Séculos Escuros: Historia da Lingua Galega (XVI-XVIII)
O período chamado "Séculos Escuros" abrangue dende o século XVI ata o XVIII.
Xa no século XVI, o galego perde protagonismo na lingua escrita e pasa a ser unha lingua rexeitada e desprezada, o que se traduce nun menor uso, en beneficio do portugués, que pasa a ser a lingua empregada como lingua de Estado na gramática.
A chegada do castelán a Galicia (Século XVIII)
No século XVIII, coa chegada dunha clase burguesa foránea, prodúcese tamén a introdución da lingua castelá en Galicia. Unha porcentaxe elevada da poboación galega fala o galego, predominante tamén nos ambientes rurais. A isto hai que engadirlle a escasa escolarización e o alto grao de analfabetismo. Dada esta situación, pode apreciarse unha clara diferenciación en dous estratos, no que a clase máis baixa fala o galego e a clase burguesa e máis favorecida fala o castelán. Isto marca unha clara distribución da lingua en función da clase social.
A Ilustración e o galego (Século XVIII)
No século XVIII, coa chegada das ideas da Ilustración, o galego recupera algo de forza con algunhas propostas que fixo frei Martín Sarmiento, quen demandou un ensino en galego e tamén a condición de que todos os empregados civís e eclesiásticos debesen coñecer o galego.
Nesta época, a produción literaria foi escasa, pero houbo autores destacados como Feixoo e Cornide. Tamén o propio Sarmiento publicou os seus estudos filolóxicos de Galicia, nos que cabe destacar Coloquio en 1200 coplas, de valor excepcional, pois constitúe ó mesmo tempo un dos primeiros ensaios de restauración do cultivo escrito do idioma galego despois da decadencia tardomedieval, e unha achega fundacional á lingüística galega.
Características do galego nos Séculos Escuros
As características do galego pódense diferenciar en 3 niveis: fonético, morfosintáctico e léxico.
- Nivel fonético: O galego perde as vogais nasais que aparecían na lingua medieval e tamén a oposición sonora/xorda no grupo das sibilantes, existente tamén na lingua medieval.
- Nivel morfosintáctico: Pódense distinguir os usos de te/che segundo sexan Complemento Directo (CD) ou Complemento Indirecto (CI), e tamén algunhas diferenzas nalgunhas desinencias verbais (-ches e –des).
- Nivel léxico: Incorpóranse castelanismos como consecuencia da entrada do castelán en Galicia.