Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Historia

A Segunda Revolución Industrial e o Movemento Obreiro

Historia6,97 KB

A Segunda Revolución Industrial

Entre 1870 e 1914, produciuse a Segunda Revolución Industrial (coñecida como gran capitalismo), caracterizada polo pulo que experimentou o proceso de industrialización debido, principalmente, á unión do sector industrial e do financeiro.

Durante esta segunda etapa do proceso industrial, o aumento da produción viuse favorecido polo desenvolvemento de novas fontes de financiamento, a concentración empresarial, os avances técnicos, as novas fontes de enerxía e as novas ramas industriais.

A consolidación do gran capitalismo afectou a todos os aspectos da vida. As súas repercusións máis destacadas foron o desenvolvemento do consumismo, as crises económicas, a nova organización do traballo e o incremento...

Seguir lendo "A Segunda Revolución Industrial e o Movemento Obreiro" »

A Revolución Industrial: Causas, Cambios e Ideoloxías

Historia5,22 KB

Por que Inglaterra foi pioneira na industrialización?

Foi a primeira en industrializarse por unha serie de factores, como o feito de que o poder da monarquía estaba limitado polo parlamento e influenciado pola burguesía. Ademais, o crecemento da poboación implicou un aumento da demanda de produtos e a dispoñibilidade de man de obra nas fábricas. Tamén hai que ter en conta a abundancia de recursos e materias primas, sumada á gran facilidade de transporte do comercio colonial.

Define “Enclosure Acts”

Serie de leis de cercado do século XVIII promulgadas polo parlamento inglés.

Regularon o proceso no que moitas das terras comunais de Inglaterra pasaron a ser de propiedade privada. Isto incentivou a mellora das técnicas de cultivo e o...

Seguir lendo "A Revolución Industrial: Causas, Cambios e Ideoloxías" »

Termos Históricos de España: Pronunciamento, Estatuto Real e Movementos Sociais

Historia3,1 KB

Terminoloxía Histórica Clave

Pronunciamento

Levantamento militar, xunto cunha parte da sociedade que se pronuncia para modificar o sistema político. Os máis coñecidos son entre absolutistas e liberais no reinado de Fernando VII, e os progresistas contra conservadores con Isabel II.

Estatuto Real

Decreto de 1835 no que María Cristina de Borbón convoca as Cortes de España. Considérase unha carta outorgada porque a Coroa rehusaba do poder absoluto en pro dunha ampla participación política (oligárquica). Aínda así, posuía a soberanía e non había división de poderes.

Unión Liberal

Partido político do xeneral O'Donnell xunto con esquerda moderada, militares e dereita progresista. Eran partidarios do goberno constitucional de Isabel...

Seguir lendo "Termos Históricos de España: Pronunciamento, Estatuto Real e Movementos Sociais" »

A Independencia dos Estados Unidos: Orixe e Revolución

Historia2,45 KB

A independencia e a revolución en EE. UU.

A primeira revolución liberal desenvolveuse nas colonias inglesas de América do Norte. En 1776, as 13 colonias proclamaron a súa independencia con respecto a Inglaterra e, mentres facían fronte á guerra contra os ingleses, construíron un novo modelo político baseado nos principios liberais.

As causas da rebelión

Dende principios do século XVII, a franxa costeira de América do Norte foi ocupada por colonos ingleses. Co obxectivo de afianzar o seu poder na zona, a Coroa inglesa permitiulles un certo grao de autogoberno, limitado polas leis que lles obrigaban a comerciar obrigatoriamente coa metrópole.

A partir de 1763, tras a vitoria de Inglaterra sobre Francia e España, o Parlamento inglés...

Seguir lendo "A Independencia dos Estados Unidos: Orixe e Revolución" »

O Antigo Réxime e a Ilustración: Historia do Século XVIII

Historia9,54 KB

O Antigo Réxime

O Antigo Réxime caracterizábase polo predominio do mundo rural. Grandes cidades como París, Nápoles, Milán ou Venecia superaban os cen mil habitantes. Tamén existían terras comunais (baldíos, pastos, montes) que eran aproveitadas por todos. Por mor das malas colleitas, introducíronse o millo no século XVII e a pataca no XVIII.

A produción artesanal realizábase en pequenos talleres urbanos onde se facían produtos a man con escasas ferramentas. O sector téxtil tivo grande importancia e, nalgunhas zonas de Europa, había grandes talleres que exportaban teas de luxo. En Galicia, esta produción facíase nas casas dos campesiños, que logo vendían aos comerciantes.

No século XVIII produciuse un incremento do comercio...

