco Legal e a Normalización en Galicia

Chegada da Democracia e Lexislación

Coa chegada da democracia establécese o actual marco legal grazas a:

  • A Constitución de 1978.
  • O Estatuto de Autonomía de 1981.
  • A Lei de Normalización Lingüística de 1983.

Isto favorece a recuperación e a normalización da lingua, pero tamén se require:

  1. Acción institucional do poder político: Coas administracións públicas de Galicia (Xunta, concellos, deputacións).
  2. Acción colectiva non institucional: Por asociacións e colectivos (Pro Lingua, Queremos Galego...).
  3. Acción individual: Esforzo persoal, romper hábitos e conductas contra a situación da nosa lingua. Esta acción necesita das anteriores.

Para o éxito das accións é necesario un proceso de dinamización implicando colectivos e individuos, con medidas que promovan o uso da lingua e sensibilicen a sociedade.

O Futuro do Galego: Retos e Amenazas

Herramientas Actuais e Perigo de Substitución

Nunca ata hoxe en día o galego tivo tantas armas: ensino, RTVG, campañas publicitarias, cooficialidade...

O perigo da súa substitución está na ausencia de transmisión xeracional, na pouca presenza nos medios de comunicación de masas...

A corrente regaleguizadora non compensa a perda de falantes, e o galego pode converterse nunha lingua ritual. Só a lealdade individual, social e económica poderá evitar este proceso.

Descargar

PDF Word HTML