O Rexurdimento Galego: orixe, contexto e autores clave

Lingua e literaturaActualizado o 2,99 KB

Resumo

O texto explica a orixe do Rexurdimento galego entre finais do século XIX e principios do XX, cos factores históricos e ideolóxicos que o impulsaron. Presenta as características xerais do movemento, con predominio da lírica, e a produción narrativa inicial. Tamén repasa a importancia da prensa e os autores Marcial Valladares e Valentín Lamas Carvajal e as súas obras.

Puntos clave

  • O Rexurdimento comeza coa publicación de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro en 1863.
  • Influíron nel a Ilustración, a Guerra da Independencia, o Romanticismo e a defensa da descentralización de Galicia.
  • Ata comezos do século XX non existía unha tradición literaria culta en galego e predomina a lírica.
  • Aparecen os primeiros contos literarios e as primeiras novelas en galego, de Marcial Valladares e López Ferreiro.
  • Valentín Lamas Carvajal fundou en 1876 o primeiro xornal integramente en galego, O Tío Marcos da Portela.
  • O catecismo do labrego (1889) de Lamas é unha parodia do catecismo de Padre Astete con humor e lingua popular.

Ponte á proba

O Rexurdimento: Orixe e Contexto Histórico

Orixe do Movemento

Este movemento, entre finais do século XIX e principios do XX, impulsou a recuperación da nosa cultura. En 1863 publicouse Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, obra que marca o inicio deste período. Esta publicación supuxo a demostración do galego como lingua apta para chegar aos máis altos graos de expresión artística.

Factores que Impulsaron o Rexurdimento

O Rexurdimento prodúcese pola combinación dos seguintes factores:

  • A influencia das ideas da Ilustración (S. XVIII) en personaxes como o Padre Sarmiento.
  • A repercusión da Guerra da Independencia, que xerou a conciencia dun pobo que precisaba un autogoberno.
  • A ideoloxía romántica, que exaltaba a liberdade e a defensa das culturas autóctonas.
  • A descentralización e defensa das peculiaridades de Galicia.

Características Xerais do Rexurdimento

  • Carencia dunha tradición literaria culta ata comezos do século XX.
  • Reivindicación do carácter diferenciado de Galicia, o que levou aos intelectuais do Rexurdimento a buscar nas raíces do país.
  • Predominio da lírica, importantísimo no Rexurdimento pola cantidade de obras producidas.

A Produción Narrativa

Predomina a lírica sobre a narrativa. Así e todo, aparecen os primeiros exemplos dos seguintes subxéneros:

  • O conto literario: Recrean ambientes rurais e adoitan ter matices reivindicativos.
  • A novela: Destacan Marcial Valladares e López Ferreiro por crear as primeiras novelas en galego. Tamén é relevante Valentín Lamas Carvajal pola súa faceta xornalística.

Nesta época, o papel da prensa foi decisivo xa que, ademais de aparecer os primeiros xornais integramente en galego, foi o vehículo de publicación de poemas e novelas.

Autores e Obras Clave

Marcial Valladares

Naceu en Vilancosta. É o autor de Maxina ou a filla espúrea (1880). O máis significativo é a fidelidade coa que o autor reflicte o uso diglósico do galego: as personaxes urbanas de clase acomodada falan en castelán e as do mundo rural falan en galego.

Valentín Lamas Carvajal

A súa faceta de xornalista levou á fundación en 1876 do primeiro xornal integramente escrito en galego, O Tío Marcos da Portela.

Como narrador, escribiu O catecismo do labrego (1889). Esta obra tivo moito éxito. É unha divertida parodia do Catecismo de la doctrina cristiana do Padre Astete, texto de lectura obrigatoria. Así, Lamas asegurábase de facer unha literatura accesible ás clases populares non exenta de humor. Lamas amosa un gran coñecemento da lingua viva e enxebre dos campesiños, reflectido nos trazos estilísticos propios da fala popular.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Cal é a obra que marca o inicio do Rexurdimento?

Cantares Gallegos de Rosalía de Castro, publicada en 1863, é a obra que marca o inicio deste período.

Cal foi o primeiro xornal escrito integramente en galego?

O primeiro xornal integramente en galego foi O Tío Marcos da Portela, fundado en 1876 por Valentín Lamas Carvajal.

Que é a obra O catecismo do labrego?

É un libro de Valentín Lamas Carvajal publicado en 1889, unha parodia do Catecismo de la doctrina cristiana do Padre Astete que combina humor e lingua popular.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. En que ano se publicou Cantares Gallegos de Rosalía de Castro?
2. Que xénero predomina no Rexurdimento?
3. Que autor fundou o primeiro xornal integramente en galego?
4. Que achega destaca Marcial Valladares en Maxina ou a filla espúrea?
5. Cal foi un dos factores que impulsaron o Rexurdimento?
6. Que parodia escribiu Valentín Lamas Carvajal?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.