O galego no século XXI: características lingüísticas e situación sociolingüística

Lingua e literaturaActualizado o 3,27 KB

Resumo

O texto analiza as características lingüísticas do galego estándar, distinguindo o galego espontáneo e o neogalego, e repasa o contexto histórico e demográfico que marcou a lingua desde finais do século XX. Tamén explica a situación sociolingüística actual, desde a diglosia ata o proceso de normalización, e a evolución da competencia lingüística dos falantes.

Puntos clave

  • O galego está nun avanzado proceso de estandarización, con normas ortográficas e morfolóxicas.
  • Distínguense o galego espontáneo, de transmisión xeracional, e o neogalego, de adquisición primaria.
  • Galicia sufriu emigración, despoboamento rural e a chegada de inmigrantes hispanoamericanos e magrebís.
  • O Estatuto de Autonomía de 1981 deu ao galego a consideración de lingua oficial xunto co castelán.
  • A Lei de Normalización Lingüística é de 1983 e en 1984 nacen a Radio e a TVG.
  • Actualmente o galego vive un proceso de normalización, pero tamén de desgaleguización acelerada.

Ponte á proba

O Galego a Finais do Século XX e XXI: Características Lingüísticas, Contexto Histórico e Situación Sociolingüística

Características Lingüísticas Fundamentais

O galego é unha lingua nun avanzado proceso de estandarización. O estándar do galego é a variante lingüística aceptada e coñecida, depurada de vulgarismos e castelanismos, e cun amplo vocabulario. A variante estándar é unha variedade de uso, e a normativa consiste nunha serie de normas ortográficas e morfolóxicas. No galego estándar atopamos dous modelos:

  • Galego espontáneo: De transmisión xeracional, pouco influenciado polo estándar. Caracterízase por: enxebreza fónica, riqueza dialectal, vulgarismos e castelanismos.
  • Neogalego: De adquisición primaria da lingua. Os seus trazos característicos son: o rexeitamento de vulgarismos, formas recuperadas, interferencias morfosintácticas do castelán e interferencias léxicas.

Contexto Histórico

No ámbito da demografía, Galicia sufriu un proceso de emigración, perdendo peso demográfico dentro do Estado e cun grande abandono rural, o que provocou despoboamento. Ao mesmo tempo, recíbense inmigrantes hispanoamericanos, magrebís, etc.

A situación socioeconómica está relacionada co sector servizos, despois dun abandono masivo do sector primario. Este cambio débese á entrada do Estado Español na UE. A situación política céntrase no labor reivindicativo no ámbito cultural e lingüístico, levado a cabo tanto por partidos nacionalistas como por asociacións culturais. Conséguese que Galicia sexa recoñecida como unha nacionalidade histórica e que o galego teña a consideración de lingua oficial xunto co castelán (Estatuto de Autonomía de 1981). En 1983, apróbase a Lei de Normalización Lingüística, e en 1984 nacen a Radio e a TVG. O galego é o idioma da vida institucional e política.

Situación Sociolingüística

A situación de Galicia anteriormente denominábase situación diglósica, termo que denota as desigualdades entre dúas linguas. Actualmente, o galego está a vivir un proceso de normalización lingüística, coa adquisición de melloras nos distintos ámbitos. Aínda así, nas últimas décadas acelerouse a acción desgaleguizadora, nun proceso substitutivo no cal o español segue a gañar falantes, quedando o galego restrinxido polos usos coloquiais familiares ou laborais.

A situación actual ten a favor que arredor da metade da poboación fala galego, e este está presente en todas as capas sociais. Porén, a desaparición da sociedade tradicional do rural axuda a acelerar a desgaleguización. O galego está presente en todas as capas sociais, pero existe unha certa actitude desgaleguizadora por parte dos sectores sociais máis visibles e poderosos. Moi poucos apostan pola endoculturización (creación sociocultural colectiva dos galegos).

A competencia lingüística é a capacidade que teñen os individuos para entender, falar, ler e escribir unha lingua. A competencia oral no galego é practicamente xeneralizada. Nos últimos anos, as catro competencias sufriron un importante incremento. O uso lingüístico do galego está a deixar de ser, por primeira vez na historia, a lingua maioritaria da poboación.

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que é o neogalego?

O neogalego é o modelo de galego de adquisición primaria da lingua, que se caracteriza pola eliminación de vulgarismos, a recuperación de formas e certas interferencias do castelán.

Cando se aprobou a Lei de Normalización Lingüística?

Aprobouse en 1983. No ano seguinte, en 1984, naceron a Radio e a TVG.

Que significa a situación diglósica de Galicia?

Denota as desigualdades entre dúas linguas, neste caso o galego e o castelán, nas que unha ten un papel social máis relevante que a outra.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que tipo de galego é o de transmisión xeracional?
2. En que ano se recoñeceu o galego como lingua oficial xunto co castelán?
3. Que mudanza socioeconómica se relaciona co cambio de sector?
4. Que termo denota as desigualdades entre dúas linguas?
5. Que fenómeno está a deixar de ocorrer por primeira vez na historia?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.