Seguir lendo "O Antigo Réxime e a Ilustración: Historia do Século XVIII" »

Galicia nos Austrias: agricultura, pesca e fidalguía

Historia3,28 KB

Economía e sociedade na Galicia dos Austrias

A agricultura e as súas transformacións

O Reino de Galicia, como a maior parte de Europa, continuou sendo unha economía agraria e rural durante os séculos XVI e XVII. A agricultura do século XVI rexistrou un aumento da produción a nivel cuantitativo pero dentro das pautas tradicionais tanto nos tipos de cultivos como nas técnicas. Foi grazas á introdución de novos cultivos —como o millo e a pataca— durante o século XVII que a produción agrícola aumentou, facilitando o incremento demográfico dos séculos XVII e XVIII.

Paralelamente, durante estes séculos o foro consolidouse como o tipo de contrato principal. Trátase dun acordo de longa duración (por exemplo, pola vida de tres reis)...

Seguir lendo "Galicia nos Austrias: agricultura, pesca e fidalguía" »

Glosario de Termos Históricos de España e Galicia

Historia9,67 KB

Aula Regia

Asemblea política de carácter laico cuxa creación se atribúe a Leovixildo, na monarquía visigoda hispana. Está formada por un consello de notables que colaboran cos xefes militares e co rei. Ten un carácter consultivo, polo que o rei non está na obriga de aceptar as súas decisións. Colabora na redacción de leis e na impartición de xustiza. Dátanse entre os séculos VI e VIII d.C.

Bárbaros

Termo pejorativo que fai referencia aos pobos que non falan nin grego nin latín. Denomínase así aos pobos de Asia e Europa que, a partir de principios do século V d.C., ocupan partes do territorio do Imperio Romano. Na Península Ibérica destaca a entrada a partir do 409 d.C. de vándalos, alanos, suevos e visigodos.

Castro

Poboado...

Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos de España e Galicia" »

Liberalismo.Un novo sistema politico

Historia2,75 KB

As prácticas ditatoriais do xeneral Narváez e de González Bravo nos últimos gobernos moderados, estenderon a impopularidade do réxime, entregado ao servizo dunha oligarquía sen escrúpulos, e da raíña Isabel II, firme apoio do moderantismo. Así, no ano 1868, a revolución coñecida como Gloriosa ou Setembrina, protagonizada por todas as forzas opositoras a Isabel II, expulsou os Borbóns do trono de España e abriu a posibilidade de configurar un novo sistema político baseado nos principios do liberalismo democrático e nos intereses das clases medias.


O contexto no que se produce a revolución é de profundo malestar social provocado polas malas colleitas, as dificultades económicas na industria e nas finanzas e o descontento da...

Seguir lendo "Liberalismo.Un novo sistema politico" »

Conceptos Clave da Historia de España e Galicia

Historia6,5 KB

Glosario de Termos Históricos

Economía predadora

Economía predadora caracterizada por consumir os recursos da natureza sen xerar produción e que está baseada na caza de animais, a pesca e a recolección de froitos silvestres. É característica do Paleolítico. Oponse á economía produtiva.

Megalitismo

Megalitismo: cultura xurdida no Calcolítico en numerosas áreas peninsulares e europeas e caracterizada polas construcións con finalidades funerarias, feitas a base de grandes pedras que dan nome á cultura megalítica. A súa tipoloxía é variada: dólmenes, menhires, taulas...

Castro

Castro: poboado característico dos pobos prerromanos no noroeste peninsular. Estaban situados en lugares defensivos e rodeados de fortificacións de pedra...

Seguir lendo "Conceptos Clave da Historia de España e Galicia" »

A Reforma Agraria da II República Española: Obxectivos e Consecuencias

Historia4,04 KB

A Reforma Agraria da II República

Un dos elementos centrais do proceso reformista impulsado polos gobernos republicanos foi a reforma agraria. O seu obxectivo era facer fronte á desigual distribución da propiedade da terra, para mellorar a situación do campesiñado e incrementar a produtividade agrícola.

A existencia de masas de campesiños sen terras, xornaleiros das rexións latifundistas do sur, e de pequenos propietarios e arrendatarios ao límite da subsistencia nas rexións setentrionais, constituía un problema endémico en España. Por iso a reforma agraria converteuse nunha das principais reivindicacións do campesiñado.

Medidas Precursoras (Goberno Provisional)

Antes da súa aprobación en 1932, o goberno provisional de Niceto Alcalá-...

Seguir lendo "A Reforma Agraria da II República Española: Obxectivos e Consecuencias" »