Literatura Galega: A Terceira Etapa e o Teatro do Século XX

Lingua e literatura3,28 KB

A Terceira Etapa da Narrativa Galega

3ª etapa: A partir dos 80. Volta á fantasía, ás recreacións míticas. Maior preocupación estilística. Carlos Casares (Ourense 1941 - Vigo 2002). Libro de relatos: Vento ferido (1967) (os relatos «Monólogo» e «O xogo da guerra» figuran en moitos libros de texto). Novela: Cambio en tres (1969). Prosa posterior sinxela, moi traballada.


O Teatro Galego na Posguerra e o Exilio

TEMA 8. O teatro sufriu máis ca outros xéneros a consecuencia da guerra e da posterior ditadura. Pervivencia grazas ao exilio. Castelao: Os vellos non deben de namorarse (Bos Aires). Manuel Varela Buxán, teatro galego na Arxentina. Autor teatral, director, actor. Obras de corte rural-costumista, humorístico. Crítica social. A compañía de Maruxa Villanueva representou Os vellos non deben de namorarse.

Novas Iniciativas e Autores

Eduardo Blanco Amor dirixiu o Teatro Popular Galego (1957). Escribiu pezas recompiladas en dous volumes: Farsas para títeres (1973) (farsas, non realistas, imaxinativas, elemento fantástico, satírico, público culto. Destaca A tía Lambida) e Teatro pra a xente (1974) (obriñas de realismo costumista).

O Teatro entre 1950 e 1965

Galicia 1950-1965: teatro máis para ler que para representar, dirixido a unha minoría intelectual galeguista coñecedora do teatro francés. Utilizaba mitos, personaxes da traxedia clásica grega para expoñer conflitos actuais, con influencia do existencialismo. Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1958). Ricardo Carballo Calero (1971) Catro pezas (contén Farsa das zocas). Publícanse obras teatrais de membros da Xeración dos 50: Xosé Luis Franco Grande, Arcadio López Casanova, Manuel María (Barriga verde, 1973).

O Rexurdimento Teatral dos Anos 60 e 70

Mediados dos 60: a mellora da situación social e económica propicia a actividade teatral (malia ser o xénero sempre menos cultivado da literatura). En 1965 xorde «O Facho», dirixido por Manuel Lourenzo, que funda dous anos máis tarde o primeiro grupo independente. As Mostras de Teatro de Ribadavia (1973-1980) foron un punto de encontro de abondosos grupos teatrais independentes e un estímulo para os autores.

Autores Clave do Teatro Independente

Euloxio Rodríguez Ruibal: Zardigot (1973), autor de teatro experimental, comezou escribindo obras influídas polas técnicas cinematográficas e comprometidas coa realidade social e política. 2ª etapa: textos máis cómicos, satíricos, sobre a situación galega. Teatro infantil.

Manuel Lourenzo: actor, director, autor teatral. Unha das figuras máis importantes dos últimos 40 anos. Tres ciclos: c. mítico (recrea personaxes míticos do teatro grego, coma en Electra), c. histórico, c. experimental. A súa interpretación dun mariñeiro na serie da TVG Mareas vivas deuno a coñecer a todo o público.

Roberto Vidal Bolaño: autor, actor, director. Dous camiños diferentes: textos simbólicos con raíces populares e textos máis complexos cunha visión pesimista da vida, como Laudamuco, señor de ningures (1976).

Descargar

PDF Word HTML