O Antigo Réxime
O Antigo Réxime caracterizábase polo predominio do mundo rural. Grandes cidades como París, Nápoles, Milán ou Venecia superaban os cen mil habitantes. Tamén existían terras comunais (baldíos, pastos, montes) que eran aproveitadas por todos. Por mor das malas colleitas, introducíronse o millo no século XVII e a pataca no XVIII.
A produción artesanal realizábase en pequenos talleres urbanos onde se facían produtos a man con escasas ferramentas. O sector téxtil tivo grande importancia e, nalgunhas zonas de Europa, había grandes talleres que exportaban teas de luxo. En Galicia, esta produción facíase nas casas dos campesiños, que logo vendían aos comerciantes.
No século XVIII produciuse un incremento do comercio local e a longa distancia, favorecendo o desenvolvemento financeiro e o mercantilismo, que defendía a produción propia e a exportación, limitando a entrada de produtos estranxeiros.
Sociedade estamental
A sociedade dividíase en tres estamentos: a nobreza, o clero e o pobo. Destacaba o crecente protagonismo da burguesía e a permanencia do réxime demográfico antigo, baseado na familia extensa e en elevadas taxas de natalidade e mortalidade (35-40%). Era unha sociedade profundamente relixiosa e analfabeta, vixiada en zonas católicas polo Tribunal da Inquisición.
Monarquía absoluta e réxime señorial
O sistema de goberno era a monarquía hereditaria baseada no poder absoluto. Mantíñase o réxime señorial, onde todas as terras e persoas estaban integradas en señoríos.
A Ilustración
Movemento ideolóxico e cultural do século XVIII baseado na confianza na razón para resolver problemas e alcanzar a felicidade. Coñécese como o Século das Luces.
- Ilustrados moderados: Aceptan a estrutura social pero critican os abusos (ex. Feixoo).
- Ilustrados radicais: Propoñen modelos alternativos, división de poderes e soberanía popular.
Medios de difusión
- A Enciclopedia: Obra colectiva de 17 volumes de texto e 11 de ilustracións (Diderot, D'Alembert, Voltaire, etc.).
- Os salóns: Lugares de reunión para discutir novas ideas.
- Sociedades e academias: Fomento da ciencia e a investigación.
O Despotismo Ilustrado
. sistema político que combinaba o absolutismo con algunhas das ideas reformistas. XVIII MONARCAS ILUSTRADOS . DESPOTAS ILUSTRADOS .Exerceron un poder absoluto e considerábanse representantes da vontade divina, pero entenderon o poder como un medio ao ser vizo da grandeza da monarquía e do benestar da poboación. Os máis destacados foron: Federico II de Prusia, Xosé I de Portugal, Carlos III de España, Catarina II de Rusia e Xosé II de Austria. REFORMAS do dedpotismo ilustrado. O seu principal obxectivo era racionalizar a administración e potenciar as actividades económicas, pero sen modificar as bases políticas e socioeconómicas do sistema vixente. Afectsron a:Administración e xustiza: reforzaron o centralismo, racionalizaron e simplificaron as institucións, potenciaron a formación de funcionariosEducación: ampliaron o acceso á educación das clases populares; potenciaron o estudo e a investigación Relixión: nos reinos católicos buscaron controlar a Igrexa e expulsaron os xesuítas pola súa especial vinculación co Papa.Organización social e desenvolvemento económico: limitaron os abusos dos privilexiados; recoñeceron o valor do traballo dos artesáns, potenciaron a intervención da Coroa nos asuntos económicos, crearon e financiaron numerosas manufacturas, potenciaron a liberdade de comercio; melloraron as comunicacións (canais, camiños); crearon o sistema bancario; colonizaron novas terras desertas ou pantanosas;; fomentaron as obras públicas...
