Variación interna da lingua: social e situacional

Lingua e literatura2,57 KB

A capacidade lingüística natural do ser humano maniféstase nas linguas, pero tamén dentro dunha lingua atopamos diversidade. Os diferentes xeitos de falar unha mesma lingua chámanse "variedades lingüísticas". Esta variedade pode responder a diversos factores:

  • Temporal ou diacrónica: consecuencia do paso do tempo. Permite distinguir o galego actual do medieval.
  • Xeográfica ou diatópica: dá lugar ás variedades dialectais.
  • Social ou diastrática: depende do estrato social dos falantes, idade, sexo... A variedade lingüística dun mesmo grupo é un nivel de lingua ou sociolecto.
  • Situacional ou diafásica: permite diferenciar rexistros polas características contextuais de cada acto comunicativo. A variación dáse no individuo.

A variedade estándar ou normativa é a variedade de máis prestixio, empregada na escrita e en textos formais. Só hai unha, normalizada no século XIX (Rexurdimento).

Variación social ou diastrática

Identifica niveis lingüísticos desde o ALTO (falantes con estudos) ao BAIXO (persoas con menor formación académica). O nivel alto ten cultismos e corrección gramatical, mentres que o baixo ten vulgarismos. Tamén existe o nivel MEDIO. Ao normalizar unha lingua, acentúanse as diferenzas entre niveis. As xergas de grupos sociais entran neste grupo. Usan as estruturas da lingua, pero cun léxico específico con intención críptica. Cando unha palabra pasa ao léxico común, substitúese. Tamén pode presentar variacións xeográficas.

Variación situacional ou diafásica

Está condicionada polo contexto lingüístico: canle, interlocutores, tipo de mensaxe, tema, situación comunicativa... Isto ocasiona diferentes rexistros lingüísticos, variando entre o formal e o coloquial. O extremo formal é a variedade estándar, falada por persoas cunha instrución idiomática alta, pero que poden falar todos os outros rexistros. Os nativos teñen un repertorio lingüístico con diversos rexistros, independentemente dos estudos. Nos rexistros formais atopamos tecnolectos, linguaxes especiais con termos moi específicos e precisos. Inclúense aquí porque se usan en función do tema, pero tamén se asocian a grupos. A terminoloxía estúdaos.

Descargar

PDF Word HTML