Planos, eixes e movementos do corpo humano en Educación Física
Resumo
O documento explica os planos corporais (saxital, frontal e transversal) e os eixes sobre os que se realizan os movementos (vertical, anteroposterior e transversal). Inclúe unha táboa que relaciona cada plano e eixe coas súas accións correspondentes, como flexión, extensión, abdución, adución e rotacións. Tamén achega anexos con imaxes do esqueleto, da columna vertebral, da man, do pé e dos músculos do corpo humano.
Puntos clave
- O plano saxital divide o corpo en partes dereita e esquerda ao longo da liña media.
- O plano frontal divide o corpo en parte anterior (facial) e posterior (dorsal).
- O plano transversal ou horizontal divide o corpo en metade superior (cefálica) e inferior (caudal).
- O eixe vertical é perpendicular ao plano transversal e os movementos ao seu redor son as rotacións interna e externa.
- O eixe anteroposterior é perpendicular ao plano frontal e os movementos ao seu redor son a abdución e a adución.
- O eixe transversal é perpendicular ao plano saxital e os movementos ao seu redor son a flexión e a extensión.
ANEXO I: ELEMENTOS ESTRUCTURAIS DO MOVEMENTO
Para o estudo do movemento, dentro da dimensión mecánica, faise referencia a continuación, a unha serie de eixes e planos corporais.
En E.F., enténdese coma plano a representación dunha superficie plana (bidimensional) imaxinaria que pasa a través do corpo na súa posición anatómica (en bipedestación coas palmas das mans cara adiante). Os planos pódense clasificar en:
- Plano saxital: divide o corpo en sentido anteroposterior ó longo da liña media en 2 partes iguais, dereita e esquerda.
- Plano frontal: divide o corpo en sentido lateral en 2 partes, a anterior ou facial e a posterior ou dorsal.
- Plano transversal ou horizontal: divide o corpo en 2 metades, superior ou cefálica e inferior ou caudal.
Defínese coma eixo a unha liña imaxinaria que atravesa o corpo e ó redor do cal execútanse os movementos. Poden dividirse en:
- Eixo vertical ou cefalopodal: é o máis longo do corpo e vai dende a cabeza ata o centro das superficies de apoio formadas polos pés. É perpendicular ó plano horizontal ou transversal; os movementos realizados ó redor deste eixo chámanse rotación externa e rotación interna.
- Eixo anteroposterior: liña media imaxinaria perpendicular ó plano frontal e que o atravesa de adiante-atrás. Os movementos realizados en torno a este eixo chámanse abdución (ou separación da liña media) e adución (ou aproximación á liña media corporal).
- Eixo transversal: atravesa o corpo imaxinariamente de lado a lado sendo, ademais, perpendicular ó plano saxital. Os movementos feitos sobre este eixo chámanse flexión e extensión.
Táboa dos movementos existentes nos diferentes planos corporais e ó redor dos eixes correspondentes.
Plano Eixe Acción Dirección Plano Eixe Acción Dirección
saxital transversal flexión / extensión adiante / atrás
frontal anteroposterior abdución / adución (separación / aproximación) afastar / achegar (lateralmente)
transversal ou horizontal vertical rotación interna / externa dentro / fóra
ANEXO II: XERALIDADES SOBRE ANATOMÍA HUMANA
ESQUELETO HUMANO
(vista anterior)
COLUMNA VERTEBRAL
(vista anterior)
MAN DEREITA
(vista posterior)
PÉ DEREITO
(vista superior)
MÚSCULOS DO CORPO HUMANO
Membro Superior: vista anterior
Membro Superior: vista posterior
Tronco: visión anterior
Tronco: visión posterior
Membro Inferior: visión anterior
Membro Inferior: visión posterior
Músculos: visión anterior
Músculos: visión posterior
Descargar
PDF Word HTMLPreguntas frecuentes
Que é o plano saxital?
É o plano que divide o corpo en sentido anteroposterior, ao longo da liña media, en dúas partes iguais, dereita e esquerda.
Que movementos se realizan ao redor do eixe transversal?
Sobre o eixe transversal realízanse os movementos de flexión e extensión, que se dan no plano saxital en dirección adiante e atrás.
Que diferenza hai entre abdución e adución?
A abdución é o afastamento da liña media corporal e a adución é a aproximación a ela, ambas realizadas ao redor do eixe anteroposterior.
Ponte á proba
Tarxetas de repaso
Preme nunha tarxeta para ver a resposta.
Test
Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.