Cantigas de amigo galegas: análise, símbolos e recursos

Lingua e literaturaActualizado o 3,81 KB

Resumo

O documento analiza varias cantigas de amigo galegas, indicando para cada unha o tipo, a destinataria da voz poética, un resumo e os símbolos principais. Tamén recolle os recursos formais habituais, como o paralelismo, o leixaprén e o refrán. Serve para revisar as características e a simboloxía destas composicións medievais.

Puntos clave

  • As cantigas de amigo teñen como protagonista unha moza que fala do seu amigo (o namorado).
  • As aves que cantan ben simbolizan as mozas guapas, e cazar aves equivale a conquistar a moza.
  • O mar simboliza a separación e a ausencia do namorado, mentres que a auga simboliza a pureza.
  • O paralelismo, o leixaprén e o refrán son recursos formais moi frecuentes.
  • As cantigas de amigo poden ser bailadas, mariñas ou barcarolas, de romaría ou alba, segundo o ambiente e a situación.

Ponte á proba

Vaiamos irmana, vaiamos durmir

Resumo: a moza pide á irmá que a acompañe a durmir na beira do lago onde está cazando aves o seu amigo. As que cantan ben non as mata (lectura literal)

Lectura simbólica: a moza pide á irmá que a acompañe na beira do lago onde ten unha cita co seu namorado. O mozo anda conquistando chicas na beira do lago e queda coas máis guapas.

Símbolos:

  • As aves: que simbolizan as mozas.
  • Cazar aves: conquistar a moza.
  • As aves que cantan ben: son as mozas guapas.

Lugar:

Na beira do lago.

A que se dirixe a moza?

Diríxese á irmá que actúa como confidente.

Recursos:

  • Paralelismo (o primeiro verso de cada estrofa de dous a dous)
  • Leixaprén
  • Refrán: último verso de cada estrofa.

Ainas Nunes

Resumo: a protagonista pide ás amigas que vaian bailar con ela baixo as abeleiras, convida a bailar a todas as namoradas.

Recursos:

  • Refrán: último e antepenúltimo verso de cada estrofa.
  • Paralelismo

Símbolos:

As abeleiras floridas: simbolizan a xuventude e a primavera.

Tipo de cantiga:

Bailada.

Martín Codax

A que se dirixe a protagonista?

Ás ondas do mar.

Resumo:

A moza está na praia e pregúntalle ás ondas do mar polo seu namorado e se vai chegar pronto.

Símbolos:

  • O mar: simboliza a ausencia do namorado (a separación).
  • A auga: simboliza a pureza e a virxinidade.
  • As ondas do mar: actúan como confidente da moza.

Recursos:

  • Paralelismo
  • Leixaprén
  • Refrán: último verso de cada estrofa.

Tipo de cantiga:

Mariña ou barcarola.

Pero Meogo

A quen se dirixe a moza?

A nai. De feito é unha cantiga dialogada entre a nai e a filla.

Resumo:

A moza confésalle á nai o namorado que ten e que ten que ver ao seu namorado, ten medo que morra se ela non o visita. A nai confésalle que teña coidado porque antes a pretendía a ela.

Símbolos:

  • O cervo ferido: o namorado.
  • O mar: a separación, a ausencia do namorado.

Recursos:

  • Paralelismo

Johán de Cangas

Tipo de cantiga:

De romaría porque quedan na porta da igrexa.

A que se dirixe?

Diríxese á nai.

Resumo:

A moza pide á nai que lle deixe ir ver ao seu namorado, que hai moito que non o ve e que está sufrindo moito por ela e ela por el.

Recursos:

  • Refrán: último verso de todas as estrofas.
  • Paralelismo

Meedinho

Tipo de cantiga:

Mariña ou barcarola porque se ambienta nunha illa ou de romaría porque está nunha ermida.

Resumo:

A moza tivo unha cita co mozo na ermida de illa de San Simón, foi andando porque a marea estaba baixa e mentres espera polo mozo, que non da chegada, sobe a marea e queda illada. Non ten barco e non sabe nadar, ten medo a morrer sóa illada no mar.

Recursos:

  • Refrán: último verso
  • Paralelismo
  • Leixaprén

Símbolos:

O mar: como símbolo da separación amorosa.

Levou-s aa alva, levou-s a velida

Tipo de cantiga:

É unha alba porque se ambienta no amanecer.

Resumo:

Resumo literal: a moza levántase pola mañá e vai lavar os cabelos á fonte onde se atopa co seu amigo, un cervo que ven beber á fonte.

Resumo simbólico: a moza levántase pola mañá e vai ter un encontro amoroso co seu noivo na fonte.

Símbolos:

  • Lavar cabelos: relación erótica.
  • O cervo: o namorado.
  • Fonte: lugar de encontro.

Recursos:

  • Paralelismo
  • Refrán: últimos versos.
  • Leixaprén

Descargar

PDF Word HTML

Preguntas frecuentes

Que significa o cervo nas cantigas de amigo?

Nas cantigas analizadas, o cervo simboliza o namorado. Así aparece no cervo ferido de Pero Meogo e no cervo que bebe na fonte na alba.

Que simboliza o mar nas cantigas de amigo?

O mar simboliza a separación amorosa e a ausencia do namorado. Tamén aparece como confidente, como sucede coas ondas do mar.

Ponte á proba

Tarxetas de repaso

Preme nunha tarxeta para ver a resposta.

Test

1. Que simbolizan as aves nas cantigas de amigo analizadas?
2. Que simboliza o mar en Martín Codax?
3. Que recurso formal consiste en repetir o primeiro verso de cada estrofa de dous en dous?
4. Que tipo de cantiga é Levou-s aa alva, levou-s a velida?
5. Que simboliza a fonte na alba analizada?

Preguntas xeradas con IA a partir do documento: comproba as respostas co texto.