EQUILIBRIO EROPEO Entre 1713 e 1721 diferentes tratados (Utrecht, Rastadt, Passarowitz, Estocolmo, Nystadt) puxeron fin conflitos internacionais nos que participaran numerosos reinos europeos.Suecia e o Imperio otomán de impoñer a súa hexemonía en Europa, establecendo un novo sistema baseado no equilibrio de poder entre cinco grandes potencias: Inglaterra, Francia, Austria, Prusia e Rusia.Este equilibrio permitiu a redución do número de guerras, aínda que xurdiron conflitos entre as potencias orixinados por problemas suceso rios e por rivalidades coloniais ou territoriais (guerras de sucesión en Polonia, 1733-35, e Austria, 1740-48; Guerra dos Sete Anos, 1756-63; guerra de independencia de Estados Unidos, 1775-83). A mais perxudicada foi polonia porque foi repartida entre os veciños.e a menos foi inglaterra porwue consegiu dominar territorio. PRIMEIROS MONARCAS Filipe V foi o primeiro rei da nova dinastía. Chegou ao trono da Coroa española debido á falta de descendencia de Carlos II de Habsburgo, que o deixou como herdeiro. En 1724 cedeu a coroa ao seu fillo Luís I, pero a súa morte prematura (só reinou 7 meses) fixo que de novo recuperase o trono, reinando ata a súa morte en 1746.A guerra internacional rematou cos tratados de Utrecht (1713) e Rastadt (1714) polos que Filipe V era recoñecido como rei de España, foron perdidas Flandres, Milán, Nápoles, Sardeña (cedidos a Austria), Sicilia (a Savoia), Menorca e Xibraltar (a Inglaterra). ▸O centralismo REFORMISTA Abolición dos privilexios forais dos reinos da Coroa de Aragón.O conxunto destas medidas coñécense como decretos de Nova Planta. Imposición da Lei sálica (1713), unha lei que modificou a tradición hispana que permitía reinar e transmitir a Coroa real ás mulleres, Reorganización e centralización administrativa. Reduciu o número de Consellos consultivos e diminuíu o papel das CortesIntentos de recuperar os territorios perdidos en Italia. O irman de felipe V ,Carlos seu goberno caracterizouse por:Busca da paz e da neutralidade na política exterior, Reorganización da facenda real, Mellora e incremento da Armada real •Control sobre a Igrexa católica en España,Para gobernar, Carlos III apoiouse en persoas de formación ilustrada, Tamén contou co apoio das diversas sociedades ilustradas, como as Sociedades Económicas de Amigos do País, Pero a súa política reformista tropezou con diversas dificultades. prohibir o uso sombreiros de aba ancha e a capa longa; esta medida provocou o motín contra Esquilache en 1766, Carlos III decretou en 1767 a expulsión dos xesuítas, A Inquisición mantívose vixiante sobre as novas ideas e os escritos ilustrados, perseguindo os máis radicais.Os gobernos ilustrados de Carlos III impulsaron diversas reformas entre as que destacan:Intento de mellorar a agricultura, fomentando o cultivo de novas terrasFomento das actividades artesanais, buscando incentivar e aumentar a súa produción.Recoñecemento da honorabilidade dos traballos artesanais. •Apoio ao comercio, favorecendo a liberdade de circulación de produtos, a mellora da rede viaria e a creación de compañías comerciais. Fomento da educación, sobre todo de tipo práctico, coa creación de escolas populares para a aprendizaxe dun oficio.Impulso á renovación urbanística, especialmente en Madrid, co trazado de novas rúas urbanas e a construción de novos edificios públicos.Guerra dos Sete Anos (1756-63), na que foi derrotado e tivo que entregar Florida a Inglaterra. A segunda foi a guerra da independencia norteamericana (1775-83), na que España axudou os insurrectos fronte a Inglaterra.Entre as principais realizacións dos Borbóns en Galicia destacan: A creación da Intendencia do Reino de Galicia, O reforzamento das defensas costeiras • A construción do estaleiro e arsenal de Ferrol, O establecemento, con Carlos III, do servizo de correos marítimos con América . Ao ano seguinte, o porto coruñés foi autorizado para comerciar directamente con América. As costas de Galicia continuaron sendo escenario dos ataques ingleses, resultando especialmente graves:Ataque anglo-holandés a Vigo en 1702,• A invasión inglesa de 1719.• Os ataques e bloqueos a Ferrol f• Os fidalgos foron o grupo dominante que controlaba o poder municipal e xudicial. • Os comerciantes incrementaron a súa forza e número grazas aos beneficios do comercio con América e á chegada de xentes de fóra que puxeron en marcha diversas iniciativas empresariais.AMERICA COLONIAL Entre as innovacións que se produciron cómpre sinalar: Creación de novas institucións de goberno• A ampliación territorial. • O mantemento das comunidades indíxenas, • As frecuentes guerras contra Inglaterra e Portugal..Actividades económicas e explotación do territorio. •Na agricultura difundíronse cultivos destinados ao autoconsumo Na minería continuou a gran produción de prata procedente das minas de Potosí (Perú) e Zacatecas (México). • O comercio co exterior mantivo o sistema de monopolio proteccionista▪ Os intercambios baseábanse no envío de produtos alimenticios e primarios O desenvolvemento económico repercutiu no crecemento e embelecemento artístico das cidades americanas, e tamén favoreceu a formación de grupos burgueses crioulos.Charles de Secondat, Barón de Montesquieu. Defendeu a idea de que o poder non debía recaer nunha mesma persoa ou institución, senón que debía estar repartido e ser limitado.• Jean Jacques Rousseau. Considerou que a orixe do poder político reside nun contrato ou pacto social realizado entre todos os indivi duos dunha comunidade. Adam Smith. Defendeu que a liberdade e o interese individual son os principios sobre os que se deben asentar as actividades económicas.