A Cantiga de Amigo: Definición, Orixes e Características

Lingua e literatura2,5 KB

A cantiga de amigo: definición

As cantigas de amigo son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas de amor que esta dirixe ao seu "amigo" ou amante. Tanto na cantiga de amor como na de amigo, o elemento fundamental é o amor, pero os dous xéneros distínguense porque naquela o poeta fala en primeira persoa, mentres que nesta finxe que é a muller a que expresa os seus sentimentos.

Orixes e clasificación

A cantiga de amigo é un xénero autóctono, é dicir, procede dunha primitiva poesía oral que debeu existir no noroeste peninsular. Os seus tipos principais son:

  • Bailadas: son cantigas nas que se expresa a ledicia de amar e vivir. Adoita producirse nelas unha invitación ao baile e levan sempre refrán.
  • Mariñas ou barcarolas: desenvólvense sempre nunha paisaxe mariñeira.
  • Cantigas de romaría: relaciónanse coas romaxes e coas peregrinacións a ermidas, igrexas e santuarios onde a amiga se xuntaba co amigo.

Caracterización

A palabra amigo aparece sempre nos primeiros versos das cantigas deste tipo, trazo que as identifica. As máis antigas teñen un carácter plenamente autóctono, son monologadas e desenvólvense nun medio rural e doméstico pouco detallado.

Estrutura formal

Desde o punto de vista formal, a cantiga de amigo adoita estar estruturada en cobras de 2, 3 ou 4 versos con refrán, aínda que tamén pode ser de mestría. Os seus trazos característicos son:

  • Paralelismo: procedemento repetitivo polo que as palabras ou ideas dunha cobra volven aparecer na seguinte con mínimas modificacións.
  • Leixaprén: repetición dos segundos versos dun par de cobras como primeiros do par seguinte.
  • Refrán: verso ou versos que se repiten ao final de cada cobra.

Personaxes e narrativa

A protagonista das cantigas de amigo é sempre unha doncela. Desde o punto de vista narrativo, adoita indicarse xa nos primeiros versos cal é a situación na que esta se encontra.

Os personaxes

  • A amiga: é o suxeito lírico da cantiga. Preséntase facendo unha louvanza das súas calidades físicas e analízanse os distintos estados anímicos polos que pasa a namorada.
  • O amigo: case sempre está ausente e, por tanto, nunca responde. O diálogo entre os dous namorados xamais se produce.

Descargar

PDF Word HTML