O galego de 1936 a 1975 e a súa evolución no século XXI
O galego de 1936 a 1975: características lingüísticas fundamentais
A partir do ano 1939, finalizada a guerra civil, iníciase en Galicia, unha vez máis un período de interrupción nas actividades culturais e lingüísticas propias. A nova orde imposta caracterízase pola represión de todo aquilo que supoña un feito diferencial tanto a nivel político, como cultural ou lingüístico. Galicia sumérxese nun silencio profundo e o galego convértese nuna lingua clandestina e pouco a pouco vai ir perdendo prestixio social e, por suposto, ámbitos de uso que non sexan os exclusivamente familiares.
Entre 1946 e 1950, anos da máis dura e pechada etapa do franquismo, apenas se publican libros en galego. Sen editoriais, mortos, silenciados ou exiliados os galeguistas a Galicia territorial cede a súa palabra á Galicia Americana.
No ano 1950, un grupo de galeguistas entre os que se encontraban amón Piñeiro, Otero Pedrayo, Fernández del Riego, Ferro Couselo e outros, nace a editorial Galaxia, que axiña se converterá nun dos principais instrumentos de recuperación cultural galega.
Galicia vai recuperando pouco a pouco a súa voz e xorden arredor dos anos sesenta diferentes institucións e asociacións culturais. A contestación política ao réxime franquista reactivase coa fundación da UPG en 1964 e o Partido Socialista Galego en 1965 que representan un novo galeguismo que reclama o dereito á autodeterminación.
En 1963, co gao do centenario da publicación de Cantares gallegos de Rosalía de Castro a Real Academia Galega institúe a efeméride das Letras Galegas cada 17 de Maio. No ano 1965 a lingua e literatura galegas entran nos plans de estudo da Universidade de Santiago, sendo o primeiro catedrático Ricardo Carballo Calero, que publica en 1966 o importante estudo lingüístico Gramática elemental del gallego común. De significación semellante é o Diccionario galego castelán, créase o Instituto da Lingua Galega, organismo universitario que irá participando activamente na definición da norma culta do galego moderno.
O galego a finais do século XX e comezos do XXI: características lingüísticas fundamentais
Logo de morrer Franco no ano 1975, e instaurada, despois da transición política, unha democracia parlamentaria (Constitución de 1978), Galicia dótase dun Estatuto de Autonomía no ano 1981 e de institucións propias como a Xunta de Galicia e o Parlamento. A situación do idioma vai estar, a partir de aí, definida polo marco xurídico-legal que emana da Constitución, do Estatuto e das leis do Parlamento de Galicia.
O galego incorporase ás máis variadas funcións: xornais e revistas, ao ensino, á radio e televisión, ao livro didáctico, é empregado na Universidade, na Administración, na Igrexa, na publicidade...
En 1982, fruto deste acordo entre a Real Academia Galega e mais o Instituto da Lingua Galega, publícanse as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego que definem o estándar da língua contemporânea e que a Xunta de Galicia adoptou como oficiais, o certo é que desde a revisión das normas no 2003, este rexeitamento é mínimo.
No ano 1983 promúlgase a Lei da Normalización Lingüística, que vai supor entre outras cousas a incorporación da Lingua Galega ao sistema educativo oficial. No ano 2004 apróbase por unanimidade no Parlamento galego o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega, documento que desenha actuacións de promoción e defensa do idioma para o converter en lingua de uso normal en Galicia.
Malia estes cambios, a situação social da lingua galega nestes últimos anos non sufriu grandes cambios. O galego segue a perder falantes iniciais e habituais, e tampouco consegue desterrar vellos e novos estereotipos lingüísticos negativos que fan que o seu uso habitual, sobre todo nos máis novos, diminúa día a día. O galego abála-se hoxe entre o positivo dos avances que se acadaron e a preocupante persistencia de sintomas moi negativos para o futuro da lingua. De non cambiar as tendencias, o galego pode chegar a desaparecer, ainda que a nosa língua xa superou ao longo da súa história outras situações desfavoráveis máis complexas.