Historia e Evolución do Teatro e da Lingua Galega no Século XX

Lingua e literatura4,55 KB

O Teatro de Fins do Século XX e Comezos do XXI

Formación de Compañías Profesionais (1978-1983)

Grupos nacidos ao redor das Mostras de Ribadavia: Sarabela Teatro.

Institucionalización

O primeiro fito é a creación do Centro Dramático Galego, primeira compañía pública dependente da Consellería de Cultura.

Desenvolvemento

Multiplícanse as compañías profesionais, e aparecen outras de teatro alternativo ou experimental; e ponse en funcionamento a Rede Galega de Teatros e Auditorios.

O teatro crítico, comprometido coa realidade non vai ser tan directo e combativo como no final do franquismo senón que botará man do humor e a sátira para reflectir diferentes aspectos da nova realidade.

Figuras Destacadas:

  • Manuel Guede Oliva: Tradutor e adaptador de autores clásicos, foi director do Centro Dramático Galego durante tres lustros.
  • Joan Guisen Seixas: Características de toda a súa produción son a ironía e a personificación de elementos da escenografía.
  • Xesús Pisón: Cunha obra moi extensa caracterizada pola axilidade da lingua e o logrado ritmo escénico.
  • Quico Cadaval: Actor, contacontos, director e autor teatral.
  • Cándido Pazó: Tamén actor, guionista, contacontos, director e autor teatral, é un dos máis orixinais, prolíficos e premiados da actualidade.

Historia da Normativización

A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar.

Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:

Etapas da Normativización:

  1. Galego Popularizante: Non existe realmente unha intención normativizadora, utilizan o galego oral no seu rexistro popular.
  2. Galego Enxebrizante: Os autores comezan a sentir a necesidade dunha norma escrita e inclinaranse por un modelo diferencialista, que marque distancias co castelán.
  3. Galego Protoestándar: Medra a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego. Caracterízase sobre todo pola simplificación ortográfica.
  4. Galego Estándar: O mellor coñecemento lingüístico axuda a atopar solucións apropiadas para as interferencias e desviacións que aparecían nas etapas anteriores. En 1982 a RAG e o ILG aprobaron as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego, levemente reformadas en 2003.

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

Durante o século XX avanza o proceso de recuperación cultural iniciado no XIX e o galego comeza a usarse en ámbitos dos que desaparecera ou nunca estivera presente ata chegar ao recoñecemento oficial na democracia, pero asemade descende preocupantemente o seu uso como medio de comunicación social.

A Xeración Nós e outras Iniciativas:

A Xeración Nós estende o uso do galego a todos os xéneros literarios e será a responsábel da revista Nós, escrita integramente en galego. No 1923 constitúese o Seminario de Estudos Galegos, formado por universitarios que investigan Galicia desde diferentes campos: histórico, social, político. Outras iniciativas dignas de ser citadas son as editoriais Lar, Nós ou a publicación de diferentes estudos lingüísticos.

Declive do Uso Social:

Fronte a esta emerxente situación cultural, o seu uso como vehículo de comunicación segue o camiño oposto: aínda que continúa a ser moi maioritaria no país acelérase o proceso de substitución polo castelán, que avanza como lingua de relación habitual, mentres o número de falantes monolingües en galego vai descendendo. Como causas deste proceso podemos citar o aumento da urbanización, a aparición da radio e o maior índice de alfabetización, realizada exclusivamente en castelán.

O Galego Enxebrista:

Finalmente, no que se refire á lingua utilizada na escrita, non existe aínda un modelo único, continúan os intentos de crear unha norma. Hoxe coñecemos este período como galego enxebrista ou diferencialista, porque a intención dos escritores é marcar a diferenza co castelán, deixar patente que son dúas linguas independentes, para o cal elixen o portugués como modelo, e se esforzan por limpar a lingua de castelanismos, utilizando arcaísmos, lusismos, hipergaleguismos ou pseudoevolucións.

Descargar

PDF Word HTML